Un Xefe de Brigada improvisado en Lugo, exemplo dun sistema de loita contra o lume "ineficaz e precario"
O anterior Goberno municipal lucense acordara non constituír a brigada municipal, atendendo aos problemas que o propio modelo presenta. O Executivo de Candia apostou por facelo pero o empeño dos populares chocou coa realidade e a dificultade para atopar un Xefe de Brigada e finalmente decidiu a adscrición temporal para o posto dun xefe de servizo funcionario. Porén, a brigada segue sen constituírse a finais de agosto.