A autonomía financeira

Non existe ningún país que teña autonomía política se non ten autonomía financeira. Un exemplo sería o que lle pasaría a un veciño que para tomar calquera decisión privada económica, que non afectara a comunidade de veciños, tivera que estar sometido ó control financeiro de dita comunidade.

Cando se di que España é un país descentralizado, non é exacto, pois excepto en Euskadi e Navarra, o Estado recada, e despois reparte seguindo os seus criterios

Por iso, cando se di que España é un país descentralizado, non é exacto, pois excepto en Euskadi e Navarra, o Estado recada, e despois reparte seguindo os seus criterios, fundamentalmente para que as comunidades paguen os gastos de sanidade, educación e servizos sociais, ou sexa, o estado descentraliza o gasto, máis non a decisión política de onde esa comunidade quere gastar. Incluso pónselle un límite o seu déficit, iso si, moito máis reducido que o que se impón para o propio Estado. Tamén fai recursos contra as competencias exclusivas autonómicas, e se unha autonomía como a catalá pon un imposto en sanidade, para segundo ela, reducir o déficit sanitario, trata de impedirllo. 

E o máis grave é que dende o Estado e o Banco de España se marcan os criterios financeiros que impiden que calquera autonomía poida ter as súas propias caixas ou bancos públicos, prexudicando os intereses dos cidadáns desas autonomías. Agora pretenden que se venda Novagalicia banco, que representa o 45% do aforro galego a un banco máis grande, e ao mesmo tempo permite que Bankia cuns resultados negativos, cinco veces peores que o banco galego, poida ser independente. A razón é que a sede a ten en Madrid.

É mentira que o capital non teña patria

É mentira que o capital non teña patria, quen o dubide, que lle pregunte á Sra. Merkel porque o supervisor bancario europeo vai poder controlar tódolos bancos e caixas europeas, menos as 400 alemáns.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.