É importante escoller un secretario xeral con novas ideas e carisma para mellorar a imaxe dun partido, mais o PSOE vai seguir polo mal camiño si se centra so nesa elección, e se este feito non vai aparellado cunha transformación profunda.
Tamén está ben o das primarias, e co secretario xeral se elixa por tódolos militantes e non so polo consello federal, mais a xente interésalle a posición deste partido en temas transcendentais, e aí non se ven máis que dúbidas: Que vai facer para evitar a corrupción, que estaba por todas partes no último período de Felipe González, e agora por Andalucía, onde goberna, aínda que está estendida por moitos ámbitos da sociedade? Vai seguir defendendo os aforamentos, cousa que practicamente so acontece en España? Que opina sobre a limitación de mandatos e as listas abertas? Permitirá que Alfonso Guerra siga ata que morra no Congreso e dándonos leccións de ética, cando nin se decatou que seu irmán tiña graves problemas coa xustiza? Seguirá permitindo as portas xiratorias ós seus afiliados cando deixan un cargo público? Cal é a súa proposta sobre a elección dos órganos de poder xudicial, que hoxe en día están exclusivamente seguindo ordes dos dous grandes partidos e non permiten unha xustiza rápida e xusta? Vai permitir cos indultos sigan sendo tan numerosos e arbitrarios como deica agora? Os cargos públicos imputados, en vez de retiralos, polo menos ata o seu xuízo ou a súa desimputación, van seguir ocupando o cargo que teñen?, Pensa que as Deputacións, o Senado, os Delegados e Subdelegados do Goberno valen para algo, aparte de ser institucións caciquís e carísimas para a cidadanía? Vai seguir tendo alma republicana, mais… vai seguir votando para que se perpetúe a monarquía, e incluso multando os seus deputados que non obedecen esa consigna? Cal é a súa opinión sobre o dereito a decidir dos pobos e da xente sobre temas transcendentais, que por certo defendía no ano 1977? Vai seguir apoiando o concordato coa Santa Sede, ou vai propiciar un estado laico?
Que opina sobre a limitación de mandatos e as listas abertas? Permitirá que Alfonso Guerra siga ata que morra no Congreso e dándonos leccións de ética, cando nin se decatou que seu irmán tiña graves problemas coa xustiza? Seguirá permitindo as portas xiratorias ós seus afiliados cando deixan un cargo público?
Estas e outras preguntas son as importantes para a cidadanía e ás que os concelleiros, afiliados, simpatizantes e votantes dese partido queren tamén resposta, pois existe unha enorme diverxencia entre a opinión de moitas destas persoas e a inmobilista do aparato central do partido, que moita xente cre que está conchabado cos poderes fácticos.
Os partidos da dereita en xeral non teñen estas dúbidas, mais si o PSOE non as resolve, agárdalle o porvir do partido socialista italiano ou do PASOK grego. Aínda que a desaparición ou a falta de relevancia dos dous grandes partidos tampouco sería ningún drama, como alguén nos quere facer ver, sempre que os partidos que os substitúan non teñan os mesmos defectos de falla de democracia interna.