A atención primaria na encrucillada, tras a epidemia da COVID-19

Consulta de atención primaria nun centro sanitario galego © Xunta

Antes da pandemia polo Coronavirus, a Atención Primaria (AP) atravesaba unha profunda crise, consecuencia dos recortes orzamentarios ocasionados polo PP (apenas é o 12% do gasto sanitario); limitacións de acceso a probas e recursos diagnósticos; listas de agarda escandalosas cxs especialistas, irracionalidade e deficiencias na composición dxs profesionais dos Equipos de AP; sometemento aos intereses hospitalarios que limitan o importante papel da AP no Sistema Sanitario Público en Galicia.

Coa pandemia que desbordou a hospitais (e UCIs), a AP demostrou a importancia de dispoñer dun nivel asistencial universal, próximo á poboación e coñecedor do historial de saúde de persoas, familias e comunidades. Durante a crise, a AP, identificou contaxios e contactos. Fixo o tratamento e seguimento das persoas infectadas sen gravidade nos seus domicilios, evitou o colapso das camas dos hospitais moi recortadas polos gobernos conservadores, atendeu outras patoloxías e resolveu as dúbidas e temores da poboación por vía telefónica. E todo, ca falta de persoal nas diferentes categorías profesionais.

Nesta situación, pensamos que o esforzo para restablecer a normalidade do sistema de saúde, supoñería un importante impulso para a reforma e mellora da AP, e dóunos esperanza….. Pero a realidade foi por outro camiño durante a pandemia, pois xs responsables políticos non foron quen de encontrar solucións axeitadas o tratamento de algo para o que non estabamos preparadxs; e cales foron as causas:

1.- A maioría de CCAA (Comunidades Autónomas) pecharon Centros de Saúde, concentrando nalgúns deles os servizos de chamadas telefónicas, coa finalidade de evitar contaxios do persoal e da poboación usuaria.

2.- As autoridades dalgunhas CCAA, ademáis de pechar os centros de saúde, utilizaron aos profesionais dos mesmos, nos chamados Hospitais de Campaña, onde desempeñaron unha actividade irrelevante e subalterna.

3.- Substituíuse a consulta presencial pola telefónica (nalgúns centros telemática) controlada polo persoal administrativo que realiza o cribaxe e distribúe as demandas entre os diferentes profesionais dos equipos. Moitos centros de saúde, non realizan consulta presencial ou mesmo teñen lista de agarda para levala a cabo. O argumento utilizado para adoptar esta medida, foi “evitar contaxios nos centros de saúde”.

4.- Como consecuencia, gran parte dos centros estiveron baleiros durante esta crise, sen atender a pacientes con outras patoloxías nin aos programas de crónicos, da muller ou dx nenx san. Coa chegada do verán e diante da falta de persoal por vacacións ou baixas laborais, pecháronse consultas, chegando nalgúnhas, a situacións límite como que de 7 facultativos só un/ha pase consulta (O Grove). 

5.- En moitas CCAA o rastrexo para identificar os contactos das persoas infectadas, foi privatizado e asignado a empresas multinacionais (como Quirón ou o Grupo Konecta), ou simplemente non se realiza. Nas que ísto non ocorreu, a falta de persoal nos centros de saúde fai imposible esta actividade que esixe tempo para poder levala a cabo con seguridade e eficacia. En Galicia, Feijoo dixo que tiñamos “6.108, rastrexadorxs”: pocas veces unha mentira tan grande tivo tanto eco no estado español...e o creron! Agora, pide axuda ao exército….váia xestor!

6.- A coordinación do persoal rastrexador/a coa Atención Primaria, foi débil ou nula: non existe a necesaria coordinación deste nivel cos Servizos de Saúde Pública, imprescindibles para a vixiancia epidemiolóxica e a identificación temperá de novos casos.

7.- A falta de recursos de xestión nas Áreas Sanitarias, impedeu ou limitou, a coordinación dos servizos de AP, cos hospitais, saúde pública e autoridades locais con recursos para a información ou a intervención social, nunha pandemia que esixía unha intervención pluridisciplinar e sociosanitaria. 

8.- Segue sen poñerse en marcha a participación cidadá, na planificación, desenvolvemento e control das actividades dos Centros de Saúde o que impide a colaboración da poboación e as súas organizacións na loita contra a pandemia. Mantense a medicalización da actividade sanitaria, centrada na consulta médica (agora telefónica) o que impide a implicación social no control dunha pandemia que ten moito que ver co comportamento social e co cumprimento das recomendacións dos servizos de epidemioloxía. 

9.- A AP apenas prestou asistencia ás persoas ingresadas nas Residencias de Maiores, en boa parte en mans de multinacionais, fondos de investimento, fondos voitre e da igresa. A falta de persoal, a masificación e as trabas para ingresar en hospitais, así como que as persoas contaxiadas nas mesmas disparou a mortalidade nxs residentes, que sofren unha inaceptable discriminación ao perder o dereito á atención sanitaria pública.

