4 anos de okupación na GZ

Case un ano despois da okupación do CSO Palavea, cómpre botar un ollada á recente historia do Movemento de Okupación galego. Pese a que no 2012 fan 21 anos da okupación da primeira Casa Encantada en Compostela e mais de dez anos desde o desaloxo da Okupa da Ría, cuxa permanencia durante 9 anos debeuse á connivencia do Concello de Oleiros, non sería até 4 anos atrás cando unha vintena de activistas de ámbitos dispares deron lugar ao inicio de un dos movementos con máis pegada da actualidade social. 

A okupación da Casa das Atochas sorprendeu polo innovador, tanto da súa posta en escea coma da estratexia en si

A okupación da Casa das Atochas sorprendeu polo innovador, tanto da súa posta en escea coma da estratexia en si. As dúas semanas de actividades que produciu A_Cultura_Preo(k)upa salientan por ser unha das tempadas de maior brilantez dos movementos coruñeses, que empaparon en poucos meses ambientes ben afastados de esta cidade, chegando a dar froitos esperanzadores coma foron e son a Casa da Estación en Pontedeume, o CSO O Salgueirón nunha combativa Cangas do Morrazo, ou a Casa do Vento en Compostela.

Estas catro okupacións encádranse coma a primeira eclosión dun movemento, que agromaba tendo coma especial referencia os 490m2 situados no barrio de Monte Alto. A experiencia fortaleceuse durante tres anos, fundamentando os piares do que despois viría en forma de protesta contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas, cuxa historia non sería a mesma sen os disturbios producidos a raíz do seu peche forzoso. Nesta altura puidemos comprobar dúas características singulares dos procesos de okupación: masificación da resposta contraria ao desaloxo, e alto grao de combatividade. Nunca antes un CS convocara a tal cantidade de persoas en unha demostración de forza tan manifesta. A combinación de estes dous elementos supuxo para moitxs xóvenes herculinxs o primeiro shock procedente da loita social. Só pór un exemplo: o día mesmo do desaloxo, unhas 10 horas despois de terse producido, máis de 200 persoas saen en manifestación polas rúas da Corunha, saltándose pola forza cantos cordóns policiais se lles poñen por diante.

Nunca antes un CS convocara a tal cantidade de persoas en unha demostración de forza tan manifesta

Pese ao peche do CSO, as dinámicas postas en marcha neses 3 anos  produciran a rede de interaccións precisas para continuar o camiño. Isto unido á introdución de unha nova xeración que toma o relevo das Atochas, materializa a okupación do CSO Palavea a penas 4 meses despois do remate das Atochas. Se no 2008 a falta de espazos autoxestionados para a mocidade era o núcleo argumentativo da okupación, o CSO Palavea nace con uns obxectivos moito mais ambiciosos.

Se no 2008 a falta de espazos autoxestionados para a mocidade era o núcleo argumentativo da okupación, o CSO Palavea nace con uns obxectivos moito mais ambiciosos

O evoluír da crise económica auspiciada polo sector bancario levábanos a mudar de prioridades. Nese sentido, o antigo orfanato das Oblatas supuña un espazo de 7000m cadrados, propiedade da fusión entre Caixa Nova e Caixa Galicia, que fora taxado no seu momento por un valor de 7 millóns de euros que a asemblea decidiu resocializar, facendo do privado autónomo e autoxestionado. En segundo lugar, observabamos a posibilidade cada vez mais real de asentar definitivamente o movemento na cidade, dando un paso cualitativo importante, pois os MM.SS.GG non contaran nunca con unha estrutura semellante.

A primeira semana de Agosto de 2011, os xornais do País voltaban falar das fazañas da autonomía coruñesa, tendo ocasión de poder ver de novo tímidos intentos de intoxicación mediática por parte da prensa comercial, con La Voz de Galicia á cabeza. No límite do Concello, un numeroso grupo de persoas comezaban a andadura de un novo CSO. Case 12 meses despois deste suceso, xs activistas continúan afianzándose no lugar mediante unha propicia relación con os barrios próximos. O curso do 2011-2012 supón tamén o que poderíamos considerar unha nova fase de ampliación e consolidación do Movemento Okupa Galego, con o rápido contaxio a outras vilas da GZ onde se chegan a okupar espazos tremendamente grandes, coma no caso do Bairro do Cura en Vigo, ou con enorme repercusión social, onde o proceso de okupación e desaloxo da Sala Iago merece unha mención aparte, pois de novo, os exemplos de loita máis explícitos inundan un sen fin de ruas da capital. Pero tamén Ourense CSO Casa Negra ou Marín CSO O Liceu son testemuñas de formacións de CSO.

O curso do 2011-2012 supón tamén o que poderíamos considerar unha nova fase de ampliación e consolidación do Movemento Okupa Galego, con o rápido contaxio a outras vilas da GZ onde se chegan a okupar espazos tremendamente grandes

Sen dúbida, até o momento ten sido o movemento anarquista o maior impulsor de esta nova etapa de constitución de Centros Sociais, aínda que tamén hai exemplos de interese de certos sectores do independentismo, que prestan atención a estas realidades, pois o seu número tense multiplicado nos últimos 4 anos a unha velocidade maior que a dos Centros Sociais alugados.

Hoxe por hoxe, o maior CSO que ten existido na Coruña, prosegue con a súa incansábel actividade sen nada que envexarlle a ningún dos Centros Cívicos pagados polo Concello

Hoxe por hoxe, o maior CSO que ten existido na Coruña, prosegue con a súa incansábel actividade sen nada que envexarlle a ningún dos Centros Cívicos pagados polo Concello. Os concertos, obras teatrais, xornadas de artes escénicas etc, mestúranse con os semanais obradoiros de guitarra, cocinha vegana, teatro, tatuaxe, musculación, ioga e kick boxing, estas tres ultimas actividades teñen lugar no ximnasio do CSO Palavea. E aínda sobra espazo para compartir con xs compas de Palavea Bravú, unha asociación cultural que leva anos dando a cara polo devir do barrio, ou para a sala de xogos, un gran cuarto da casa onde aproximadamente unha ducia de pais e nais brincan a cotío con as súas crianzas, ou o proxecto horta, de onde proveñen boa parte dos alimentos cociñados na casa. 

Sen dúbida, as experiencias dos Centros Sociais Okupados están a dar un impulso poderoso ao tecido anticapitalista galego, e gozan de un futuro que semella prometedor, posto de manifesto estes últimos catro anos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.