20 millóns ao lixo

A arte de enganar ao cidadán e un exercicio de prestidixitación no que o Partido Popular é experto. Seica a retórica que empregan, e que os medios de comunicación afíns encárganse de propagar como buguinas na néboa, terminan por convencer ás persoas, cumpríndose a máxima de que unha mentira mil veces repetida acaba por converterse nunha verdade.

Resulta que a súa rehabilitación e tremendamente custosa para un concello cunha débeda de nada menos que 80 millóns de euros. Isto casa con que a Xunta necesita unha macrooperación de maquillaxe que tape as eivas da Xustiza

Pero non todos somos tan inxenuos, e non é que teñamos unha especial intelixencia, senón que o noso traballo diario como funcionarios de xustiza, nos lexitima para dar unha opinión, aínda que esa opinión sexa tan ignorada como os laios dunha democracia que se dilúe ao ditado das políticas privatizadoras dos piares do estado de benestar: sanidade, educación, xustiza.

Sucede que o concello da Coruña tiña no seu inventario un edificio de alto valor histórica que se estaba a derruír. A Fábrica de Tabacos. Resulta que a súa rehabilitación e tremendamente custosa para un concello cunha débeda de nada menos que 80 millóns de euros. Isto casa con que a Xunta necesita unha macrooperación de maquillaxe que tape as eivas da Xustiza, na que concordan todos os operadores xurídicos: colapso, falta de medios materiais e persoais, desleixo por pouca rendibilidade electoral, ... Coincidindo na cidade e en San Caetano as mesmas siglas, faise o pacto con omertá: regalo á Xunta sen explicación nin consulta aos veciños da Coruña dun edificio de valor incalculable, proxecto inservible de edificio xudicial na que non se ten en conta ás organizacións sindicais nin aos traballadores que ocuparán as devanditas oficinas, e macrogasto para unha construtora que frotará as mans ante tan redondo negocio en plena crise do seu sector.

Vinte millóns ao lixo. É un edificio que polas súas características non se adapta á nova oficina xudicial, nin nas dependencias administrativas nin nas salas de vistas

Vinte millóns ao lixo. É un edificio que polas súas características non se adapta á nova oficina xudicial, nin nas dependencias administrativas nin nas salas de vistas, que vai acoller a audiencia e a fiscalía, obxectivos da febre reformadora de Gallardón e que non se sabe se perdurarán no tempo, non dispón de espazos para arquivos e outros. Non soluciona o problema da Xustiza na cidade da Coruña: continuarán habendo seis sedes xudiciais diferentes: Xulgados, Edificio da actual Audiencia, Imelga, Tribunal Superior, Rexistro Civil e Fábrica de tabacos. Un surrealismo difícil de superar e un atentado ao sentido común, a idea moderna das Cidades da Xustiza, edificios onde estean centralizados todos os servizos e fagan da xustiza un servizo próximo, eficaz e áxil, achegado ao cidadán.

Semella que unha xustiza confusa e difusa é máis propicia aos ventos da corrupción, do abuso empresarial e político. Non interesa tanto o que podan aportar no deseño da Xustiza os que mellor a coñecen: os traballadores

Parece que interesa máis a estratexia da dilapidación de recursos como pago de favores. Semella que unha xustiza confusa e difusa é máis propicia aos ventos da corrupción, do abuso empresarial e político. Non interesa tanto o que podan aportar no deseño da Xustiza os que mellor a coñecen: os traballadores; nin os que máis a necesitan: a xente do común, o cidadán aturdido con sedes diferentes, altas taxas, terminoloxía complexa e servizos deficientes. Tampouco importan tanto que os edificios xudiciais xa existente estean cheos de deficiencias que non se reparan, que a xustiza que non se ve, a das cantidades inxentes de papeis espallados polo chan, a que se transporta pola rúa Monforte en carriños de supermercado, a das pingueiras, a falta de subministros, o atraso en sinalar xuízos e ditar sentenzas etc, que esa xustiza real sexa arranxada para desatascar o embrollo xudicial permanente, o maremagnum destrutor que tan só coñece o cidadán impotente que debe enfrontarse a ela, e de onde sempre se sae máis “triste, pensativo e vello” do que se entra.

Habendo edificios públicos de abondo na cidade, recibía 60.000 euros ao mes polo uso de dúas plantas para Xulgados do contencioso e do Mercantil que agora abandonarán

Se hai algo do que alegrarse é o traballo que xerará durante un tempo esa obra faraónica. Se hai algo do que alegrarse é da tristura que terá o construtor do edificio Proa: habendo edificios públicos de abondo na cidade, recibía 60.000 euros ao mes polo uso de dúas plantas para Xulgados do contencioso e do Mercantil que agora abandonarán.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.