É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español. A aristocracia castelá e a Igrexa da Contrarreforma nunca ollaron positivamente cara o emprendemento. Xa na época contemporánea, as grandes elites económico-financeiras do Estado sempre pularon polo proteccionismo alfandegario e polos negocios regulados dende o Poder, priorizando o o cultivo das influencias políticas a respecto da innovación. Neste contexto, o emprendedor que non acreditaba na mera busca de rendas dende as súas relacións privilexiadas percíbese con desinterese, cando non con aberta desconfianza. “Al amigo el c..., al enemigo por el c... y al indiferente, la legislación vigente”, contan as lendas urbanas que dicía o conde de Romanones, resumindo o sentir das elites político-financeiras, da casta, naquela España de primeiros do século XX.
É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español
Contrasta este clima español co desenvolvido noutros territorios da Europa, acolledores a respecto de quen arriscaba os seus medios e posición por un proxecto empresarial. Foron estas, pois, as sociedades, como nos aprendeu Schumpeter, que progresaron dende a avaliación do risco, da seguranza xurídica e do cumprimento das regras do xogo. Porque o aprecio polo emprendedor vai na Europa sempre unido á legalidade reguladora da libre concorrencia e ao sentimento de pertenza á comunidade.
Na Galicia dos últimos corenta anos e a niveis locais tense dado moito, tamén, a desconfianza cara ás persoas, máis ou menos novas, que tentaban mellorar a súa contorna con proxectos empresariais que seica non eran do gosto das elites territoriais correspondentes
Na Galicia dos últimos corenta anos e a niveis locais tense dado moito, tamén, a desconfianza cara ás persoas, máis ou menos novas, que tentaban mellorar a súa contorna con proxectos empresariais que seica non eran do gosto das elites territoriais correspondentes, sempre atentas a que non se movera nada que non puideran controlar.”Que vides facer aquí”, “como non avisastes que queriades comprar iso”...son expresións anecdóticas que todos temos escoitado.
A cultura emprendedora tería de ser coidadosamente cultivada na Galicia, que habería ser o país europeo onde máis doado fose crearmos unha empresa
Velaí a realidade actual, na que se confunden os emprendedores cos falsos autónomos (realidade que xurde da desregulación laboral) e cos buscadores de rendas a carón do Poder. Cando a cultura emprendedora tería de ser coidadosamente cultivada na Galicia, que habería ser (dende o rigoroso respecto á legalidade fiscal, laboral e ambiental) o país europeo onde máis doado fose crearmos unha empresa.