O manexo destas complexas variables deixan entrever un repentino reacomodo nas relacións entre Turquía e EUA, baixo a perspectiva de reconfigurar o equilibrio estratéxico en Oriente Próximo
Existen unha serie de complexas variables detrás da repentina decisión do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan de romper as negociacións de paz coa comunidade kurda en Turquía, revitalizando a opción militar a través dunha serie de ataques contra bases do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) no Norte de Iraq. Paralelo a esta ofensiva, Turquía iniciou por vez primeira unha serie de ataques contra posicións do Estado Islámico en Siria, facendo causa común coa estratexia estadounidense impulsada por Barack Obama en outubro de 2014, consolidada co permiso turco outorgado a Washington e a OTAN para utilizar a súa estratéxica base aérea na localidade de Incirlik. En chave interna, e se ben o complexo contexto postelectoral turco e o recente atentado terrorista na localidade de Suruç na fronteira con Siria son factores que poden explicar algunhas destas variables detrás da inesperada decisión de Erdoğan, a mesma moi probablemente estaría mediatizada pola reconfiguración de intereses estratéxicos que se están observando actualmente en Oriente Próximo, particularmente impulsada por Washington, tomando en perspectiva a aceleración dos plans de ataque contra o Estado Islámico e o efecto xeopolítico traducido polo recente acordo nuclear con Irán e as expectativas de distensión con Teherán.
O manexo destas complexas variables deixan entrever un repentino reacomodo nas relacións entre Turquía e EUA, baixo a perspectiva de reconfigurar o equilibrio estratéxico en Oriente Próximo, particularmente alterado pola presenza do Estado Islámico (EI) así como das incertezas dirimidas por un eventual fortalecemento das demandas separatistas kurdas entre Siria, Turquía e Iraq.
A ofensiva paralela de Erdoğan contra o EI e o PKK abre un compás de tensión que pode estoupar nunha maior volatilidade rexional.
Con todo, a ofensiva paralela de Erdoğan contra o EI e o PKK, a cal colateralmente alcanza a outros movementos kurdos en Siria (PYD e YPG) que fan causa común coas aspiracións de Washington para repeler o avance dos yihadistas do EI, abre un compás de tensión que pode estoupar nunha maior volatilidade rexional.
Chave 1: inéditos pactos postelectorais turcos
Debe, por tanto, medirse en chave política interna e xeopolítica externa cales son os motivos da inesperada reacción de Erdoğan. Entre eles figura o enrarecido clima político postelectoral tralos comicios parlamentarios do pasado 7 de xuño, onde o gobernante partido islamita AKP perdeu a maioría parlamentaria, toda vez observouse o ascenso dun novo partido pro-kurdo, o Partido Democrático dos Pobos (HDP)
Tralas eleccións parlamentarias, Turquía aínda non ten conformado un novo goberno. Este contexto postelectoral define unha situación de debilidade política para Erdogan e un AKP que observa o ascenso de novas formacións políticas (HDP)
Posteriormente, o recente ataque terrorista contra asociacións culturais kurdas acaecido o pasado 20 de xullo na localidade turca de Suruç, fronteiriza con Siria, que deixou mais de 30 mortos, acelerou unha serie de acontecementos aproveitados agora por Erdoğan para reacomodar as súas pezas políticas, incluso en chave de adianto electoral.
Tralas eleccións parlamentarias, Turquía aínda non ten conformado un novo goberno. Este contexto postelectoral define unha situación de debilidade política para Erdogan e un AKP que observa o ascenso de novas formacións políticas (HDP) así como a leve recuperación de terreo político por parte de incómodos actores reaccionarios co seu goberno (o republicano CHP e a ultradereita do MHP, amparados polos grupos paramilitares dos “lobos grises”), ambos con fortes conexións dentro dun estamento militar politicamente e sucesivamente atenuado pola ata agora hexemónico poder de Erdoğan e do AKP.
Con dificultades para conformar coalicións de goberno e ante a perspectiva de ver perder maior piso político, Erdoğan veu no atentado de Suruç o atenuante chave para dar curso a unha estratexia de maior dureza, moi probablemente premido polos “poderes fácticos” presentes dentro do coloquialmente identificado como “Estado profundo” (derin devlet en turco) Velaí a súa decisión de aplicar unha simultánea e paralela ofensiva contra posicións do EI en Siria e do PKK no norte iraquí.
