Anfetaminas e psicofármacos na infancia e adolescencia

Anfetaminas e psicofármacos na infancia e adolescencia ©

Encantaríame presentar aquí un traballo exhaustivo; apuntalar cada unha das miñas afirmacións con datos perfectamente comprobados pola miña man pero levaríame moito traballo e tempo que en principio debo consagrar á miña supervivencia persoal económica, o eterno dilema dos que vivimos en vilo sen ningún tipo de seguridade económica, canto tempo lle dedicamos á denuncia, ó activismo. O certo é que existen múltiples documentais e artigos sobre o tema que de forma xeneralizada apuntan ideas que parecen ser certas. Un medicamento coñecido co nome comercial de Pervitina® foi legal na Alemaña nazi, chegou a venderse sen prescrición médica en farmacias, chegou a incluírse en bombóns que se lle vendían nas tendas a calquera á boa de Deus. Pervitina era o nome comercial da metanfetamina. Foi aprobada dunha forma acelerada, sen seguir uns protocolos de seguridade e sen que o seu creador ou creadores tivesen inicialmente moita idea de en que podía deriva-lo seu consumo, da existencia de efectos secundarios e que indesexables efectos serían eses. De feito parece ser que foron descubrindo pouco a pouco unha das súas características máis salientables, á parte do seu poder destrutor (físico, mental, dental): o seu forte poder aditivo. Durante todo o período nazi foron producidas inxentes cantidades. Consumíano as amas de casa! Fálase da Pervitina como arma farmacolóxica. Os soldados alemáns apenas durmían por iso eran máis eficaces como exército. O desprezo dos gobernantes pola vida e dereitos dos seus tan amados soldados perfectamente arios cuxa saúde e vidas non dubidaron en poñer en perigo por andar ás présas e porque, unha vez coñecidos os efectos nocivos, non dubidaron en continuar administrándolles unha droga que inicialmente se lles presentara como inofensiva. Indefensos por enganchados, roubáronlles de tal maneira a capacidade de desobedecer. E non foi a única droga. As farmacéuticas nazis fixeron un bo negocio naqueles tempos.

Concerta®

En 2015, 3 de novembro, no contexto dunha charla https://youtu.be/Kd1Zlc0hKMw que tivo lugar na facultade de Psicoloxía da Complutense en Madrid (ollo! na facultade de Medicina, non!, na de Psicoloxía...) o psiquiatra Guillermo Rendueles en presencia do xornalista estadounidense Robert Whitaker explicou un pouco a historia das anfetaminas en España. Do seu consumo, tanto, polas amas de casa para levar a cabo traballos domésticos como pasa-lo ferro longas horas, coma, no seu caso persoal e no de moitos dos seus compañeiros, do consumo normalizado na súa xeración polos estudantes de Medicina. Claro que non foi só na súa xeración e non só en Medicina. Unha profe que me deu clases particulares de matemáticas, física e química durante varios anos na miña etapa de instituto, licenciada en Química, que terá agora uns 60 anos, contoume sobre o consumo anfetaminas na súa etapa universitaria só que no seu caso non pasou dunha única experiencia (deulle por falar sen parar durante horas ata que lle pegou un baixón e adormeceu). Eu en letras na década dos 2000 non vin anfetaminas na universidade. Pode ser que en letras teña menos sentido pois non temos materias nas que se nos esixa memorizar longos contidos. 

Descoñezo cales son as razóns de que esa charla tivese lugar na facultade de psicoloxía e non na de psiquiatría. Pode ter que ver con que á psiquiatría que ten o poder en España, a psiquiatría biolóxica, non lle interese a crítica construtiva nin oír verdades como que nos países nos que se medica pouco ou non se medica, Colombia, Nixeria, á xente vaille mellor. Recupérase. Eles mesmos retrátanse constantemente na prensa: o xefe do servizo de psiquiatría de Vigo—Olivares—acusou ó movemento de persoas que senten voces, que salvou moitas vidas, de estar promovendo ideas “perigosas” nun artigo no Faro de Vigo en 2019 [https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/02/27/jose-manuel-olivares-hay-poquisimos-15767254.html]: “Ya no es como antes y el peligro no está en una aldea remota, sino en movimientos como la cienciología o los 'escuchadores de voces', entre otros. Incluso hay quien dice que no hay que medicarles y respetar la libertad del individuo.” Non entendo o da aldea remota. Ou si: ós psiquiatras da súa caste interésalle-la idea de perigosidade e que non se entenda o que significa ‘esquizofrenia’ nin se saiba a orixe da palabra (popularizada na Alemania nazi). Queren que nos imaxinemos un tipo como o asasino do crime real da peli As Bestas e non unha mariscadora de 60 anos nacida na pobreza, na fame e no frío, e cun pai violento. 

