Hoxe, 27 de novembro, hai 26 anos que faleceu a poeta Gloria Fuertes
Hoxe, 27 de novembro, hai 26 anos que faleceu a poeta Gloria Fuertes. Este artigo é unha forma de renderlle homenaxe ao lembrala a ela e á súa obra. Popular polos seus contos para nenos e nenas e polas súas intervencións en programas infantís na TVE, a creación poética para un público máis maduro de Gloria Fuertes é, quizais, a menos coñecida. Porén, esta faceta da súa obra veu alcanzando maior visibilidade grazas ás edicións dos seus poemarios nas últimas décadas -a Colección Gloria Fuertes, editada por Torremozas- e tamén grazas á actividade da Fundación Gloria Fuertes. É, precisamente, na vertente poética para adultos na que nos centraremos aquí.
Popular polos seus contos para nenos e nenas e polas súas intervencións en programas infantís na TVE, a creación poética para un público máis maduro de Gloria Fuertes é, quizais, a menos coñecida
En concreto, os catro poemas de Poeta de guardia que se recollen baixo o título “Mi poética” (a edición consultada -e citada- é a de Torremozas, do ano 2013, con motivo do décimo quinto aniversario do falecemento da poeta, aínda que o poemario publicouse por primeira vez no ano 1968). En dita sección, Gloria Fuertes expón -poetiza sobre- a concepción que ela mesma ten do que significa ser poeta. Trátase dunha autopoética -en verso- composta polas composicións: “Poeta de guardia”, “Maletilla”, “Sale caro ser poeta” e “Aquí estoy expuesta como todos”. Na primeira delas enuncia distintas hipotéticas situacións que poderían distraela do seu “aburrimiento” e afastala do seu oficio de poeta. Conxunturas que, ao non producírense, abócana ao seu labor poético:
Y nadie suena, o quema, o hiela o llama
en esta noche,
en la que,
como en casi todas,
soy poeta de guardia.
No segundo poema, “Maletilla”, a poeta afirma escribir para o pobo e non
(...) a los catedráticos,
ni a los coches oficiales
ni a las revistas que pagan…
(...)
…y no me dieron ninguna oportunidad
por ser nieta de puta y basta.
Ademais, son significativos estes versos desa mesma composición nos que contabiliza só a súa produción poética para adultos:
Ya toreo por mi cuenta,
sin permiso salto vallas,
siete corridas ya tengo, toreadas,
-quiero decir siete libros
igual que siete cornadas-,
maletilla de las letras
por los atajos de España.
Efectivamente, a autora publicara até ese momento sete poemarios destinados a un público adulto. Trátase, por orde cronolóxica de publicación, de Isla ignorada (1950), Aconsejo beber hilo (1954), Antología y poemas del suburbio (1954), Todo asusta (1958), …Que estás en la tierra (1962), Ni tiro, ni venero, ni navaja (1965) e o propio poemario no que se inclúe o poema citado.
Ser poeta -que non poetisa- era para Gloria Fuertes un oficio sacrificado, pero co que ser útil para acompañar e defender ao pobo -claro exemplo diso son os seus numerosos poemas en contra das guerras e a favor da paz-
En “Sale caro ser poeta”, Gloria Fuertes expón a súa concepción desasosegada do oficio poético. A poeta, ademais de traballar como o resto de persoas que non teñen a súa mesma ocupación, non é capaz de conciliar o sono pensando e atormentándose porque é un ser inquieto e con preocupacións de todo tipo que non lle permiten descansar:
La duda me acribilla todo espanta;
comienzo a ser comida por las sombras
las horas se me pasan sin bostezo
el dormir se me asusta se me huye
-escribiendo me da la madrugada-.
Tamén neste poema, como tantos outros poetas fixeron ao longo da historia, Gloria Fuertes opón a figura da poeta ao resto do mundo:
Y luego los amigos me organizan recitales,
a los que acudo y leo como tonta,
y la gente no sabe de esto nada.
Na última poesía, “Aquí estoy expuesta como todos”, Gloria Fuertes equipara a figura da poeta coa santidade:
Esto de escribir esto es horroroso,
-un día moriré de amar a alguien-,
lo llaman ser poeta y es ser santo,
nadie nos canoniza pero andamos,
con raras aureolas por las sienes,
por las noches a veces relucimos,
con invisibles seres conversamos,
apariciones múltiples tenemos
y dormimos sentados en la sala.
Hoxe, 26 anos despois do seu falecemento, todos estes versos do seu poemario máis emblemático, Poeta de guardia, están máis vivos que nunca e, quizais, a mellor forma que poidamos ter de homenaxear á poeta e a súa poesía sexa (re)léndoa
En conclusión, ser poeta -que non poetisa- era para Gloria Fuertes un oficio sacrificado, pero co que ser útil para acompañar e defender ao pobo -claro exemplo diso son os seus numerosos poemas en contra das guerras e a favor da paz-. Hoxe, 26 anos despois do seu falecemento, todos estes versos do seu poemario máis emblemático, Poeta de guardia, están máis vivos que nunca e, quizais, a mellor forma que poidamos ter de homenaxear á poeta e a súa poesía sexa (re)léndoa. Fecha este escrito o epitafio da súa lápida, localizada no cemiterio de La Paz de Alcobendas:
Gloria Fuertes
Poeta de Guardia
1917-1998
Ya creo que lo he dicho todo
Y que ya todo lo amé.
G.F.