Os nosos queridos imbéciles

Armstrong e Aldrin chantando a bandeira dos EUA na Lúa © NASA

Durante a comida, o amigo posuído aseguraba que aquilo de Armstrong e Aldrin pisando a lúa en 1969 foi unha gran mentira. Que aquela aluaxe e o astronauta coa bandeira e Jesús Hermida e “o puto paso para a humanidade” foi unha escena rodada nun estudio de cine e “impecablemente dirixida por Kubrick”

Durante a comida, o amigo posuído aseguraba que aquilo de Armstrong e Aldrin pisando a lúa en 1969 foi unha gran mentira. Que aquela aluaxe e o astronauta coa bandeira e Jesús Hermida e “o puto paso para a humanidade” foi unha escena rodada nun estudio de cine e “impecablemente dirixida por Kubrick”. Dixo isto último con tanta convicción que todos erguemos as copas para brindar polo espazo exterior. Pero xusto cando pensabamos que con acabar aí arriba xa abondaba, continuou así, excitadísimo: “Os que foron agora na nave Orion, por que non baixaron á lúa como fixeron os de antes? Tiñan os outros máis medios que os de agora? E nas fotos que sacaron estes días, víchedes por casualidade a bandeira de EEUU que supostamente cravou na lúa o mítico aquel, hai 60 anos? A que non a víchedes? Pois, tíos…” 

Ter un amigo imbécil, que ao mesmo tempo sabe quen é Kubrick, non é doado. Provoca na pandilla o mesmo curtocircuíto que un flexo de estudio no cerebro de Marcos Llorente. Pero querémolo moito. Migui é conspiranoico pero sempre está cando o precisas. Porque non todos os que se revolven nas teorías conspirativas visten túnicas e viven recluídos nun grupo de culto, en California. Migui viste normal. Todo de segunda man -“porque as telas recén estreadas poden insensibilizar a pel e movidas así”- pero é de aquí.

Aldrin, ao carón da bandeira estadounidense na Lúa Dominio Público NASA

Ter un amigo imbécil, que ao mesmo tempo sabe quen é Kubrick, non é doado. Querémolo tanto que ningún de nós deixou de falarlle cando votou a VOX nas municipais

Querémolo tanto que ningún de nós deixou de falarlle cando votou a VOX nas municipais. Que “hai que ser subnormal para votar a VOX nunhas municipais, Migui”. “Ti podes votar a VOX nunhas xerais, tío, a Abascal y a su puta madre, pero aquí… ao fillo de Rosa da floraría, en serio?” Pero a el gústalle saberse dentro do círculo da estupidez, ese antollo que, parafraseando a Camus, resulta tan insistente.

Hoxe, os amigos que son imbéciles son moitísimos. Levabas dende o instituto pensando que eran seres da natureza e un día asoman por calquera sumidoiro para se converter en figuras de cera articuladas. Estraños que toman o sol sen protección mentres citan a El Xocas; que se rebelan contra un control global escuro desconectando o extractor da cociña; que non pasan do Padornelo por medo a caer polo barranco do terraplanismo e que, dependendo do que marque Iker Jiménez, unha semana escoitan Don Diablo e outra Me va, Me va. 

Hoxe, os amigos que son imbéciles son moitísimos. Levabas dende o instituto pensando que eran seres da natureza e un día asoman por calquera sumidoiro para se converter en figuras de cera articuladas. Estraños que toman o sol sen protección mentres citan a El Xocas; que se rebelan contra un control global escuro desconectando o extractor da cociña

Sabemos que é unha moda barata. Estamos seguros de que Migui volverá a tumbarse un día no céspede para ver unha avioneta debuxando no ceo un boulevar de estelas de condensación inofensivas. Chemtrails de esperanza. Pero mentres, somos conscientes de que temos que abrazalo moito. Hai que abrazar con fondura aos amigos imbéciles para extraerlle todo ese veleno mortal. 

Volverán. 

Migui, que á fin é un tipo supraemocional, pechou a nosa sobremesa pasando a tarxeta polo TPV e comentando, resignado: “En fin, que ningún imbécil veña agora a tocarnos a lúa. Era xa o que nos faltaba para ser moito peores”. É que por segundos Migui volve a ser intelectualmente natural, como cando Marcos Llorente xoga ao fútbol de noite, nun estadio, baixo eses focos tan megatóxicos para a súa bioloxía pero non tanto para o seu contrato. Confianza. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.