Guillermo Rendueles (quen, como info a modo de referencia temporal, iniciou o seu traballo en 1972 como médico residente no Hospital Psiquiátrico de Oviedo) responde o seguinte á pregunta dun estudante universitario diagnosticado con THDA ó que se lle prescribiu Concerta® para tomar en época de exames sobre os efectos nocivos de dito “fármaco” (o mozo afirma ó preguntar que a el lle induce depresión): 

“Concerta es una anfetamina [...] la guerra civil española es incomprensible sin el uso masivo de anfetaminas. Centramina, por ejemplo, miles y miles de soldados tomaron centramina. Concerta es una forma ligerísimamente modificada de ese fármaco. Se usó de forma empírica mezclada con alcohol para pelear en la guerra. Las amas de casa: yo recuerdo a alguna tía mía que para planchar aquellas tardes y comer poco tomaba centraminas. La centramina es una droga bastante parecida a la cocaína en los efectos. Se usa de hecho con usos recreativos, las anfetaminas y la cocaína están relativamente cerca. Ese uso masivo permitió saber qué efectos secundarios tienen. Primero es la adicción, cómo sienta tan bien; no es como los antidepresivos y los neurolépticos […] Yo he tomado centramina para estudiar cuando estudiaba anatomía y ¡no hay mejor cosa! Un tomo así [gesto con las manos haciendo referencia al grosor] y parece que me lo como… Lo fastidiado era al dejar de tomarlas, que para hacer la maleta e irme a casa de la facultad… a veces tenía que tomarme una porque no tenía ánimo para hacer la maleta. Eso, yo, que soy relativamente sereno lo llevé bien. Pero está bastante documentado: paranoias, vamos desencadenamiento de trastornos psicóticos […] todo te parece que tiene relación una cosa con otra, el curso de pensamientos está muy acelerado, te da un cierto pensamiento autorreferencial, si todo eso lo juntas puedes llegar a un trastorno paranoico. En general, tiene buen pronóstico si no hay así una predisposición al dejar de tomarlas.”

As miñas diferencias con Rendueles, o que me fai sentir incómoda das cousas que di (eu que por defecto desconfío de tódolos psiquiatras e considero que debemos investigar a todas e todos, da única forma que vale, lendo as historias dos seus pacientes, preguntándolles a eles, exercesen no franquismo ou agora no post-franquismo, porque cousas bonitas sabe dicir calquera, sobre todo unha vez xubilads xa sen medo a ser penalizados polo psistema laboralmente) estriban en cousas como o uso de frases como ‘trastornos psicóticos’, ‘trastorno paranoico’: este tipo de linguaxe chéirame a alcanfor. Na antipsiquiatría fálase de ‘paranoia’ e de ‘estados alterados da consciencia’ en vez de ‘trastorno psicóticos’ e de ‘trastornos paranoicos’. Sobre todo a palabra ‘trastorno’ dáme moita grima. E non só a min. ‘Pensamiento autorreferencial’ é o mesmo que ‘delirio de referencia’ e ven sendo unha forma de paranoia, crer que as novas do telexornal se refiren a unha/un, que grupos de persoas que falan entre elas están a falar (en xeral, mal) dunha/dun, de que conspiran contra ti, etc.

Rendueles segue dicindo: 

Lo monstruoso es que—en un adulto informado… yo soy partidario de que cada palo aguante su vela, que si te gustan las anfetaminas, sabiendo los riesgos que corres, puedas tomar anfetaminas—se lo den a niños de 7, 8, 9, 10 años. No han mirado si los niños tienen o no la dopamina bien. Los padres hacen un cuestionario completamente conductista y los maestros rellenan otro. Lo juntan y eso da un diagnóstico. Lo describe muy bien Whitaker en el libro. La monstruosidad del trastorno [TDAH] es que se use en niños unos fármacos tremendamente peligrosos en el sentido de los riesgos que corres, que, si los corres voluntariamente, ya digo que yo no le veo ningún inconveniente, se les den a los niños con unos argumentos tan débiles, tan débiles; que dos cuestionarios que, si se aplican a otra serie de poblaciones seguro que dan positivo, generen un uso de psicofármacos de ese tipo.”

