Desgravación de doazóns

 

Praza.gal é un xornal editado pola Fundación Praza Pública. En virtude da lexislación vixente en materia de entidades sen fins lucrativos e mecenado, as achegas das socias e socios de Praza.gal son doazóns á Fundación Praza Pública.

En virtude do Real Decreto-lei 17/2020, a persoa física que as realiza ten dereito a deducir da cota íntegra do IRPF un 80% dos primeiros 150 euros doados -do total de doazóns que realice a estas entidades-, e do que exceda de 150 euros, o 35 %. A normativa vixente mantén o límite do 10 % da base liquidable  do contribuínte.

IRPFExercicio 2020 e  seguintes
Primeiros 150€ 80 %
Restantes +150 € 35 %
Doazóns plurianuais +150€ 40 %
Límite dedución base  liquidable 10 %

Doazóns de persoas xurídicas - Imposto de Sociedades

Dende 2016 as doazóns realizadas a entidades como a Fundación Praza Pública por parte de empresas manteñen a dedución do 35 % da cota e o límite o 10 % da base impoñible.