Ao inimigo que foxe, ponte de prata

Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa © Xunta

“Al enemigo que huye puente de plata". Gonzalo Fernández de Córdoba (Montilla, 1453-Granada 1515), político e militar coñecido como El Gran Capitán.

A imaxe que ten del a cidadanía de fora da Galiza, é a de un político moderado, centrado, dialogante. A realidade, vista dende o punto de vista de quenes o sufimos durante estes 13 anos é moi diferente. Unha persoa que leva vivindo do público dende sempre e que fai alarde de soberbia e incluso chulería. Que non deixa de atacar a nivel persoal axs seus rivais e que non se para en dicir medias verdades ou incluso mentiras flagrantes

Alberto Núñez Feijóo, foi proclamado o 10/03/2022, candidato único a Presidencia do Partido Popular no congreso extraordinario do PP que se celebrará o 1 e 2 de abril en Sevilla. Dende o 18/04/2009, foi presidente da Xunta de Galicia. 

A imaxe que ten del a cidadanía de fora da Galiza, é a de un político moderado, centrado, dialogante... Que vai facilitar o entendemento co goberno do PSOE-UP e no que teñen postas todalas esperanzas o Ibex-35, a igrexa, xs empresarixs, moitos medios de comunicación, etc.

A realidade, vista dende o punto de vista de quenes o sufimos durante estes 13 anos é moi diferente. Unha persoa que leva vivindo do público dende sempre e que fai alarde de soberbia e incluso chulería. Que non deixa de atacar a nivel persoal axs seus rivais e que non se para en dicir medias verdades ou incluso mentiras flagrantes, si elo lle beneficia.

É capaz de tomar as rendas dun partido que se caracteriza pola súa corrupción (o PP foi condeado por elo) e de ter nas súas filas a membros do antigo réxime. E preguntamonos, cal será a súa política dende o PP no estado? De entrada, cargóuse a Casado que descubreu a corrupción de Díaz Ayuso. Tamén permitiu o pacto ca extrema dereita en Castela-León. Será ésta a dinámica de actuación no futuro? Seguro que sí. Feijoo é un político de dereitas e si vox non existe na Galiza, é porque está dentro do PPdeG.

A praza da Quintana, ateigada na manifestación pola sanidade pública CC-BY-SA Praza Pública

A historia sanitaria de Feijoo como Presidente na Galiza, comeza por retirar cando chega ao poder, dun plumazo, o Plan Galego de Mellora da Atención Primaria, consensuado por todolos sindicatos, organizacións profesionais e científicas

A historia sanitaria de Feijoo como Presidente na Galiza, comeza por retirar cando chega ao poder, dun plumazo, o Plan Galego de Mellora da Atención Primaria, consensuado por todolos sindicatos, organizacións profesionais e científicas. Pactado co goberno bipartito de PSdeG-BNG, ofrecía aumento de plantillas de forma significativa e aumento de orzamento para a Sanidade Pública. E que fixo como alternativa? un desmatelamento sistemático da AP e un claro apoio a sanidade privada, aumentando os cartos públicos cada ano, sendo no 2021: 230 millóns de euros.

A Lei Galega de Saúde, realizada polo goberno bipartito, era a línea a seguir nos anos que estivo en vigor, para mellorar de forma significativa a sanidade; non era perfecta, pero tiña moito consenso e so faltaba que tivera continuidade e financiación. Feijoo fixo a primeira modificación desta Lei, e retirou a participación cidadá que estaba contemplada nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e no Consello de Saúde de Galicia. Tamén retirou as Áreas Sanitarias de varias comarcas e a Xerencia de AP de cada Área Sanitaria, dependendo a propia AP da Hospitalaria. Non contento, fixo a segunda modificación desta Lei, para facer obrigatoria a vacinación (algo que motivou un recurso do goberno central e foi declarada inconstitucional e que tivo que retirar este tema do articulado. Aparte, consolidaba os Distritos Sanitarios e o apoio a financiación público-privada dos centros sanitarios. Elaborou normas que sempre foron en contra dxs cidadáns e dxs traballadorxs sanitarixs. Sigue tendo un déficit de profesionais, por non ter Unidades Docentes suficientes para que o estado lle permita ter máis sanitarios ao seu cargo. Ás veces, “olvídase” de que as cuestións en sanidade, as ten transferidas dende o minuto un.

A última que fixo é a de bloquear a derivación a diferentes especialistas dende AP, tendo unha consulta telemática previa ca información que lle manda o Médico de Familia

A última que fixo, é a de bloquear a derivación a diferentes especialistas dende AP, tendo unha consulta telemática previa ca información que lle manda o Médico de Familia. Non se pode mandar a un/ha paciente a unha consulta de Cardioloxía, Neumoloxía, Neuroloxía, Dermatoloxía, etc. Temos que mandar un informe previo e do departamento contestan o que facer co paciente (3-4 días). “Temos lista de espera para ser incluidos na lista de espera”. Unha pena. 

A AP precisa dunha reforma urxente que se encontra nas conclusións do Consello Técnico de AP, que o PP non quere aplicar! Feijoo marcha..., Galiza...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.