A Literatura insólita de Armando Requeixo

Capa de 'Literatura insólita' de Armando Requeixo © Galaxia

Vós sabiades que houbo un moi recoñecido autor que se disfrazaba para escribir as súas obras? Vós sabiades que houbo un escritor que escribiu un libro que ninguén foi quen de entender? Vós sabiades que hai unha escritora galega que chama polo seu can para que lle quite o medo diante do folio en branco? 

Vós sabiades que houbo un moi recoñecido autor que se disfrazaba para escribir as súas obras? Vós sabiades que houbo un escritor que escribiu un libro que ninguén foi quen de entender? Vós sabiades que hai unha escritora galega que chama polo seu can para que lle quite o medo diante do folio en branco? Vós sabiades...? O mozo Dylan diría que as respostas están no vento. Eu podo dicirvos que estas e moitas outras respostas a un innúmero de preguntas insólitas atópanse nun libro escrito en galego.

Si, acaba de ver o sol un libro de libros, un libro sabio, un libro insólito escrito por un escritor insólito. Penso que non esaxero se digo que hai moi poucas persoas que se atrevan cun proxecto desta envergadura, que require centos de horas de lecturas e de documentación. Necesítanse curiosidade sen límite, rigorosidade, amenidade... talento. Precísanse moito valor e moitas forzas para parir unha obra así. 

Capa de 'Literatura insólita' de Armando Requeixo © Galaxia

Acaba de ver o sol un libro de libros, un libro sabio, un libro insólito escrito por un escritor insólito. Penso que non esaxero se digo que hai moi poucas persoas que se atrevan cun proxecto desta envergadura, que require centos de horas de lecturas e de documentación. Necesítanse curiosidade sen límite, rigorosidade, amenidade... talento

Hai moi poucas persoas que teñan interese por tantos e tan variados asuntos que se agochan detrás do feito literario. Sacar á luz a intrahistoria da literatura universal dende a cultura grecolatina, e aínda antes, ata os nosos días ten moito aquel. Hai moi poucas persoas que sintan o compromiso e a necesidade de plantar no xardín da literatura galega unha planta tan insólita coma esta. Só un lector-escritor tan insólito como Armando Requeixo é quen de saír vitorioso dunha aventura así.

E, por que é insólita a Literatura insólita do autor mindoniense? En primeiro lugar, é este un libro insólito porque é único nas nosas letras. Ademais, é un libro insólito porque trata temas tan insólitos como os libros fantasma, os negros literarios, os plaxios, as filias e as fobias das escritoras e escritores, as manías, as premonicións literarias, os cemiterios literarios... 

Fuxindo da exposición académica, Armando Requeixo pon ó alcance de calquera persoa lectora e minimamente interesada polo feito literario a intraliteratura da literatura universal, incluída a galega; é dicir, todo aquilo que se esconde detrás dos libros e das súas autoras e autores

Fuxindo da exposición académica, Armando Requeixo pon ó alcance de calquera persoa lectora e minimamente interesada polo feito literario a intraliteratura da literatura universal, incluída a galega; é dicir, todo aquilo que se esconde detrás dos libros e das súas autoras e autores. As e os creadores, as e os escritores, por riba de todo, son persoas; a maioría, xente do común; ora ben, haber hainos (especiais)... o caso é dar con eles. E Armando buscou e rebuscou e deu con eles e con elas e coas súas cousas e cousiñas, coas súas circunstancias circunstanciais e coas súas causas e consecuencias. 

Certamente, ler esta Literatura insólita de Armando Requeixo supón realizar unha intrigante, formativa e moi entretida viaxe no tempo e no espazo polos labirintos da creación literaria. Unha viaxe que nos axuda a entender que as escritoras e escritores, por riba de todo, son persoas que viven, padecen, son felices e infelices, choran e rin como calquera mortal; pero, a vez, teñen tamén (algunhas/os), curiosidades biográficas tan extravagantes que a calquera lectora ou lector nos gusta coñecer porque, tampouco podemos esquecelo, son referentes sociais. Autoras que se pecharon en si mesmas e renunciaron ó contacto co mundo para escribir, autores que inventaron o futuro nos seus libros, autores que amaron e odiaron a través da escrita… 

Un libro necesario e útil para a literatura galega. Un libro amable e moi ameno. Unha gozada de libro. Un libro que só un tsunami da palabra e da obra como o é Armando Requeixo podería ter escrito

En fin… autoras e autores que queimaron todo o que escribiran antes de morreren ou encargaron que, despois do seu pasamento, queimasen as súas obras . 

Sen dúbida, un libro necesario e útil para calquera lectora ou lector. Un libro necesario e útil para a literatura galega. Un libro amable e moi ameno. Unha gozada de libro. Un libro que me atrevo a dicir que só un tsunami da palabra e da obra como o é Armando Requeixo podería ter escrito. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.