Á caza do Borbón

Nun 14 de Abril a caída de Juan Carlos, E Rey,mentras estaba en Botswana de relax cinexético, resulta dun simbolismo extraordinario. E tamén deixa unha fonda reflexión. Aos Borbón gústanlles moito as armas. En apenas uns días, Froilán, de tan só 13 anos e contravindo a lexislación, disparábase nunpé, cazando, facendo prácticas de tiro? Difícil sábelo, pois a opacidade reina, nunca mellordito, no Pazo da Zarzuela.

A afición do monarca pola matanza de animais salvaxes, e non tan salvaxes, vén de lonxe, non é unha cousa nova. Pero o feito de que previo pago se poida aniquilar un animal en perigo de extinción como é o elefante deixa entrever unha grave problemática naxestión dos parques nacionais no continente africano e o abuso permitido por parte destes individuos. A falta de orzamento, a desidia dos países máis desenvolvidos e o gusto polo sangue quente dos cazadores crean un cóctel explosivo. Previo pago de ata 20.000 euros podemos levar un elefante para a casa, en pedazos por suposto.

Dende logo matar animais non supón solución algunha para a conservación da fauna nun espazo protexido. É como se pensaramos que os cazadores resolven os “problemas” da natureza a golpe de disparo. Isto é unha idea errada, que mesmo contradí a teoría da Evolución e do autoregulamento dos ecosistemas. Se Darwin estivera vivo, de seguro morrería dun disparo nunha montería, pero como pouco revólvese no seu sepelio. Os cazadores, eses grandes defensores da ecoloxía, que cultivan chumbo por todo o mundo, agardan rescatarnos da invasión animal aomáis puro estilo orweliano.

Hai alternativas cribles na África. A Fondation Franz Weber administra dende os anos 90 unha reserva nacional en Togo, un pequeno estado centroafricano que perante a falta de fondos pediu á entidade suíza axuda. Isto é unha opción, que as organizacións estranxeiras colaboren na xestión dun parque natural, empoderen ás comunidades e poboacións, e contribúan a manter as poboacións de animais ameazados. Por suposto, en Fazao Malfakassa non se pode cazar ao maior mamífero terrestre do mundo. Saben moi ben que a caza non é nin moito menos solución para nada.

Co recente incendio nas Fragas do Eume a organización da que formo parte propuxo restrinxir as actividades cinexéticas en varios quilómetros á redonda do parque natural, entendendo que podía haber fauna que sobreviviraás lapas, e saíra do parque. No entanto, aquí tamén se poden matar corzos, pois no propio parque hai terreos cinexeticamente ordenados (TECOR).

O “lobby” da escopeta é moi poderoso, unha amalgama de grupos de presión que teñen no cazador o seu eslabón máis débil, pois os practicantes da matanza legal cada vez son menos, pero eixosmoifortesna industria armamentística, na política e mesmo teñen carácter real: Real Federación de Caza. Así nos vai…

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.