Altri vai ser a cuestión central desta lexislatura

Manifestación contra Altri © Plataforma Ulloa Viva

Moitos expertos en patrimonio cultural, hidroloxía, bioloxía, ambientais ou edafólogos consideran que o proxecto pon en risco os princípios de prevención e precaución ambientais. Velaí as amplas posibilidades dunha xudicialización futura perante o TSXG

Este último venres, 14-M, coñeceuse a publicación no DOG da declaración de impacto ambiental (DIA) favorábel ao proxecto de celulosa Gama (no que a portuguesa Altri partilla cun 75%). 

Moitos expertos en patrimonio cultural, hidroloxía, bioloxía, ambientais ou edafólogos consideran (velaí o recente informe do Consello da Cultura Galega e outras análises recentes ) que o proxecto pon en risco os princípios de prevención e precaución ambientais. 

Velaí as amplas posibilidades dunha xudicialización futura perante o TSXG (a DIA non é recorríbel por seren un acto de trámite, mais a autorización administrativa que aprobe o Consello da Xunta de Galicia-competente por ter sido declarado o de Altri proxecto estratéxico- si é recorríbel), sendo probábel, consonte coa xurisprudencia deitada polo TSXG nos procedementos das autorizacións eólicas ultimos ao abeiro destes princípios ambientais do Dereito europeo, que a xustiza suspenda a autorización e, xa que logo, a execución do proxecto Altri, sendo moi improbábel que o Tribunal Supremo revogue a decisión que adopte o TSXG canto medidas cautelares, tendo en conta a falla de suceso que están acadando as promotoras eólicas contra decisións análogas de suspensión cautelar.

Como dicía este domingo David Chipperfield, alén do seu stress biolóxico, é absurdo un proxecto que prioriza a explotación forestal do eucalipto impedindo o desenvolvemento da vocación produtora de alimentos das bisbarras afectadas. Xusto nuns tempos que esixen gañarmos a autonomia alimentaria, no nível galego e no nível europeo

Ese río xa chegará e, entón, haberá que atravesalo. Mais hai unha vertente que se esquece moito máis cando analisamos este proxecto tan discutíbel e tan pouco aprezado polo conxunto da cidadania galega, nomeadamente no val do Ulla, ría de Arousa (Norte e Sur), A Ulloa, o Deza e as Terras de Arzúa e Melide. É dicir, na liña transversal central da Galicia, das portas de Lugo ás portas de Pontevedra e Vilagarcía pasando polas de Lalïn e da propia Compostela, capital do país. 

E esta vertente é o seu absurdo económico e empresarial, a súa caracterización de proxecto de encrave para o aproveitamenrto do eucalipto nun territorio de sacrificio. Como dicía este domingo 16-M David Chipperfield, alén do seu stress biolóxico, é absurdo un proxecto que prioriza a explotación forestal do eucalipto impedindo o desenvolvemento da vocación produtora de alimentos das bisbarras afectadas. Xusto nuns tempos que esixen gañarmos a autonomia alimentaria, no nível galego e no nível europeo. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.