A importancia da creación do Consello de Saúde de Área de Santiago

O 21 de abril do 2015, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, a través do seu portavoz, Xosé Mª Dios Diz, solicitou ó Xerente da Area de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, Dr. Luis Verde a creación do Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela.

Segundo o artigo 25º, 8/2008 (2008!!!!!!!!!!), do 10 de xullo, da “Lei de Saúde de Galicia”, publicada no DOG o 24 de xullo de 2008: “Participación territorial. Os Consellos de Saúde de Área”, no seu punto1, fala de que os Consellos de Saúde de Área, son os órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a participación comunitaria no terreo das áreas sanitarias.

No seu punto 2, di que estarán integradas por: entidades locais, agrupacións ou federacións de asociacións veciñais con actuación no ámbito sanitario, organizacións empresariais, organizacións sindicais, o/a director/a de área, @s xerentes dos dispositivos, persoal responsable da área de saúde, representante da consellería de sanidade e asociacións de pacientes.

A Consellería de Sanidade, é a que ten que tomar a iniciativa de nomear @s membros (elixidos a proposta de cada unha das asociacións que o compoñen) dos Consellos de Saúde de Área, por un período de 4 anos máximo.

Consideramos que a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela debe estar representada no Consello de Saúde de Área de Santiago de Compostela.

As funcións dos Consellos de Saúde de Area, son: propor medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da área sanitaria, coñecer a memoria anual da area sanitaria, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións feitos na área, propor medidas para mellorar a xestión da área.

Tamén fala a Lei, de que exista unha composición paritaria nos Consellos de Saúde de Área.

O Decreto 168/2010, de 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, recolle no seu artigo 5º: Funcións e competencias da Xerencia de Xestión Integrada; no punto m): “Potenciar a participación social e dos cidadáns, mellorando os canles de información, propoñendo accións de formación aos cidadáns para a toma de decisións e potenciando a xestión eficaz e o funcionamento da Comisión de Participación Cidadán”.

Pois ben, o 8 de xuño do 2015, dende a Xerencia se envía un documento ós sindicatos (e entendemos que a outras asociacións.....), para que no prazo de 10 días se envíen as alegacións pertinentes ao “Proxecto de orden do......de....2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos Consellos de Saúde de Área”.(Xuño do 2015!!!!).

Será esta a ferramenta que teñamos @s cidadáns para poder participar no desenrolo da Sanidade Pública de Galicia?

Temos tempo e podemos chegar a evitar o desmantelamento do Sistema Sanitario, que tanto traballo custou construír (entre tod@s)?

Será a administración receptiva ás demanda da Plataforma, entre outr@s entidades, e faga caso a estas, que día a día, se esforzan por ter unha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta, e de Calidade?

Verémolo moi pronto.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.