Veto definitivo do PP á investigación política da vaga de incendios
A comisión solicitada polo BNG recibe o apoio de PSdeG e DO, pero decae polo "non" da maioría absoluta dos populares, que descualifican a petición como "linchamento" ou "xeito noxento de entender a política". "Vemos que ao PP lle importa un bledo que arda este país", lamenta Ana Pontón, que reprocha a "frivolidade" do partido que sustenta ao Goberno tras unha "catástrofe" que non foi produto "da mala sorte", senón de "décadas de abandono do rural e dunha política forestal fracasada"