A corrupción é o sistema. Koldo vs Ayuso, sexamos radicais

O lio formado ao redor do clan Ayuso e o caso "Koldo", e o enriquecemento co mercado das máscaras en plena pandemia, só demostra unha cousa; o absoluto fracaso do capitalismo para defender a saúde das poboacións, deixando en mans privadas ("público é servizo, privado beneficio") acceder, ou non, aos medios para esa protección.

Todos lembramos os aeroportos convertidos en verdadeiros "mercados", onde os avións procedentes de China poxábanse ao mellor ofertante: o negocio debe continuar, así caia o mundo.

E os máis grave de todo, é que as vacinas de Pfizer, Moderna e demais, foron financiadas polos estados nunha cantidade de diñeiro que os "ayusos" ou "koldos" son meros aprendices (que son uns millóns de euros cando só Pfizer levou máis de 250 millóns para investigar). Unhas vacinas que despois lle venderon aos estados que os subvencionaron: negocio redondo, non se arrisca o propio capital senón o de todos.

Esta é a única conclusión da pequena liorta entre Sánchez e o amigo do narco, Feijoo: o capitalismo -é dicir, o negocio á conta do que sexa- ao que todos se apuntan é a raíz do problema.

Non significa exculpar aos "ayusos" ou "koldos", que son uns beneficiarios "colaterais" que, como os voitres, aprovéitanse das migallas que caen das mesas dos grandes conglomerados industriais e financeiros, migallas que en termos comerciais chámanse "comisións".

Ir á raíz do problema non é insultarse mutuamente, senón ser radical na análise e a procura de solucións ao problema, e este non a ten mentres a sociedade réxase polas leis do mercado, onde sempre haberá grandes beneficiarios e comisionistas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.