Ampla maioría absoluta das dereitas en Estremadura
A suma de PP e Vox pasa de 33 a 40 escanos grazas ao forte devalo do PSOE combinado co avance da extrema dereita. O PSOE perde 10 escanos e 14 puntos dous anos despois de ser primeira forza no que noutrora foi un dos seus feudos históricos. A coalición de Podemos e IU pasa de 3 a 7 escanos e avanza catro puntos