A cuestión da muller traballadora: a orixe da familia, a propiedade privada e o Estado de Friedrich Engels

Recentemente atopei tempo para ler este clásico do marxismo, detrás do que levaba xa fai un tempo. Trátase dun estudo breve pero ó mesmo tempo claro e profundo, no que Engels proponse rastrexar historicamente as relacións entre as diferentes organizacións familiares e como estas están condicionadas polos medios económicos e sociais dos que dispón a colectividade, centrándose especialmente no contexto histórico antigo (deténdose só no medievo a caracterizar o efímero fenómeno dos campesiños “libres” franceses antes de ser sometidos polo feudalismo). Para isto basearase nas investigacións do antropólogo Lewis Henry Morgan sobre as relacións familiares dos indios norteamericanos, e comparando co exemplo histórico de gregos, romanos e xermanos, amosará as relacións de propiedade e como estas determinan as formas de organización social. Deste xeito acábanos levando á recente organización familiar que ven determinada pola clase social, caracterizando así ás relacións familiares cristiás e protestantes. 

En base ás súas investigacións, Engels explicará xenialmente a orixe da subordinación da muller no mundo capitalista, rastrexando os motivos da caída do matriarcado orixinal, vinculando coa acumulación de capital, a dinámica mercantilista que acaba cousificando ás propias persoas, e á proliferación da escravitude asalariada. Deste xeito entendemos como a abolición do patriarcado é consustancial ó fin do capitalismo e a propiedade privada, sendo necesario para isto a solidariedade entre todos os proletarios pola súa liberación, loitando contra os estigmas que pesan sobre a muller pero entendendo que o problema fundamental non se vai resolver só por arte de maxia. Deste xeito a alimentación da guerra entre sexos amósasenos como contraproducente, xa que o interclasismo é algo puramente idealista. Con este fin recollo algunhas citas que poden ser interesantes para adentrarse dentro do modo de comprensión marxista da problemática da muller, en clave histórica e materialista. Isto de ningún xeito pode substituír a lectura ineludible desta magnífica obra, pero deste xeito pretendo ir “abrindo boca”...

(...) O derrocamento do dereito materno foi a gran derrota histórica do sexo feminino en todo o mundo. O home empuñou tamén as riendas na casa; a muller viuse degradada, convertida na servidora, na escrava da luxuria do home, nun simple instrumento de reprodución. Esta baixa condición da muller, que se manifesta sobre todo entre os gregos dos tempos heroicos, e máis aínda nos dos tempos clásicos, foi gradualmente retocada, disimulada e, en certos casos, ata revestida de formas máis suaves, pero non, nin moito menos, abolida. (...)

(...) Polo tanto, a monogamia non aparece de ningunha maneira na historia como unha reconciliación entre o home e a muller, e menos aínda como a forma máis elevada de matrimonio. Polo contrario, entre en escena baixo a forma da escravización dun sexo polo outro, como a proclamación dun conflito entre os sexos, descoñecido ata entón na prehistoria. Nun vello manuscrito inédito, redactado en 1846 por Marx e por min, atopo esta frase: “A primeira división do traballo é a que se fixo entre o home e a muller para a procreación de fillos”. E hoxe podo engadir: o primeiro antagonismo de clases que apareceu na historia coincide co desenvolvemento do antagonismo entre o home e a muller na monogamia; e a primeira opresión de clases, ca do sexo feminino polo masculina. A monogamia foi un gran progreso histórico, pero ó mesmo tempo inaugura, xustamente ca escravitude e cas riquezas privadas, aquela época que dura ata os nosos días e na cal cada progreso é ó mesmo tempo un regreso relativo e o benestar e o desenvolvemento duns verifícanse a expensas da dor e da represión de outros. A monogamia é a forma celular da sociedade civilizada, na cal podemos estudar xa a natureza das contradicións e dos antagonismos que alcanzan o seu pleno desenvolvemento nesta sociedade. (...)

(...) Segundo o ten demostrado o antes exposto, a peculiaridade do progreso que se manifesta nesta sucesión consecutiva de formas de matrimonio consiste en que se foi quitando máis e máis ás mulleres, pero non ós homes, a liberdade sexual do matrimonio por grupos. En efecto, o matrimonio por grupos segue existindo hoxe para os homes. O que é para a muller un crime de graves consecuencias legais e sociais, considerase moi honroso para o home, ou ó sumo como unha lixeira mancha moral que se leva con gusto. Pero canto máis se modifica na nosa época o heterismo antigo pola produción capitalista de mercancías, á cal se adapta, máis se transforma en prostitución descocada y máis desmoralizadora se fai a súa influencia. E, a dicir verdade, desmoraliza moito máis ós homes que ás mulleres. A prostitución, entre as mulleres, non degrada senón ás infelices que caen nas súas garras e aínda estas nun grado moito menor do que se cree. En cambio, envilece o carácter do sexo masculino enteiro. E así é de advertir que o noventa por cento das veces o noviazgo prolongado é unha escola preparatoria para a infidelidade conxugal. Camiñamos nestes momentos cara unha revolución social na que as bases económicas actuais da monogamia desaparecerán tan seguramente como as da prostitución, complemento de aquela. A monogamia naceu da concentración de grandes riquezas nas mesmas mans (as dun home) e do desexo de transmitir esas riquezas por herdanza ós fillos deste home, excluíndo ós de calquera outro. Para iso era necesaria a monogamia da muller, pero non a do home; tanto así, que a monogamia da primeira non foi o menor óbice para a poligamia descarada e oculta do segundo. Pero a revolución social inminente, transformando polo menos a inmensa maioría das riquezas duradeiras hereditarias (os medios de produción) en propiedade social, reducirá ó minimum todas esas preocupacións de transmisión hereditaria. (...)

