A río revolto, ganancia de pescadores

Manifestación pola sanidade pública, este 12 de febreiro en Compostela CC-BY-SA Praza.gal

Despois do éxito da multitudinaria manifestación en Compostela, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (e non so polo BNG, como dixo o amortizado conselleiro de sanidade), teño que clarificar algunhas das posturas adoptadas por determinados colectivos que queren aproveitar a dinámica de protestas xeralizadas en todo o País, para conseguir rendimentos particulares e afondar na privatización do Sistema Sanitario Público. Refírome ós Colexios de Médicos (que pagamos xs colexiadxs de forma OBRIGATORIA); unha entidade anacrónica tal e como está concebida, integrada por persoas que non representan nin o 10% do colectivo e que ca súa política apoian de forma (des)interesada as iniciativas do goberno do PP (aparte de vacacións en apartamentos en Benalmádena e campionatos de golf, xunto con homenaxes ós Reis Magos e rutas turísticas polo estado español). Nunca xs vemos defendendo os intereses dxs traballadorxs e menos liderando iniciativas que supoñan melloras nas condicións laborais dxs que traballan só na Pública!

Tamén apuntáronse o éxito da Plataforma, sindicatos minoritarios que se caracterizan por defender a iniciativa privada, parasitando o Sistema Público, e solicitando, día sí e día tamén, poder traballar na Pública e na privada (ademáis de cobrar o complemento de exclusividade: que naceu para fidelizar xs traballadorxs da Pública) contando co visto bo dos Colexios Médicos e da administración do PP.

Tamén podemos incluir a aqueles colectivos que deron a espalda a cidadanía e a Mesa de Negociación aberta entre o SERGAS e as entidades sanitarias na Galiza. Si os acordos co SERGAS son escasos, so é por vontade da administración do PP, que ten, nun caixón, as conclusións das 15 Comisións Técnicas do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia (único órgano que está no DOG para negociar co SERGAS). De facerlle caso (e non só son cartos o que se precisa) teríamos un Novo Modelo de AP que estaría elaborado polos diferentes colectivos que participamos no Consello Técnico.

Non quero deixar de comentar, que a principal disculpa do SERGAS e do Sr. Rueda é a “falta de Médicxs”: MINTEN. Na convocatoria MIR 2023, o estado, oferta 8.550 prazas (a cifra máis alta dende que comenzou este sistema) e presentáronse 12.250 licenciadxs. O propio sistema, déixa fora 3.700. Pero na Galiza, ofertou o sr. Rueda 106 prazas (sin fase de oposición), presentáronse 350 (deixou fora 244…) e só entraron 90. Está claro que xs profesionais, nas condicións actuais de precariedade e baixos salarios, non ven o seu futuro na AP...sobre todo na Galega. E aínda temos que escoitar a desfachatez do sr. Feijoo: “o PP quere gobernar: porque a sanidade, cando non funciona, o que fai é lista de espera. E a lista de espera é a maior privatización da sanidade". Ademáis, estanse convocando as prazas na Galiza...das convocatorias ordinarias de 2020, 2021 e 2022 (que non se fixeron…); foron convocadas no DOG o 05/01/23. Inclúen, entre outras, 150 prazas de médicxs de familia e 155 de facultativxs especialistas de área: a todas luces insuficientes para as necesidades actuais. 

O PP goberna dende o 2009 en que a Débeda Pública era de 2.900 millóns de euros...no 2023: 12.000 millóns de euros… Gastaron 9.100 millóns máis do que ingresaron! Cada orzamento anual na Galiza, é de 11.000 millóns de euros: a pregunta do millón é: que se fai con estes cartos? Que hai máis importante que a saúde da poboación?

Os últimos datos de listas de agarda no Sergas, están en 75 días para operacións e de 55 para consultas especializadas. En AP, o propio Sergas admite que o 13% das citas de AP tardan máis de 4 días. E sin contabilizar xs pacientes de: “xa lles chamaremos”. Estos datos incumplen a propia Lei elaborada polo PP de “Garantía de prestacións sanitarias”. Pouco lles importan as propias Leis cando non lles favorecen!

E que ocorrencia tiveron esta semán? Intentar eliminar a dedicación exclusiva dxs Médicxs, para favorecer o traballo dxs mesmxs no sector privado. E nós lle dicimos que: trátase dunha actuación negativa (e ilegal) e que só tendrá beneficios para as empresas sanitarias privadas, é dicir, un paso máis na privatización do sistema sanitario público. O de que xs Médicxs “se xubilen os 72 anos” é xa esperpéntico!

Como dicimos: minten máis que falan!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.