O libro de Robert Whitaker ó que se refire Rendueles é Anatomía dunha Epidemia, no que se describe o terrible dano, un verdadeiro holocausto, que supuxo nos EEUU o negocio de medica-la infancia con psicofármacos. Suicidios. Homicidios. Tiroteos en institutos. Unha vida enteira como ‘paciente’ psiquiátrico. Non podemos permitirnos importa-la experiencia estadounidense. Dano iatroxénico que ademais custará caro ó erario público. E moita dor á persoa psiquiatriozada. Por riba. E pobreza na poboación enfermada. A psiquiatría española actual é unha fábrica de discapacitados psicosociais. 

Rendueles de novo: 

En los niños [las anfetaminas] tienen un efecto paradójico además […] no se sabe bien por qué no tienen los mismos efectos que en los adultos” 

Para que nos entendamos, a medicación seda tomada na infancia e adolescencia. Como profesora de clases particulares tiven a ocasión de comprobar como é imposible ensinar a un neno dun 12 anos medicado (recentemente medicado naquela) con psicofármacos. Para min, foi unha experiencia traumática. Ó principio non entendía por que o neno se comportaba da forma en que se comportaba, se quedaba como parado, era incapaz de executar un pedido sinxelo (ensineille debuxo técnico e fixemos algúns traballos de plástica): hai dez anos estaba moi mal visto drogar nenos e a nai tardou en dicirmo. Pensei que el era así. Nin a nai nin a psicóloga do concello me comunicaron nada se tan seguras estaban de facer algo para o ben do rapaz. 

No caso do estudante que formulou a pregunta na charla, pola voz, trátase xa dun adulto novo. Que haxa adultos tomando anfetaminas prescritas por psiquiatras legalmente é sen dúbida bastante inquietante. Igual de grave que meterse cocaína. Non sei se a cocaína permite estudar e memorizar. 

Rendueles: 

“El concerta® es un fármaco relativamente no muy caro pero hay neo – anfetaminas de 2ª o 3ª generación que multiplican el precio por diez y 15 que están actualmente en el mercado reclutando población.” 

La propaganda es terriblemente deshonesta—como cuenta Whitaker, la narración, sobre un falso problema inventar unas poblaciones, había ahí un problema que nadie conocía, estábamos a la espera de este fármaco—a mi juicio y yo no recetaría anfetamina absolutamente a ningún niño.

Existe unha cousa chamada Fundación INGADA, Instituto Gallego del TDAH y Trastornos Asociados... Parece que existe desde 2014. Todo o que se di nesa web é puro lixo. Propaganda, bioloxismo, manipulación cientificista. Neste artigo non vou afondar no que está escrito nesa web, simplemente citarei unha afirmación tremenda que aparece no apartado EL TRATAMIENTO: 

No producen adicción, disminuyen riesgo de consumo sustancias tóxicas en la adolescencia.” 

[Aclaro os psicofármacos ós que se refiren: metilfenidato, anfetaminas, por un lado e polo outro, os non estimulantes, atomoxetina, antagonistas alfa 2; marcas: Rubifen®, Medicebran®, Medikinet®, Equasym®, Concerta®, Elvanse® e, dos non estimulantes, Strattera®, Intuniv®] 

A verdade é que mais ben ocorre ó contrario (Petter Breggin, Robert Whitaker) e probablemente acaben sendo polidiagnosticados con bipolar ou esquizofrenia, patoloxías duais (con adiccións). Sería fácil e útil elaborar estatísticas en Galicia con datos reais. Saberiámo-la verdade. 

La mayoría de las Guías de Práctica Clínica recomiendan iniciar tratamiento a partir de 6 años de edad pero es posible empezar en niños/as pequeños si el TDAH es grave y causa deterioro*.”

