A base material da nación

© El Viejo Topo

O marxismo veu tratando o feito nacional como un “problema” ou “cuestión”, sen desenvolver un concepto propio de nación

O marxismo veu tratando o feito nacional como un “problema” ou “cuestión”, sen desenvolver un concepto propio de nación. Contribuíu negativamente a noción simplista de Stalin, descritiva e pechada. Imperou o interese puramente político ou externo ó feito nacional. 

No meu novo libro1 sobre o concepto marxista de nación, partindo da intuición do xudeu bolxevique Ber Borojov sobre o uso do concepto “condicións de produción”, profusamente utilizado por Marx e Engels, investíganse nos seus escritos, tanto teóricos-metodolóxicos como xornalísticos ou cartas, a fin de sacar á luz da noción subxacente de nación, materialista e dialéctica, que informaba os seus puntos de vista sobre os procesos nacionais do seu tempo, que lles levou a apoiar con entusiasmo ao nacionalismo irlandés e polaco, á vez que á unificación alemá.

Combinaron os fundadores do marxismo con destreza o factor material-obxectivo (xeográfico e económico) co factor ideal-subxectivo (histórico, político e cultural), cos seus frecuentes e paradoxais cruces. Partindo da división histórica da humanidade en clases e nacións. Devolvendo ó primeiro plano explicativo as condicións económicas, entrelazadas coas condicións naturais e históricas, para aprehender a historicidade, a viabilidade e a longa duración das nacións. 

O momento é oportuno para redescubrir, século e medio despois, a sorpresiva superioridade do método de Marx. No século XXI, vivimos coa globalización o retorno do nacional

O momento é oportuno para redescubrir, século e medio despois, a sorpresiva superioridade do método de Marx. No século XXI, vivimos coa globalización o retorno do nacional: rexorden as vellas nacións sen Estado, entran en crise os vellos Estados-nación (mailo fortalecemento debido a pandemia) e emerxen no ámbito global esbozos de novas relacións de nación. Superposicións móbiles que esixen para a súa comprensión global do método marxista orixinal, materialista á vez que subxectivista e complexo, distante por suposto da superficialidade e da refrega politicamente dominantes. 

 

1 Carlos BARROS, La base material de la nación. El concepto de nación en Marx y Engels, Barcelona, El Viejo Topo, 2020; tradución, revisión e actualización dun texto anterior publicado en galego en Dende Galicia: Marx, A Coruña, Edicións do Castro, 1985.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.