Dende que se instaurou "a económica de casino" as estafas financeiras se multiplican sen que parecera que, a pesar das recorrentes crises, teñamos aprendido. Dias atrás a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) desautorizaba un evento sobre criptomoedas organizado por Mundo Crypto (Mundocrypto Metaverse Day) argumentado que este "non tiña autorización para para prestar servizos de inversión e captación de fondos", polo que o evento finalmente se suspendería.
Mundo Crypto é un de tanto chiringuitos financeiros que buscan convencer aos cidadáns de que invistan os seus aforros en activos financeiros, neste caso criptomoedas (bitcoin) co señuelo de que poden obter suculentas ganancias. Un negocio que, por outra parte, e como practicamente todos os deste tipo, permite branquear diñeiro procedente, por caso, do narcotráfico, o terrorismo e/ou o crime organizado e que, como sucede neste caso, carece de regulación o que incrementa o seu xa moi elevado risco. Algo que puidemos comprobar nos últimos meses onde se deron perdas de valor superiores ao 70%. Como ben sinalaba a CNMV "o investimento en criptoactivos non está regulado, pode non ser axeitado para inversores retallistas e perderse a totalidade do diñeiro investido".
Que son as criptomoedas?. Son activos, pero activos dixitais que, xa que logo, non existen fisicamente. Activos que usan un cifrado criptográfico -cifrado de algoritmos- para certificar a titularidade -so os titulares coñecen as claves para descifrar os algoritmos- e garantir as transaccións. Activos que, como sinalaba anteriormente, carecen na actualidade de regulación e de respaldo das autoridades públicas e os bancos centrais.
As criptomoedas son activos cuxo valor, por carecer da citada regulación, é moi variable e volátil o que dispara o seu xa elevado risco. Aínda que utilizan o cualificativo de moedas "non o son por que nin son un medio de pago, nin un depósito nin tampouco unha unidade de conta" (JUAN TORRES: "Criptomonedas: solo especulación que acelera el desastre económico"). NON SON DIÑEIRO e o seu valor é tan volátil que ninguén as aceptaría por que, canto valen ao día seguinte? e no futuro?.
Non menor relevancia para esta volatilidade ten a evidencia de que un grande volume de criptomoedas están en mans dun reducido número de posuidores o que lles outorga un enorme poder sobre o seu valor. Todas estas características fan que a súa suposta utilidade estea nas súas variacións de valor o que, ven sendo o mesmo, no seu carácter especulativo.
Evidencias que explican por que economistas de enorme prestixio como J. STIGLITZ (premio Nobel de economía no 2001) avogan por "prohibir as criptomoedas" entre outras razóns "por que facilitan o lavado de diñeiro negro a grande escala". Argumento que comparte PAUL KRUGMAN (tamén premio Nobel de Economía, en 2008), quen engade que "serán as persoas pertencentes as clases mais desfavorecidas as grandes perdedoras por investir en produtos financeiros que ninguén entende pero que son activos soamente especulativos e de moi alto risco".
A pesares destes riscos a burbulla das criptomoedas estase inchando de tal maneira que a súa explosión é, cada día que pasa, mais probable o que "causará unha enorme dor innecesaria" (YANNIS VAROUFAKIS:Entrevista. EL SALDO). Para mellor entender as razóns desta afirmación reproduzo integramente o seu razoamento: "Supoñamos que o Bitcoin" -a reencarnación algorítmica do patrón ouro-"tomara o relevo das moedas fiduciarias. Que farían os bancos?. Prestarían en Bitcoin, por suposto. Esto significa que xurdirían facilidades de sobre xiro ("overdraft") que permitirían aos prestamistas comprar bens e servizos con Bitcoins que aínda non existen. Que farían os gobernos?. En momentos de estrés terían que emitir unidades de conta vinculadas ao Bitcoin. Toda esta liquidez pública e privada provocaría un período de auxe antes de que inevitablemente chegue o crac. E logo, con millóns de persoas esnaquizadas, os gobernos e os bancos terían que abandonar o Bitcoin. (....) quen nunca tomará o relevo ao diñeiro fiduciario ou si o fai, causará unha enorme dor, antes de ser abandonado (......) estamos de novo diante da falacia de composición" -J.M.Keynes-"pensar que o que é bo para ti" -neste caso os grandes posuidores de criptomoedas-"é bo para toda a sociedade".