A decadencia do réxime posfranquista

Nos tempos de Adolfo Suárez (presidente do goberno 1976-1981) xestáronse os cambios que darían lugar ao chamado «réxime do 78». Aprobouse unha Constitución pactada como fundamento da monarquía parlamentaria, legalizáronse os partidos e sindicatos, recoñecéronse os dereitos de manifestación e folga. Respecto do réxime franquista, iso supuxo un avance considerable pero insuficiente nas libertades democráticas. E así aguantamos durante máis de trinta e cinco anos.

Xa na chamada Transición houbo forzas de esquerdas partidarias dunha ruputura democrática co réxime. Esixíase a depuración das persoas e aparatos represivos que foran responsables dos crimes cometidos durante a ditadura. Un obxectivo que non se acadou

Pero agora fálase da necesidade dunha creba democrática, dunha ruptura no conxunto do estado español. É a primeira vez que se fala diso? Nin moito menos. Xa na chamada Transición houbo forzas de esquerdas partidarias dunha ruputura democrática co réxime anterior. Esixíase a depuración das persoas e aparatos represivos que foran responsables dos crimes cometidos durante a ditadura. Un obxectivo que non se acadou.

E loitouse naqueles anos en contra da fórmula monárquica herdeira do franquismo, a prol da república e mais do recoñecemento dos dereitos históricos das nacións oprimidas, ou sexa, o «dereito de autodeterminación» divulgado agora, grazas ao independentismo catalán, como «dereito a decidir»

Unha creba democrática require neste momento que todas as forzas de esquerdas se alíen e conflúan, de cara ás municipais, en plataformas cidadás ou, alí onde estas non existan, en frontes amplas de converxencia fronte aos partidos do réxime.

Unha creba democrática require neste momento que todas as forzas de esquerdas se alíen e conflúan, de cara ás municipais, en plataformas cidadás ou, alí onde estas non existan, en frontes amplas de converxencia

Nunca antes, dende o final do franquismo, se falou nestes termos e con tanta insistencia contra os «partidos do réxime». Pero tamén nunca antes o PP e o PSOE defenderon xuntos con tanta teimosía o réxime no que foron gobernando de forma alterna durante as últimas décadas. Aínda que o PSOE se esforce en negalo tacticamente, porque non lle convén de cara ás eleccións municipais e xerais do 2015, a súa complicidade coa dereita xa se fixo evidente pra unha gran parte da poboación.

O PP e mais o PSOE protexen os intereses dos bancos, dos especuladores e das grandes corporacións. Privatizaron ou consentiron a privatización dunha manchea de servizos públicos e sectores estratéxicos da economía, e modificaron xuntos a Constitución pra poñer a débeda do Estado por enriba das necesidades básicas do conxunto da poboación. Son, ademais, ámbolos dous, incubadoras perfectas de políticos corruptos.

As persoas que apoiamos activamente as mareas e a confluencia fronte aos partidos do réxime participamos nas loitas veciñais, nas loitas obreiras, nas loitas contra a privatización da sanidade e os ataques ao ensino público

As persoas que apoiamos activamente as mareas e a confluencia fronte aos partidos do réxime participamos nas loitas veciñais, nas loitas obreiras contra a ditadura do máximo beneficio empresarial, nas loitas contra a privatización da sanidade e os ataques ao ensino público, nas mobilizacións contra o roubo sistemático que practican os bancos. Escoitamos a opinión da maioría agredida e formamos parte dela.

A dereita social sempre divulga unha idea necia respecto dos partidos políticos: «son todos iguais». Mais as persoas que sofren as consecuencias da política depredadora neoliberal, distinguen perfectamente entre os partidos corruptos e as forzas políticas e sindicais das clases traballadoras.
O réxime do 78 propiciou, entre outras cousas, dúas noxentas aberracións: o partido-mafia e o partido-seita.