O do ‘deterioro’ é para asustar e como vemos non hai límite de idade, pensemos que un neno menos de 6 anos é como un rato, o saudable é que non paren quietos e atendan a todo...)

Seguimos con Rendueles:

“Los adultos, sabiendo para qué sirve, yo soy partidario de la legalización de las drogas. Es una droga más a legalizar, ya digo, bastante cercana a la cocaína.”

“La gravedad moral de esa prescripción es que se hace con unos datos mínimos, los cuestionarios para determinar que un crío padece trastorno de hiperactividad, no sé si los has visto, pero son dos hojas, dos hojas, de poner cruces. Las pone el maestro, las pone el padre del crío que está hasta las narices de que no estudie, no haga las cuentas, se suman los dos cosas y el crío está años y años tomando una anfetamina que ya te digo el uso que tenía antes.” 

A verdade é que os pais cisheterosexuais nas parellas cisheteronormativas non adoitan implicarse moito. Sospeito que son as nais as que poñen as cruces. Cando Rendueles fala do libre consumo de drogas tamén o fai desde un punto de vista patriarcal pois quen ten que coidar non debe estar drogado. A xornalista Cristina Fallarás reflexionaba sobre o caso dunha muller á que lle retiraran a custodia do fillo ou filla polo seu alcoholismo. Preguntábase Fallarás a cantos pais alcohólicos lla retiraran. Non lla retiran ós golpeadores e maltratadores. 

Segundo Whitaker, os nenos (é un diagnóstico que reciben en maior porcentaxe os nenos do que as nenas) nacidos en decembro teñen un 50% máis de posibilidades de seren diagnosticados. Cando llo oín por primeira vez a Whitaker case me rebenta a cabeza pois eu nacín en decembro. E Dilma Rousseff. De tal forma os nenos máis pequenos da clase teñen máis posibilidades de ser diagnosticados (ridículo desde o punto de vista científico). Como nena nacida en decembro sempre me sentín moi pequena na clase e hai tempo que cheguei a conclusión de que quizais debería terse en conta a idade que teñen as nenas/os/nenes en setembro á hora de decidir o ano no que lle corresponde inicia-la súa vida escolar obrigatoria. Que non deixaría de ser un parche. O THDA non só é un negocio lucrativo, tamén nos distrae da necesidade verdadeira moderniza-lo noso sistema educativo, repensalo de abaixo arriba, dotalo dos profesores ben formados e medios: moitas veces encontrámonos con profesoras moi conservadoras, incluso as novas, apoltronadas, con moito cheiro a pre e post franquismo e patriarcado. A ratio un profesor >> un-hx nenx vale a pena se fai falla. A escola é un lugar para socializar, onde ser coidados. Se cadra menos horas son suficientes. Polo menos de horas nas que teñan eles que atender. Trabállase pouco a expresión oral, a escrita de textos, a lectura libre. Excursións, andainas. Disciplinas coma o ballet, as artes marciais. O teatro, a creación cinematográfica. O problema non está nas nenas e nenos senón na sociedade, é estrutural: a escola funciona como unha fábrica que ten tido como función uniformar, amedrentar, adoutrinar. O número de alumnos nas aulas: non máis de vinte. Os contidos. Volver atrás nalgúns sentidos, menos computadoras e celulares. Menos pantallas. A exclusión (neurodiversidade, diferencias de clase). A diversidade (habilidades e intereses). As materias (non pode ser que o deporte e a música sexan materias consideradas secundarias, As marias como se as chamaba menosprezando a súa importancia como parte importante da vida, para a formación dos seres humanos mais tamén para a súa felicidade e creatividade, saúde anímica, motivación). Bioloxía é tamén ter horas de horta, plantas. Eu que aprobei todo o que “tiña” que aprobar arrepíame recorda-lo paso pola escola e o instituto (o meu profe de historia coa súa propaganda franquista tipo ‘a equidistancia dos dous bandos’, etc. levounos ó Escorial nunha viaxe escolar a Madrid e non ó Jardín Botánico) e logo na universidade (moitos profesores non facían nada nin sabían nada, maltratábannos). 

