Hai uns días o novo portavoz in pectore do Partido Popular de Galicia nunhas declaracións afirmaba que “as mareas eran os restos do naufraxio da esquerda”.
A verdade é que o barco que pilotaba a esquerda desde 1875 tiña moito de Titanic, ostentoso por fóra pero inconsistente na súa estrutura, e que estaba predestinado ao afundimento
As mesmas tiñan unha intencionalidade clara, están enmarcadas no debate preelectoral no que xa estamos inmersos, e apuntan a liña de flotación das Mareas. Non deberíamos, non obstante, refugar o debate que a afirmación en si comporta.
Por suposto que a esquerda esta sumida nun naufraxio global. Un naufraxio que se inicia coa caída do muro de Berlín e que desactiva como alternativa a esquerda, tanto a de cultura socialdemócrata como a de cultura comunista.
A verdade é que o barco que pilotaba a esquerda desde 1875 tiña moito de Titanic, ostentoso por fóra pero inconsistente na súa estrutura, e que estaba predestinado ao afundimento; pero non é ata a globalización non que o iceberg do capitalismo foi capaz de abrirlle unha vía de auga irreversíbel.
Asistimos a un proceso de [re]construción da esquerda galega e planetaria que dáse nun contexto marcado por dous marcos claramente definidos: un proceso de crise sistémica global e multifocal que sitúa ao capitalismo nun colapso multifuncional; e a súa vez, paradoxalmente, no período de maior hexemonía cultural do gran capital.
Así que aquí estamos, en botes de salvamento (múltiples nanopartidos) sobrevivindo á espera da reconstrución dunha nova embarcación
Así que aquí estamos, en botes de salvamento (múltiples nanopartidos) sobrevivindo á espera da reconstrución dunha nova embarcación.
Asistimos, e seguiremos asistindo, a botaduras de diferentes embarcacións (AGE, Podemos, Mareas …), ao igual que pasa noutras latitudes, pero dunha cousa podemos estar seguros: o partido da esquerda galega, ao igual que os distintos partidos das esquerdas europeas e globais, do novo século aínda non saíron do estaleiro.
Namentres a esquerda non teña avanzado un modelo alternativo real ao capitalismo seguiremos soamente resistindo
Estamos experimentando, despois do naufraxio, estamos reconstruíndo códigos e afirmándonos en novos paradigmas, pero namentres a esquerda non teña avanzado un modelo alternativo real ao capitalismo seguiremos soamente resistindo.
Non é pouco pero é insuficiente.