O réxime do 78 propiciou, entre outras cousas, dúas noxentas aberracións: o partido-mafia e o partido-seita

O partido-mafia é aquel que, ademais de protexer os intereses da minoría privilexiada, se organiza pra desviar e roubar o diñeiro das arcas públicas. Dese roubo benefícianse por un lado as estruturas do propio partido, e por outro un gran número de persoas a título individual ou asociadas baixo a pantalla de empresas con fins delictivos. O partido-mafia é predemocratico, vertical e autoritario.

O partido-seita ten como finalidade principal a súa perpetuación, baséase en posicións ideolóxicas ríxidas e impermeables a toda crítica, produce un tipo de discurso visionario e fomenta o fanatismo. Ten ademais unha acusada tendencia ao escurantismo orgánico e foxe de calquera forma de participación realmente democrática.

Nos partidos do réxime predomina a tendencia ao partido-mafia, cuxo principal representante é o Partido Popular. Pero tamén o modelo do partido-mafia se mestura co partido-seita, nomeadamente nas esferas da ultradereita liderada por Aznar e vinculada ao fundamentalismo católico do cardenal Rouco Varela.

Pola banda contraria, nalgúns sectores minoritarios da esquerda máis anquilosada quedan aínda algúns restos do modelo partido-seita, obviamente con idearios antagónicos aos da dereita: o problema está na rixidez das súas estruturas internas e na mestura enfermiza entre a politomanía e o funcionariado orgánico.

Os grupos políticos con maior inclinación cara a unha desas formas aberrantes, ou que presentan unha alta dose combinada de ambalas dúas, teñen algo en común: detestan a nova cultura política. E polo tanto coinciden, de xeito esperpéntico, nas súas críticas contra Podemos e formacións horizontais como Anova, contra as mareas e o asemblearismo. Despregan todo o seu poder mediático, cadaquén segundo o seu alcance, en contra da confluencia das forzas progresistas.

Os grupos políticos con maior inclinación cara a unha desas formas aberrantes, ou que presentan unha alta dose combinada de ambalas dúas, teñen algo en común: detestan a nova cultura política

Por outra parte, aquelas persoas ou organizacións que dende certas posicións de esquerdas ou nacionalistas expresan desconfianza ou rechazan abertamente as propostas de Podemos, incorren nunha contradición manifesta, pois foron partidarias no seu día de gobernos locais ou autonómicos pactados co PSOE. E non sempre ou case nunca puxeron sobre a mesa esixencias que agora si esgrimen con extraordinario purismo ideolóxico.

Ningúen lles reclamou ás cúpulas do PSOE, naqueles pactos, un compromiso entusiasta na defensa da lingua e a cultura das nacións oprimidas, como tampouco lles pediron que fixesen declaracións sinceras (imposibles) a prol do dereito a decidir dos pobos. Mesmo así gobernaron xuntos en Euskadi, Catalunya e Galicia: gobernos PNV-PSE (anos 80 e 90), tripartito PSC-ERC-ICV (2003-2006), bipartito PSdeG-BNG (2005-2009).

Se o pragmatismo fronte á dereita española máis retrógrada fixo obrigados ou convenientes aqueles pactos co PSOE, moito máis xustificado está agora o entendemento con Podemos

Se o pragmatismo fronte á dereita española máis retrógrada fixo obrigados ou convenientes aqueles pactos co PSOE, moito máis xustificado está agora o entendemento con Podemos, formación que, malia o seu discurso cualificado por algúns como de «indefinición calculada», se sitúa con claridade a mil quilómetros da verborrea falsaria do réxime, e aborda nidiamente cuestións cruciais pra lograr unha superación da crise por diversas vías de xustiza social, ademais de recoñecer sen reviravoltas o dereito de autodeterminación.

O 2015 non será, probablemente, o ano en que o proceso de ruptura co réxime do 78 se realice plenamente. Mais daranse, abofé, os pasos que han conducir a un novo tempo de cambios radicais e de alcance histórico.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.