A cidade de Vigo protagonista principal da Odisea de Homero

Circe - Wright Barker (1864-1941) © Cartwright Hall Art Gallery, Bradford

Segundo o relato da Odisea, trala visita por parte de Ulises da baía dos Lestrigones onde foron atacados con pedras, Ulises dirixiuse á illa Eoa, morada da meiga Circe e onde permaneceu un ano. Pódese inferir que a illa Eoa, dos fermosos atardeceres, correspóndese coas nosas Rías Baixas

Segundo o relato da Odisea, trala visita por parte de Ulises da baía dos Lestrigones onde foron atacados con pedras, Ulises dirixiuse á illa Eoa, morada da meiga Circe e onde permaneceu un ano. Circe convertera aos seus compañeiros en porcos cunha apócema máxica, mais Ulises consegueu eludir o encantamento grazas a unha herba máxica chamada "molly" e que lle proporcionou Hermes, deus do coñecemento científico.

Trala súa estadía dun ano na illa Eoa, Circe apurou a Ulises a visitar o Hades grego, o inframundo grego (América), antes de regresar a Ítaca e onde se reencontraría co espírito da súa nai.

Do relato anterior e tras supoñer con certeza que a illa Eolia, onde os ventos sopran con forza nunha dirección ou na outra, correspóndese coa costa andaluza, pódese inferir entón que a baía dos Lestrigones correspóndese con Lisboa e a illa Eoa, dos fermosos atardeceres, correspóndese coas nosas Rías Baixas.

 

Vigo era chamado en época romana vicus Helleni ou "vicus dos gregos" polo seu protagonismo no relato grego da Odisea, malia a súa pertenza global á tribo dos Celenos, sendo neste senso a capital ou sede do pobo dos Celenos. Vigo era pois a morada da meiga Circe que residía na illa Eoa dos fermosos solpores

Olissipo, a foz de Ulises

De acordo co anterior, Lisboa en época romana era chamada Olissipo, que significa "a depresión fluvial de Ulises", do indoeuropeo "po" ou "bo", co significado de "fondeira" ou "depresión".

 

Vicus Helleni, capital das rexións Eoas dos gregos, dos fermosos solpores

Vigo era chamado en época romana vicus Helleni ou "vicus dos gregos" polo seu protagonismo no relato grego da Odisea, malia a súa pertenza global á tribo dos Celenos, sendo neste senso a capital ou sede do pobo dos Celenos.

Vigo era pois a morada da meiga Circe que residía na illa Eoa dos fermosos solpores. Circe era filla do deus Helios, o sol, e a oceánide Perseis. Por este motivo aos habitantes das Rías Baixas-Arousa, Pontevedra e Vigo- chamábaselles Celenos, do latín vulgar "caelo", que significa "ceo".

Vigo, pola súa posición xeográfica era a sede, catedral ou trono dos Celenos. Caelobriga ou Caeleo Cadhair. Neste senso no concello de Santa Comba atopouse unha inscrición funeraria co seguinte epitafio:

Caeleo Cadro/iolonis f(ilius) Cilen/us |(C

invertida) (castello) Berisamo / an(norum)

LX et Caesa/rus Caeleonis / f(ilius)

an(norum) XV / h(ic) s(iti) (...

Sempre se discutiu sobre a posibilidade de que o castro de Vigo, amais dun recinto residencial fortificado, fora tamén un importante lugar sagrado ou relixioso onde render culto ao sol e á divindade, capital das famosas rexións Eoas dos gregos

Caeleo Cadroiolonis pode ser un antropónimo prerromano que signifique "da sede ou do trono dos Celenos", ou sexa "vigués", e o seu fillo xa ten un antropónimo plenamente latino, Caesarus Caeleonis, Caesar "vigués". Cathedra, cadair, cador ou cadrís é unha raíz céltica que significa "cidade", "cluster of beehive huts", "trono", "silla", "catedral", "capital" ou "rei", polo que, fronte a unha posible Caelobriga como capital urbana dos Celenos e como topónimo orixinal de Vigo, temos un Caeleo Cador que engade a maiores connotacións relixiosas como "catedral ou sede ou trono do ceo" ao primixenio núcleo vigués. Ao respecto, sempre se discutiu sobre a posibilidade de que o castro de Vigo, amais dun recinto residencial fortificado, fora tamén un importante lugar sagrado ou relixioso onde render culto ao sol e á divindade, capital das famosas rexións Eoas dos gregos. Neste senso en Irlanda hai unha montaña de 1.000 m chamada "Cathair na Feinne", un lugar mítico para os irlandeses que pode traducirse como "o trono dos guerreiros Fianna". Tamén o mesmo nome do barrio de Teis fai alusión a divindade.

Todo o anterior tamén entronca coa topografía ou xeografía oculta na famosa lenda artúrica da procura do Graal e o famoso castelo de Corbenic, do céltico "cor" co significado de "montículo", "promontorio" e do francés antigo "bénic", co significado de "bendecido", o cotarelo custodio do Santo Graal e onde residía a feiticeira Helena de Corbenic, filla do rei Pelles, do grego "pélagos", "rei da vasta extensión do océano", e que resultou ser a nai do casto cabaleiro Galahad ou Galaz mediante un feitizo que lle fixo ao rei Arturo. Galahad era o máis puro de tódolos cabaleiros da táboa redonda e o elixido para admirar e observar e restituír o devandito Santo Graal á Terra Santa na Galilea, e onde finalmente sería soterrado.

Solpor en Baiona CC-BY-NC José Miguel Giráldez

Cómpre xa unha fermosa escultura da meiga Circe en Vigo, no interior do seu palacio, no antigo recinto amurallado do castelo de San Sebastián

Unha escultura de Circe para Vigo

Segundo o anterior, cómpre xa unha fermosa escultura da meiga Circe en Vigo, no interior do seu palacio, no antigo recinto amurallado do castelo de San Sebastián, no entorno do edificio do Concello, que resignifique a importancia da cidade de Vigo na historia universal e na literatura universal do relato homérico. Se en Madrid teñen unha deusa Cibeles en Vigo temos a nosa meiga Circe.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.