A polio e a nova lei de memoria democrática

Vacinación contra a polio, nunha imaxe dun documental emitido por TV3 © CCMA

O vindeiro 24 de outubro, celébrase o Día Internacional da Loita da Poliomielite e os seus efectos, polo que sería bo, lembrar algúns datos que vou a expor a continuación.

O pasado 20 de xullo e no Consello de Ministros aprobábase o Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática. Esta Lei, hai unha disposición, a undécima que para os afectados de poliomielite, ten un significado especial: 

Disposición adicional undécima. Reconocimiento a las personas afectadas por el poliovirus durante la dictadura franquista. 

En reconocimiento del sufrimiento padecido por las personas que fueron afectadas por el poliovirus durante la pandemia que asoló a España a partir de los años cincuenta del siglo XX, el Gobierno promoverá investigaciones y estudios que esclarezcan la verdad de lo acaecido respecto de la expansión de la epidemia durante la dictadura franquista, así como las medidas de carácter sanitario y social en favor de las personas afectadas por la polio, efectos tardíos de la polio y post-polio, que posibiliten su calidad de vida, contando con la participación de las entidades representativas de los afectados sobrevivientes a la polio.”

Esta Lei, xa foi publicada no Boletín Oficial das Cortes Xerais con data de 30 de agosto de 2021, para a súa discusión no Pleno do Congreso dos Deputados e no Senado.

Pois ben, neste pais, o goberno franquista de aqueles tempos, cometeu unha neglixencia sanitaria, negando tal epidemia, tal como se menciona no documental da TV3 (Televisió de Catalunya) feito no 2014, que leva por título “Polio, crónica de una negligencia”. Neste documental hai intervencións de varios afectados, onde mencionan as peripecias que tiveron que andar, os problemas de mobilidade que teñen na actualidade ou a chamada Síndrome Post-Polio (S.P.P.) que ven sendo un repunte da poliomielite nos membros que non foron afectados e a rehabilitación que se fixo na idade infantil ou adolescencia pois xorde un efecto como se desaparecese de golpe, sen que se poda facer nada, hai que ter en conta que a SPP hoxe en día non ten cura, e é unha enfermidade progresiva.

O 15-05-2021, dentro do programa “Los reporteros” a canle autonómica de Andalucía Canal Sur Televisión emite un reportaxe sobre a poliomielite e os seus efectos. Dentro do programa conta dunha partida de vacinas antipolio que chegaron ao Estado Español, pero o réxime franquista o que fixo foi distribuílas aos afectos ao réxime franquista, pero moitos non puideron ter a vacina, dado que non era gratuíta, e o seu custo era sobre unhas 9 pesetas, daqueles tempos.

Non vou a mencionar os tratamentos cirúrxicos que se facían por aqueles tempos, algunhas das intervencións como as operacións de “alargamento” que consistía en atravesar con dúas agullas longas a tibia, e cada certo tempo dábanlle unha serie de voltas, co conseguinte que os doentes sufrían unha serie de dores insoportables.

No Estado Español houbo unha epidemia de poliomielite entre os anos de 1954 a 1964, cousa que o goberno franquista neses anos negou tal cousa, resultado de todos isto: mais de 300.000 casos, sen contar as mortes producida

Pero tal como mencionei no escrito ao principio, e o que pon a disposición undécima da citada Lei de Memoria Democrática, que fala de que: “…el Gobierno promoverá investigaciones y estudios que esclarezcan la verdad de lo acaecido respecto de la expansión de la epidemia durante la dictadura franquista,…” o goberno do Estado, pois o vai ter moi difícil para chegar a unha verdadeira investigación, dado que o chamado INSALUD pois foi transferido as propias CC.AA., e no caso de Galiza o SERGAS, moitos deses historiais médicos foron destruídos (cousa que considero que foi un erro por parte do SERGAS) cando se deberían ter dixitalizado, para que hoxe en día os médicos de agora (traumatólogos ou neurólogos) tiveran acceso a esa información, cousa que agora non se pode facer, e terán que fiarse no que lle digan os afectados de polio, cando acudan ao seu médico de familia ou especialista por calquera doenza relativo a súa discapacidade.

Falar dun censo de afectados de polio, tal como o solicitan varios colectivos de afectados de poliomielite, pois debería ser o que poñen os certificados de discapacidade ou Informes de Saúde do SERGAS ou o organismo correspondente de cada comunicade autónoma.

Falar de indemnización por parte do Estado Español aos afectados de poliomielite debería constar no seu desenrolo da propia Lei, dado que os afectados de poliomielite do Estado Español, non son responsables do que pasou nos anos de 1954 a 1964, e que o propio goberno franquista negou tal epidemia; dado que fora do Estado Español xa en 1954 estaban a distribuír a vacina, pero no Estado Español non se distribuíu agás certas doses aos afectos do réxime franquista, como mencionei antes.

En resume, aquí no Estado Español houbo unha epidemia de poliomielite entre os anos de 1954 a 1964, cousa que o goberno franquista neses anos negou tal cousa, resultado de todos isto, mais de 300.000 casos, sen contar as mortes producidas. A “democracia” non pode esquecer aos “los niños de la polio” de eses anos mirando para outro lado, dado que o propio Estado Español é o responsable dos efectos da polio e as súas consecuencias que están a sufrir hoxe en día os propios afectados de polio. Pedir unha indemnización é de xustiza, polo que as autoridades gobernativas deberían xa proceder sen mais demora, dado que moitos afectados xa se ven confinados a cadeiras eléctricas e a mobilidade cada vez é con mais dificultade.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.