Antisistema

Cory Doctorow CC-BY-SA Rob Knight

Hai pouco, nunha conferencia en Barcelona, reivindicábase a soberanía dixital. Un tema ó que se lle está a prestar cada vez máis atención: precisamente ese, Soberanía Dixital, é o título xenérico que levan os eventos mensuais que se están celebrando en Ribadeo neste 2025 sobre tecnoloxía, e que está ligado co control de internet polos usuarios, por nós, e coa sua falta en moitas situacións

Hai pouco, nunha conferencia en Barcelona, reivindicábase a soberanía dixital. Un tema ó que se lle está a prestar cada vez máis atención: precisamente ese, Soberanía Dixital, é o título xenérico que levan os eventos mensuais que se están celebrando en Ribadeo neste 2025 sobre tecnoloxía, e que está ligado co control de internet polos usuarios, por nós, e coa sua falta en moitas situacións. A conferencia cerrou cunha intervención de Cory Doctorow na que, a unha pregunta sobre o que podemos facer os usuarios de internet, no contexto actual para tentar seguir sendo usuarios e non clientes dependentes das grandes compañías, contestou que involucrármonos con ‘movementos antisistema”. Algo que dá a impresión de que tamén medra.

Coido que hoxe por hoxe pouca xente hai que non recoñeza fendas profundas no sistema socio-político-económico actual, no que o último apartado (o económico) está a controlar cada vez máis ós outros dous. As diferenzas entre as fendas observadas por unhas e por outras persoas son tamén profundas. Pero o caso é que de calquera xeito, a súa mera observación xera críticas ó sistema, petición de alternativas, e, en definitiva, o que se podería chamar, ‘antisistematicidade’.

Antisistema é tanto a xente que quere abolir o capital como a que avoga polo capitalismo como forma de goberno. É dicir, quen se coloca fóra do sistema, tanto nun punto como no outro diametralmente oposto

Un exemplo: é un feito en numerosos lugares que a democracia estase a baleirar de significado nun contexto no que o futuro vese tormentoso. De aí a que se procure o futuro noutro sistema que non inclúa a democracia na ecuación hai un paso. Tamén sucede así no caso da rampante desigualdade económica, incluída a imposibilidade de acceso a vivenda entre xente nova ou non tan nova, que fai que se pregunte como podería procurarse un oco no sistema, sinxelamente para ter onde vivir, para poder vivir.

Para ser antisistema, para situármonos fóra, é necesario antes rachar con el, rachar o sistema, rachar os seus límites. Ou sexa, romper dalgún xeito o lugar que nos dá acubillo, as súas leis escritas ou non, e lanzarse ó baleiro sen ter seguridade -sempre é algo novo- de que a caída non vai partir ós osos de quen salta

Si, a ‘antisistematicidade’ é un perigo. Éo para o sistema e para quen máis se beneficia del. Para o resto da xente, máis ben pode ser unha oportunidade. E iso, aínda que por un estudo científico, por lóxica, por probabilidades ou por calquera combinación delas e outras posibilidades, se vexa moitas veces como ‘mexar fóra do testo’.

Chegados aquí, hai que ter en conta que antisistema é tanto a xente que quere abolir o capital como a que avoga polo capitalismo como forma de goberno. É dicir, quen se coloca fóra do sistema, tanto nun punto como no outro diametralmente oposto. Os cidadáns de a pé, os ‘un calquera’, o anterior ven como un agravante: en xeral estamos a vivir ‘metidos dentro’ do sistema. É dicir, para ser antisistema, para situármonos fóra, é necesario antes rachar con el, rachar o sistema, rachar os seus límites. Ou sexa, romper dalgún xeito o lugar que nos dá acubillo, as súas leis escritas ou non, e lanzarse ó baleiro sen ter seguridade -sempre é algo novo- de que a caída non vai partir ós osos de quen salta, a máis de deixar algo máis esnaquizado o sistema (moi, moi pouco máis se se fai de xeito individual).

Por outra banda, e volvendo ó comezo: o ‘sistema’ refírese o conxunto de todas as relacións que nos rodea, e dalgún xeito, está a cambiar todos os días. Vivindo hoxe somos antisistema de épocas pasadas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.