10.- As Comunidades Autónomas non incrementaron os orzamentos de primaria, nin crearon as novas prazas nos Centros de Saúde (especialmente de enfermaría), necesarias para prestar coidados e asistencia nos Centros de Maiores ou nos domicilios das persoas afectadas. Descoñécese que parte dos novos fondos destinados a combater a pandemia, estan destinados a AP.

Pois ben, en lugar de reorientar o esforzo para a recuperación do Sistema Sanitario Público (profundamente danado polas políticas de recortes, perpetradas polos gobernos do PP, parece “apestarse” a AP, desde as administracións (e algúns grupos profesionais corporativos) limitando a demanda asistencial pública con diferentes medidas, como: 

• Limitar o acceso á atención, transformando ao persoal administrativo nunha primeira barreira para seleccionar quen e cando debe ser atendido (cribado). Nalgúns centros a limitación de aforo obriga aos pacientes a facer cola fora dos centros. En moitos Centros de Saúde non se pode facer o dobre circuíto de acceso o centro. 

• Transformar a maior parte da demanda en consultas non presenciais (telefónica ou telemática), mesmo con listas de agarda para as mesmas. Substituír a consulta presencial pola telefónica ou telemática (algunhas organizacións propoñen que “sexan o 80% da demanda”), dirixidas esencialmente ao persoal médico. En moitos centros de saúde non hai consulta presencial co paciente e teñen demoras de máis de 10 días para a consulta telefónica. As barreiras de acceso á AP favorece a privatización, a fuxida das persoas con maior capacidade económica aos seguros privados (supera o 20% da poboación) e a discriminación dos grupos con menor capacidade económica. Aparte, da dificultade da xente maior de acceder as novas tecnoloxías e a non disponibilidade de Internet en moitísimos lugares de Galicia.

• O contacto e a relación médico-paciente constitúe un dos alicerces esenciais da AP, polo que manter esta modalidade de consulta telemática, como base da atención, supón unha enorme limitación da accesibilidade, racionalidade e calidade do modelo.

• Continúase recortando a actividade e responsabilidade da AP dentro dun sistema externalizado, limitando as actividades propias da AP como a vixiancia epidemiolóxica, o rastrexo de contactos, a solicitude de probas (como as PCR) ou a atención das residencias de maiores. 

• Perpetúase un modelo obsoleto e medicalizado, de escasa capacidade resolutiva, irracional e con problemas de calidade, que non responde as necesidades e demandas sociais. 

Que propostas consideramos importantes?

1. Incrementar de xeito urxente o orzamento sanitario, destinando a Atención Primaria e que a maior parte do novo investimento sanitario, sexa destinado a recuperar o sistema tras a pandemia. O obxectivo sería alcanzar o 25% do orzamento, en 5 anos.

2. Contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal, dimensionando os equipos multidisciplinarios, para acabar coa medicalización da atención e responder ás necesidades de saúde da poboación.

3. Incrementar a responsabilidade da AP con novas funcións (vixiancia epidemiolóxica ou atención ás residencias de maiores), actividades (promoción, prevención, rehabilitación, atención á cronicidade, educación para a saúde) e incorporar novos recursos e profesionais como xs fisioterapeutas, a psicoloxía clínica, traballo social, logopedia, atención temperá….

4. Mellorar a coordinación da Atención Primaria co resto de servizos sanitarios como Saúde Pública e Hospitais, e non sanitarios como Traballo Social ou Atención á Dependencia.

5. Desenvolver o Modelo Comunitario, incorporando á poboación á planificación, desenvolvemento e control das actividades de saúde, coa colaboración dos recursos da comunidade, para actuar con eficiencia sobre os determinantes da saúde. 

6. Mellorar a accesibilidade, acabando coas listas de agarda, mellorando as áreas administrativas de apoio á atención e limitando a consulta telefónica ou telemática a actividades complementarias que non limiten ou interfiran coa necesaria relación persoal e presencial entre traballadorxs de AP e a poboación, e que non discriminen aínda máis, ás persoas maiores ou con dificultades culturais e formativas, para o manexo das novas tecnoloxías. Implementar a Participación Cidadá, nos Consellos de Saúde de Área e no Consello de Saúde de Galicia.

7. Optimizar de maneira inmediata, as conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia, onde as 16 Comisións Técnicas de traballo, teñen o borrador do Novo Modelo de AP de Galicia.

Se non facemos unha forte presión social e profesional, para conseguir cambios de calado e non só de boquilla, a nova realidade post-pandemia pode deteriorar aínda máis os problemas que ven arrastrando desde hai moito tempo a Atención Primaria. De nós depende!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.