Erdoğan acusou directamente ao EI de perpetrar este atentado, o primeiro realizado polo grupo yihadista en territorio turco, toda vez a tibia reacción do HDP ante as declaracións realizadas por voceiros do PKK de reiniciar a loita armada tralo atentado de Suruç, dan conta dunha concatenación de factores que persuadiron ao presidente turco a apostar pola opción militar, incrementando así a tensión entre Ankara e as comunidades kurdas.
Este contexto abriu novas expectativas para Erdoğan de concretar pactos políticos de gobernabilidade, incluso contando co apoio do seu tradicional rival, o kemalista CHP. Con todo, e xa con anterioridade ao atentado de Suruç, apreciábanse crebas importantes no proceso de paz cos kurdos. Erdoğan instaba a suspender a inmunidade parlamentaria dos deputados do HDP, toda vez os ultranacionalistas do MHP premían fortemente ao presidente turco para prohibir politicamente ao novo movemento prokurdo. Anterior ao atentado de Suruç, o AKP e o CHP reuníronse en tres ocasións, coa presumible intención de achegar posicións políticas, perspectivas que poden agora incrementarse ante o actual contexto de dobre ofensiva simultánea contra o EI e o PKK, contando así co aval do estamento militar.
A presión política cara Erdoğan tralo atentado de Suruç e a indefinición do proceso de paz cos kurdos iniciado en 2013 son factores que afírmanse como relevantes á hora de eventualmente influír na súa decisión de romper as negociacións de paz cos kurdos
Baixo esta perspectiva, a presión política cara Erdoğan tralo atentado de Suruç e a indefinición do proceso de paz cos kurdos iniciado en 2013 son factores que afírmanse como relevantes á hora de eventualmente influír na súa decisión de romper as negociacións de paz cos kurdos e de atacar as posicións do PKK no norte iraquí. En chave política interna, Erdoğan espera igualmente provocar un descontento cidadá contra o HDP, partido que logrou aglutinar un voto importante de diversos sectores sociais descontentos co partido islamita, abrindo así a posibilidade de contar con eses “votos perdidos” en caso dun hipotético adianto electoral.
Chave 2: Washington move os seus fíos
Paralelamente, e á espera do que suceda no volátil escenario postelectoral turco e na reactivación dos combates de Ankara contra o PKK, detrás da ofensiva turca contra o EI en Siria semella constituírse a pretensión de Washington por lexitimar a súa estratexia contra os yihadistas, contando co apoio dun socio estratéxico como Turquía, membro da OTAN pero cuxa política exterior adquiriu nos derradeiros tempos determinados síntomas de autonomismo, en particular polo seu achegamento cara Rusia, China e Irán, que causan preocupación aos intereses occidentais.
Washington e a OTAN precisan sumar apoios firmes por parte de países estratéxicos como Turquía, para lexitimar a “doutrina Obama” contra o Estado Islámico
Neste sentido, a cómplice mirada de Washington ante a recente ofensiva turca contra o EI e as “condolencias” enviadas pola OTAN a Ankara tralo atentado de Suruç revelarían a presumible existencia doutros resortes, de claro compoñente estratéxico dende o exterior, que persuadiron a Erdoğan a aplicar a opción militar. Neste sentido, debe calibrarse en qué medida Washington e a OTAN puideron definir aspectos relevantes que persuadiron a aplicar a inesperada decisión de Erdoğan
En perspectiva, Washington e a OTAN precisan sumar apoios firmes por parte de países estratéxicos como Turquía, para lexitimar a “doutrina Obama” contra o Estado Islámico, revestida en outubro de 2014, e que para mediados de 2015 precisaba acicalar unha fase mais contundente. En chave xeopolítica e estratéxica, esta perspectiva está colateralmente definida dentro do acordo nuclear alcanzado por Irán e o G5+1 a mediados de xullo en Viena (Austria).
Dentro do expectante e incerto proceso de distensión que hipoteticamente poda agora abrirse entre Washington e Teherán, o apoio iraniano á ofensiva estadounidense contra o EI en Siria resulta imperativamente estratéxico, escenario que moi probablemente tamén influíu na decisión de Erdoğan.
Esta visión igualmente sería compartida polo poderoso estamento militar turco, cuxas conexións políticas (CHP, MHP, OTAN, Washington) moi probablemente foron reactivadas tralo atentado de Suruç. Tanto ou máis que as ameazas do EI, os militares turcos amósanse preocupados polo visible fortalecemento dos movementos e as milicias kurdas (PYG, PKK e PYD) dentro da contorna fronteiriza turca con Siria e Iraq, particularmente polo seu radio de incidencia cara o Kurdistán turco e iraquí.
