Ethel Smyth (1858-1944) foi unha compositora inglesa. A súa obra “The march of the women” (1911) converteuse no himno do movemento sufraxista do Reino Unido.
Musicalmente foi amplamente recoñecida no seu tempo, pero a crítica minimizou a súa obra como “música de muller compositora”, algo que Smyth rexeitou e cualificou como “fóra de lugar”
Como naquela época non estaba ben visto que as mulleres fosen ao conservatorio, algunhas aprendían recibindo clases dun músico particular. Foi o caso desta música que recibiu a súa primeira formación musical da man de Alexander Ewing, e isto despois de manter unha dura batalla co seu pai, quen se opoñía de forma férrea a que a filla iniciase carreira no plano musical. Foi Ewing quen convenceu o pai do gran talento da súa filla e en 1877, este, por fin, permitiu que fose estudar a Alemaña, ao conservatorio de Leipzig. Aquí coñeceu a Grieg, Tchaikosvki e Dvorak. Un ano despois abandonou o conservatorio, decepcionada polo profesorado e alumnado. Pero continuaría os seus estudos con Heinrich Herzogenber, quen lle presentou a compositora e pianista Clara Wieck, -citada aínda hoxe como Clara Schuman, isto é, polo apelido do seu home-, a Johannes Brahms e a Joseph Joachim. En Alemaña estrea en xuntanzas privadas moitas das súas composicións.
En 1911 compuxo a “A Marcha das Mulleres” (The march of the women), cuarto movemento da obra Songs of sunrise, despois convertida en himno do sufraxismo. Cando ella estaba na cadea, as sufraxistas cantaron dende fóra A Marcha. Ela, dende a fiestra, diríxiunas cun cepillo de dentes
Volveu a Inglaterra en 1890, instalándose definitivamente aquí para seguir coa composición musical. A súa obra abrangue seis óperas, unha misa, unha sinfonía, tres cuartetos de corda e numerosas cancións. Musicalmente foi amplamente recoñecida no seu tempo, pero a crítica minimizou a súa obra como “música de muller compositora”, algo que Smyth rexeitou e cualificou como “fóra de lugar”. A eterna constante da crítica á arte creada por mulleres, como se nosoutras non fósemos diversas e propias, e todas, unha a unha singulares e diferentes. E todo metido tamén nesa única caixa “arte de mulleres”.
As súas obras reflicten os seus ideais feministas anovando o panorama musical dende unha perspectiva de xénero.
Foi a primeira muller en estrear en 1903 unha das súas obras, Der Wald, na Metropolitan Opera de Nova York
En 1910, tras coñecer a Emmeline Pankhurst, entrou na organización militante sufraxista Wom´ns Social and Politicas Union. En 1911 compuxo a “A Marcha das Mulleres”(The march of the women), cuarto movemento da obra Songs of sunrise, despois convertida en himno do sufraxismo. Cando ella estaba na cadea, as sufraxistas cantaron dende fóra A Marcha. Ela, dende a fiestra, diríxiunas cun cepillo de dentes. Ela foi unha das sufraxistas que tiraron pedras aos vidros das fiestras dos políticos. Participou en 1913 na colocación das bombas na casa do Ministro de Facenda, David Lloyd George, acto polo que foi condenada a tres anos de cárcere.
Entre 1913 e 1914 escribiu The Boatswain´ns Mate, ópera que reflicte a influencia do seu compromiso político sufraxista e que se converteu, a partir da súa estrea (1916), na súa ópera máis representada.
Son de destacar os seus escritos na prensa defendendo os dereitos das mulleres músicas a incorporárense ás orquestras profesionais e pedindo a igualdade de oportunidades para as compositoras
Tras estalar a Primeira Guerra Mundial, a loita sufraxista pasou a un segundo plano, entrando a traballar como asistente de radióloga no hospital de Vichy. Como consecuencia disto perdeu capacidade auditiva. Estivo vencellada nesta época á Décima Terceira División do exército francés de Vichy. A guerra foi devastadora para ella, dada a especial relación que tiña con Alemaña, perdendo ademais varios concertos que tiña programados por ese país.
Foi a primeira muller en estrear en 1903 unha das súas obras, Der Wald, na Metropolitan Opera de Nova York. E a primeira compositora en ser recoñecida como Dama da Orde do Imperio Británico en 1922.
Unha vida extraordinaria para non ser silenciada e que precisa da nosa memoria no plano social e musical
Son de destacar os seus escritos na prensa defendendo os dereitos das mulleres músicas a incorporárense ás orquestras profesionais e pedindo a igualdade de oportunidades para as compositoras.
A perda de audición incapacitouna para a composición nos seus últimos anos.
Unha vida extraordinaria para non ser silenciada e que precisa da nosa memoria no plano social e musical.