Cómpre deixar de poñe-lo foco no que a pequenada aínda non é capaz de comprender ou facer (falar, facer pipi ou caca), as infancias teñen os seus ritmos diferentes, maduran unhas antes que os outros, unhes teñen máis inquietudes, outres máis forza. Poñe-lo foco nas súas habilidades. Na imaxinación, nos sentimentos, na bondade, na capacidade para contestar e argumentar, nunca adoutrinalos para que obedezan cegamente. 

O fracaso escolar, a dificultade para concentrarse poden ser un sinal de que o neno poida estar sufrindo abusos sexuais ou outro tipo de maltrato e violencias. A actriz Sally Field (que desvelou as agresións sexuais ás que a sometera o seu padrasto á opinión pública con 70-71 anos) explicou no seu libro In pieces publicado en 2018 precisamente como era incapaz de realizar calquera operación matemática con 12 anos debido ás agresións sexuais (procesos de disociación) e en cambio non tiña problemas para memoriza-los textos no grupo de teatro da escola. Hoxe en día calquera psiquiatra usa frases como ‘ideación delirante de dano/prexuízo’. Moitos psiquiatras escriben na historia médica que as/os pacientes inventan agresións que non ocorreron. Incluso aínda que haxa probas de que si ocorreron esas agresións sen repercusións nin castigo para eles. De todas formas, por poñer un exemplo diferente, no que nada tan terrible lle ocorrese a poñamos a un certo neno cuxa situación imaxinamos, a precariedade laboral dunha nai cuxa parella ou ex-parella pase olimpicamente da súa prole ou sexa un tipo violento con orde de afastamento dificultará que a nai lle poida presta-la axuda necesaria, a atención necesaria, nunha etapa difícil para un adolescente, un neno, nun mundo que o chama cada vez máis a exerce-la violencia sobre ás mulleres. A chave estaría nese caso non en culpabiliza-la nai—senón en axudala. Desde tomar medidas que repercutan en toda a poboación, como abolir reformas laborais destrutoras de emprego e precarizantes (as leis que permitiron a escravitude laboral e crearon a figura do traballador pobre), medidas como darlles ferramentas, incita-los con contundencia, para que realicen a parte do esforzo que lles corresponde e máis (eles non menstrúan e teñen moita máis forza) respecten as súas mulleres ou ex-mulleres e non as agridan nin as maten, medidas como poñer á disposición dos nenos que o necesiten clases particulares pagadas polo Estado, todo o que ten que ver cos coidados e os horarios laborais adaptando ós horarios escolares, dar ferramentas a pais e nais sen condescendencias diversas, reflexionar sobre o que se pode estar facendo mal (moitas horas de pantallas) apoio ás familias monomarentais (maioritarias) e monoparentais que as hai. Ma-pais de poboación infantil e adolescente adoptados, que pasaran por procesos nos que foron retirados á e ó protexenitor. Reflexionar sobre como funcionan as cousas. 

Citando a Thomas Szasz: “a Medicina non se ocupa do comportamento humano”. 

E vós preguntarédesvos: onde están as pediatras? Oxalá lendo o libro de Whitaker Anatomía dunha Epidemia (proposta, por onde comezar). Pero non creo. As profesoras da escola pública á que asistía un neno chamado A., ou a través de servicios sociais, pediulle a unha nai que fora onda a pediatra e solicitase que o seu neno fose atendido en pedopsiquiatría con 3 ou 4 anos, porque se portaba mal, no Nicolás Peña en Vigo. Un neno de orixe africana por parte de pai, grande, con moita enerxía esperto. A pediatra díxolle que lle daba o volante pero non lle gustaba nada mandar a un neno tan pequeno a Psiquiatría. A psiquiatra do Nicolás Peña, parcialmente atención externa, parcialmente manicomio de crónicos (alí foron trasladados os pacientes do Hospital Psiquiátrico O Rebullón en 2016, pois neste país non se cerraron os manicomios) díxolle que hasta que tivese 8 ou 9 anos non o podía medicar. Recordemos o que pon na web da fundación INGADA: “La mayoría de las Guías de Práctica Clínica recomiendan iniciar tratamiento a partir de 6 años de edad pero es posible empezar en niños/as pequeños si el TDAH es grave y causa deterioro”; agora é peor, xa non hai límites.

A especialidade de psiquiatría infantil e xuvenil non existía daquela, polo tanto atendeuna ó neno unha psiquiatra de adultos. 


