Non é nada novo que en demasiadas ocasións, cando algún dos nosos políticos fala, deixános totalmente abraiados cas suas “sentenzas”, pero si hai algún que conseguiu superarse con creces e liderar o ránking dos despropósitos, ese e, sen dúbida ningunha, o flamante secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.
Nun ataque, non sei se de desproporcionada megalomanía ou de soberana estupidez (o certo e que ambas van, case sempre, estreitamente unidas), anúncianos a sua intención, no hipotético caso de que chegue a manexar as rendas do país, de propoñer que as vítimas de violencia de xénero sexan recoñecidas con funerais de Estado, a os que el acudiría, faltaba mais, en calidade de presidente.
Non sei qué pensaredes vós. Eu son muller, obviamente, e tamén fun vítima da violencia machista, con todo o horror que esto trae consigo, e o que máis me gustaría agora mesmo e ter a oportunidade de un cara a cara con este señor e preguntarlle se está a rir de todas nós, de todas as familias que están a quedar destrozadas por mor deste horror que estamos a padecer, de tantos e tantos fillos que perden a suas nais nas mans dun asasino e mesmo dos nenos que están, en demasiadas ocasións, a ser tamén as vítimas mortais dun malnacido que o único que busca e facerlle dano a sua parella. Síntome insultada, humillada, e, unha vez máis, maltratada.
Tan difícil lle resulta entender que do que se trata é de evitar que se sigan producindo asasinatos?
Señor Sánchez, tan difícil lle resulta entender que do que se trata é de evitar que se sigan producindo asasinatos, de que por fin, e dunha vez por todas, se tomen as medidas efectivas e reais para loitar contra este masacre? Pretende vostede rexer un país cando non é quen de poñerse nin por un momento na pel de cantas están a sufrir dun xeito inhumano?
Señor Sánchez, a dor de tanta xente, a morte máis tremenda, non e ningún espectáculo, nin ningún show con fins electoralistas. Descoñezo se vostede ten nai, irmans, ou mesmo amigas, pero non esqueza que calquera pode ser vítima de malos tratos nalgún momento da sua vida, e pódolle asegurar que toda a “fanfarria” que nos poda otorgar despois de mortas non é consolo para ninguén. E xa para rematar, e con toda humildade, permítame que lle dea un pequeno consello: Antes que político, debera vostede aprender a ser humano, sería bo para todos e para vostede o primeiro,porque polo momento, todo parece indicar que esa condición non forma parte da sua personalidade... E e unha mágoa!.