(…) En todo caso, modificarase moito a posición dos homes. Pero tamén sufrirá profundos cambios a das mulleres, a de todas elas. En canto os medios de produción pasen a ser propiedade común, a familia individual deixará de ser a unidade económica da sociedade. A economía doméstica converterase nun asunto social; o coidado e a educación dos fillos, tamén. A sociedade cuidará co mesmo esmero de todos os fillos, sexan lexítimos ou naturais. Así desaparecerá o temos “ás consecuencias”, que é hoxe o máis importante motivo social tanto dende o punto de vista moral como dende o punto de vista económico que impide a unha xoven solteira entregarse libremente a quen ama. Non chegará iso para que se desenvolvan progresivamente unhas relacións sexuais máis libres e tamén para facer á opinión pública menos rigorista acerca da honra das virxes e a deshonra das mulleres? E, por último, non vimos que no mundo moderno a prostitución e a monogamia, aínda que antagónicas, son inseparables, como polos dun mesmo orde social? Pode desaparecer a prostitución sen arrasar consigo ó abismo á monogamia? (...)

(...) Pero o que sen dúbida desaparecerá da monogamia son todos os caracteres que a imprimiron as relacións de propiedade ás cales debe o seu orixe. Estes caracteres son, en primeiro termo, a preponderancia do home e, logo, a indisolubilidade do matrimonio. A preponderancia do home no matrimonio é consecuencia, sinxelamente, da súa preponderancia económica, e desaparecerá por si sola con esta. A indisolubilidade do matrimonio é consecuencia, en parte, das condicións económicas que provocaron a monogamia e, en parte, unha tradición da época en que, mal comprendida aínda, a vinculación desas condicións económicas ca monogamia foi esaxerada pola relixión. Actualmente está desbaratada xa por mil sitios. Se o matrimonio fundado no amor é o único moral, só pode ser moral o matrimonio onde o amor persiste. Pero a duración do acceso do amor sexual é moi variable segundo os individuos, particularmente entre os homes; en virtude disto, cando o afecto desapareza ou sexa remprazado por un novo amor apasionado, o divorcio será un beneficio mesmo para ambas partes que para a sociedade. Só que deberá aforrarse á xente o ter que pasar polo barrizal inútil dun preito de divorcio. (...)

Finalmente gustaríame incluír a xenial conclusión do autor logo de toda a argumentación: (...) Sendo a base da civilización a explotación dunha clase por outra, o seu desenvolvemento operase nunha constante contradición. Cada progreso da produción é ó mesmo tempo un retroceso na situación da clase oprimida, é dicir, da inmensa maioría. Cada beneficio para uns é por necesidade un prexuízo para outros; cada a frado de emancipación conseguido por unha clase é un novo elemento de opresión para a outra. A proba máis elocuente disto dánola a introdución do maquinismo, cuxos efectos coñece hoxe o mundo enteiro. E si, como xa vimos, entre os bárbaros apenas pode establecerse a diferencia entre dereitos e deberes, a civilización sinala entre eles unha diferencia e un contraste que saltan á vista do home menos intelixente, no sentido de que case todos os dereitos a unha clase e case todos os deberes a outra. 

Pero iso non debe ser. O que é bo para a clase dominante, debe ser bo para a sociedade ca cal se identifica aquela. Por isto, cando máis progresa a civilización, máis obrigada se cre a cubrir co manto da caridade os males que xerou fatalmente, a pintalos de cor de rosa ou a negalos. Nunha palabra, introduce unha hipocrisía convencional que non coñecían as primitivas formas da sociedade nin aínda os primeiros graos da civilización, e que leva á súa cima na declaración: a explotación da clase oprimida é exercida pola clase explotadora exclusiva e unicamente en beneficio da clase explotada; e se esta última non o recoñece así e ata se amosa rebelde, isto constitúe pola súa parte a máis negra ingratitude cara os seus benfeitores, os membros da clase explotadora. (...)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.