 

No 2023, pola calada, sen que a opinión pública o soubese, ou o entendese ben, O Ministro de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, FÉLIX BOLAÑOS GARCÍA, do PSOE, non un Ministro de Sanidade, nin un Ministro da Xuventude e Infancia, firmaba un Real Decreto en AGOSTO: 

“por el que se establece el título de médica/o especialista en Psiquiatría Infantil y de la

Adolescencia y se actualizan diversos aspectos del título de médica/o especialista en Psiquiatría.”

É dicir, aínda que na práctica houbese psiquiatras e rótulos e unidades infanto-xuvenil, ata entón parece que non existía esta especialidade legalmente. Así o entendo eu. 


 

Retomo a Rendueles:

En Asturias me parece que hay una población de 800 críos—Asturias tiene un millón de habitantes, es como un barrio de Madrid—que siguen de una forma crónica los consumos de anfetaminas de alto precio, no Concerta® precisamente.” 

Eu: A descontinuación de psicofármacos debe realizarse de forma gradual. Os médicos de atención primaria e psiquiatras no noso país non están formados para descontinuar. Só se pola súa conta se forman e investigan e des-aprenden. É coñecida e valorada positivamente—polos superviventes da psiquiatría e os antipsiquiatras—pola súa maior seguridade (en comparación cunha retirada brusca ou rápida de máis) a estratexia do 10% que consiste en reducir un 10% da cantidade anterior (non da cantidade inicial) cada mes. Inflúe tamén canto tempo, días, meses, anos, leve a persoa tomando medicación. Se toma outros psicofármacos. Debe facerse un por un. Ás veces o malestar é tan grande os primeiros días de toma da medicación que se torna absolutamente necesario parar bruscamente. Os procesos de retirada son diversos coma os seres humanos son diversos. Ás veces o malestar é tan grande na descontinuación que algunhas persoas están rebaixando un 1% cada mes (da cantidade total inicial). 

Coñezo un adolescente que deixou de tomar Medicebran® ou Medikinet® bruscamente tras un ano de toma e sobreviviu sen secuelas. A nai apoiouno ou saiu dela que o deixase. O fármaco causáballe insomnio, depresión. Choraba facilmente. Tivo moitísima sorte. Moitísima. Moitísima. Agora está ben, fixo un módulo de FP superior e traballa, ten un oficio. É moi alto coma o pai. 

Outro rapaz, o primeiro que menciono neste artigo a quen lle dei clase como profe de clases particulares sen eu saber que o estaban medicando (notábase aínda que eu tardaría en entendelo) polo que todo o que mirei e sentín que non ía ben, sentino e mireino, sufrino, sen ferramentas de forma totalmente intuitiva. E aterrorizoume. A raíz dese neno, agora adulto novo, investiguei moito, Whitaker e Breggin principalmente. P., o 5 xaneiro de 2025, sobre as dez da noite, tratou, segundo a prensa, de mata-la súa nai botándolle un líquido para desatascar tubaxes que lle produciu queimaduras graves na cabeza e pinchouna cun coitelo. Non hai dúbidas de que fora el. A súa nai ten pouca mobilidade, camiña pero ten unha perna mal, sufrira un atropelo antes de te-lo fillo. Polas veciñas, sei que el gritou pola fiestra “imos morrer todos afogados” “imos morrer todos queimados” ... anos de violencia psiquiátrica e encerros, medicamentos, terrores químicos, resentimento cara á súa nai. A tendencia nos medios de comunicación e nas conversas é a de non mencionar toda a violencia que sufriu el. Este verán falou miña nai con el e pareceulle que estaba ben, el só na praia, como quedan moitas persoas psiquiatrizadas, na vida, camiñando dunha punta a outra, coma querendo facer exercicio e sandar. A psicóloga do concello e as traballadoras sociais, coas que falei sobre el daquela cando el tiña 12 anos, cren que aprender sobre medicación non lles corresponde e non o farán (facémolo xente cuxo esforzo non é pagado nin tan sequera con escoita e cariño) á vez que, sen coñecer realmente como funciona a medicación, non vaian esfurricar do esforzo, APOIAN o traballo dos Psiquiatras cegamente sen cuestionarse nada. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.