“O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos”. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rianxo 1886 e finado no exilio en Buenos Aires en 1950. Pai do nacionalismo galego.
Unha das características de “algúns” políticos é a de crear eufemismos para definir situacións que perxudican á cidadanía. O PP é especialista nisto e en conseguir “que a xente as crea” ou iso parece polas maiorías absolutas na Galiza
Unha das características de “algúns” políticos é a de crear eufemismos para definir situacións que perxudican á cidadanía. O PP é especialista nisto e en conseguir “que a xente as crea” ou iso parece polas maiorías absolutas na Galiza. O de ter a casi todolos medios de comunicación do País nas súas mans (cartos) tamén inflúe... Pero algo relevante que fan dende fai 16 anos, é o de dicir que van facer algo (casi sempre moi importante) e logo non facer nada (disto último ninguén parece acordarse e o PP menos).
A Lei dí que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), sexa asumido pola Xunta e o goberno central na cuestión económica e que a xestión sexa a cargo dos concellos. Actualmente na Galiza, temos 25.000 persoas que o utilizan e a Conselleira de Política Social, fártase de dicir: “...que hai un compromiso firme de incrementar a financiación pois sabemos que é un lastre importante para os concellos”. Cal é a situación? Falta de orzamento para que o SAF chegue a todalas persoas que o necesitan. Colapso de concellos que non poden facer frente ós gastos. Imos a...incrementar os recursos? Bla, bla, bla!
Dentro das múltiples tarefas pendentes das administracións, está a de conseguir que “as galegas cobren o mesmo que os galegos”. A realidade é que as traballadoras galegas cobran de media 5.000 e. anuais menos. A administración do PP, cánsase de dicir (sobre todo cando estamos cerca do 8 de marzo) que “ísto non se pode consentir e que farán o que está na súa man para resolver a desigualdade. Imos a poñer os medios…”. Que mentira!
Ante as agresións ao persoal sanitario, que está aumentando de forma preocupante, dín que “imos a: blindar por lei as medidas ante as agresións”. A “solución” estrela: “colocar un botón do pánico, nos ordenadores”. Si ésta é a forma de resolver un problema tan grave, mal imos…
Falar non ten cancela. Dicir que “imos a…” tampouco. Que os cidadáns galegos estén de acordo no feito polo PP é responsabilidade de cada persoa, pero á hora de ir votar, temos que pensar nas consecuencias de a quén e para qué políticas, damos o voto!
Os gobernantes teñen, entre outros moitos cometidos, o de investir en Servizos Públicos: Sanidade, Educación, Pensións Dignas, Dependencia, etc. Dende o PP sempre dín: “imos a investir tal cantidade nos servizos básicos da nosa comunidade”...pero a realidade é que somos a antepenúltima Comunidade Autónoma (detrás de Andalucía e Madrid) en investimentos por habitante (no 2024): 3.456 e. (1.266 e. menos que Nafarroa). A frase de “Imos a…” pode repetirse: o resultado real é o que é!
E Pemex? Cantos barcos serían construídos na Galiza… e que se fixo? Ningún barco e os dirixentes en México foron o cárcere. E mira que se lle sacou proveito en vísperas eleitorais...pero de “imos a construir…” nada de nada!
No tema das Caixas de Aforro que tiñamos, que se venderon de forma descarada e que privatizaron o aforro de miles de galegos, que se fixo? O PP dixo que non se perderían cartos, pero do “Imos a...” vemos que a realidade é que non temos xá ningunha entidade bancaria de referencia Galega.
Feijoo dixit: “imos facer unha Residencia de Maiores, Pública, en cada unha das sete Áreas Sanitarias”. Que se fixo? Cero Residencias. A rendabilidade política sí que a gañou pero ata as que realizaron persoas privadas e que doaron a Pública, foron vendidas a entidades privadas e relixiosas. Queda o rédito político e do prometido nin está nin se lle espera!
O tema das autopistas é unha das maiores hipocresías/estafas do PP. Sendo eles os que fixeron a última prórroga da concesión (o PSOE tamén fixo) pasan de ser “incendiarios a ser os apagalumes e abandeirados da recuperación para o pobo galego…”. Tarde piaches! Nin cunha sentencia firme dun xuiz se consigue. Sabremos algunha vez que lle deben o PP-PSOE a unha entidade extranxeira que sigue sendo a dona e explotadora dos galegos por usar unha vía que está xa amortizada dende fai moitos anos? “Imos a…” e despois nada!
O PP revalorizaba as pensións un 0.25% cada ano...e pensaba que iso era o xusto e así llo refrendaron os galegos nas urnas, pero a todas luces esa revalorización é miserable, comparada co IPC. A culpa: as políticas que non frean a subida de forma continuada dos prezos.
Falar non ten cancela. Dicir que “imos a…” tampouco. Que os cidadáns galegos estén de acordo no feito polo PP é responsabilidade de cada persoa, pero á hora de ir votar, temos que pensar nas consecuencias de a quén e para qué políticas, damos o voto!