Tanto ou máis que as ameazas do EI, os militares turcos amósanse preocupados polo visible fortalecemento dos movementos e as milicias kurdas (PYG, PKK e PYD) dentro da contorna fronteiriza turca con Siria e Iraq
Neste sentido, a firme defensa das milicias kurdas contra a ofensiva yihadista na localidade siria de Kobâne entre finais de 2014 e comezos de 2015, foi percibido en Ankara como unha posibilidade factible para que os diversos movementos kurdos puideran concretar posicións comúns que deran pe a opcións independentistas. Esta perspectiva, a do fortalecemento dos movementos kurdos na rexión, así como a alteración do equilibrio estratéxico por parte do EI, son factores que igualmente causan preocupación en Siria e Irán, razón pola que Damasco e Teherán, aliados tradicionais na rexión, igualmente amosaron un aparente silencio cómplice ante a ofensiva turca contra o EI e o PKK.
En medio da ofensiva turca contra o PKK no Norte de Iraq, o actual primeiro ministro turco, Ahmet Davutoĝlu, recibiu en Ankara a Massud Barzani, líder do KDP, tradicional rival político do PKK dentro do contexto político e militar do Kurdistán turco e iraquí, un aspecto que suxeriría preventivamente unha eventual estratexia turca de sacar rédito político das rivalidades internas entre os distintos movementos kurdos, apostando agora por actores probablemente mais afíns aos seus intereses (KDP) mentres recrean disputas e crebas internas dentro do volátil mapa político kurdo.
Chave 3: Israel, Siria, Irán
Así e todo, está por ver en qué medida a ofensiva contra o EI e o PKK pode igualmente influír nas recentemente controvertidas relacións entre Turquía e Israel, estratéxicos aliados políticos e militares pero cuxas relacións diplomáticas víronse severamente danadas desde 2009, tralas ofensivas militares israelís contra Gaza e polo persuasivo e leve achegamento de Ankara con Teherán.
Desde a caída do réxime de Saddan Hussein en Iraq, Tel Aviv activou un discreto achegamento cara as milicias kurdas no Kurdistán iraquí, en particular co PKK
Desde a caída do réxime de Saddan Hussein en Iraq, Tel Aviv activou un discreto achegamento cara as milicias kurdas no Kurdistán iraquí, en particular co PKK. Estes achegamentos cobraron maior intensidade pública a través de diversos convenios de cooperación económica entre Israel e a Rexión Autónoma do Kurdistán iraquí. Ante a perspectiva de desmembración territorial entre Siria e Iraq por mor da ofensiva do EI e da defensa das milicias kurdas dos seus territorios, a mediados de 2014, o primeiro ministro israelí Benjamín Netanyahu chegou a afirmar publicamente que o Kurdistán posúe dereitos históricos para constituírse nun Estado independente, unha declaración obviamente mal recibida en Ankara, Damasco e Teherán.
A dobre “guerra” de Erdoğan contra o EI e o PKK semella mais ben definirse dentro dos parámetros estratéxicos deseñados por Washington e a OTAN na pretensión por reconfigurar o mapa xeopolítico de Oriente Próximo post-Primavera árabe
É igualmente perceptible o silencio notorio de Tel Aviv ante a presenza do EI entre Siria e Iraq, tomando en conta que o mesmo debilitaría a un inimigo rexional como o réxime de Bashar al Asad en Damasco, así como colateralmente afectaría aos intereses iranianos. Con todo, Israel mantén unha forte fricción con Washington ante as expectativas de distensión de Obama con Irán, o principal inimigo estratéxico israelí.
A recente voadura por parte de milicias do PKK do estratéxico oleoduto Kirkuk-Ceyhán que transporta mais de 300.000 barrís diarios de petróleo desde o Kurdistán iraquí ao Mediterráneo pasando por territorio turco, da a entender unha confrontación a longo prazo dentro da reactivación da guerra entre Ankara e o PKK. Con todo, a dobre “guerra” de Erdoğan contra o EI e o PKK semella mais ben definirse dentro dos parámetros estratéxicos deseñados por Washington e a OTAN na pretensión por reconfigurar o mapa xeopolítico de Oriente Próximo post-Primavera árabe.