Diego Giráldez

Diego Giráldez

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda su vida profesional vinculado ao xornalismo, coordinando distintas cabeceiras ou colaborando a través de columnas de opinión e reportaxes con distintos medios. Ten publicados varios traballos relacionados coa historia e a arte, así como os libros de narrativa Galería de saldos (Xerais), Hotel para coleccionistas discretos (Galaxia) e O meu sangue (Galaxia). En 2010, gañaba o Premio Literario “José Saramago” de relato curto. En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e un ano despois gañaba o prestixioso premio literario “Manuel Murguía”. En 2016 foi elixido “Autor galego do ano” polo lectorado da revista Fervenzas Literarias.