Na dirección do Partido Popular aparentemente aparecen dúas tendencias: unha, a dos duros, mais ben ultraconservadores, que podía estar representada, entre outros, por Esteban González Pons e Carlos Floriano, que son capaces de defender as decisións máis extremas do Goberno, ou dicir sen inmutarse que Bárcenas non ten nada que ver co PP, iso si, despois de que entrara na cadea, cando como e sabido por todos, foi o xerente e responsable das contas dese partido, durante máis de 20 anos.
Por outro lado están os aparentemente moderados, que ás veces ante decisións moi impopulares do Goberno, fan pequenas matizacións públicas, so para quedar ben, pois non son moi esixentes, por exemplo, no tema do aborto. Dentro deste grupo poderían estar entre outros: José-Antonio Monago e Alberto Núñez Feijoo. Estas persoas, realmente defenden os mesmos principios, aínda que representan diferentes papeis.
Por exemplo na reacción ante as dimisións son todos exactamente iguais. E patético o caso do Sr. Monago, que despois de mentir dicindo que os viaxes que fixera a Canarias por motivos privados os pagara do seu peto, ó día seguinte admite que vai devolver os cartos dos máis de 30 viaxes para estar cunha persoa coa que mantiña relacións, e di, que a el só o fan dimitir os cidadáns de Estremadura. Estes viaxes pagámolos tódolos españois e polo tanto, aparte de devolvernos os cartos, ten, polo menos que dimitir, pois un ladrón e mentireiro non pode estar nun cargo público, e sobre todo, despois de ver o que fixo o seu compañeiro de partido aragonés, a quen polo mesmo motivo, a Presidenta daquela comunidade, neste caso con cordura, sí o fixo dimitir.
Tamén o Sr. Núñez Feijoo tería que dimitir, primeiro por manter unha relación de amizade con Marcial Dorado, cando xa fora imputado e detido por contrabandista, e que despois resultou ser un dos maiores narcotraficantes galegos, e non contento con isto, permítese, hai pouco, manter amizade e ir ós touros con Pachi Lucas, considerado o conseguidor da trama de axudas públicas na operación Zeta.
Claro, teñen exemplos a quen imitar, pois ós seus xefes: D. Mariano Rajoy e a Sra, De Cospedal, o lixo da corrupción tamén lles chega ata as orellas, como demostran os papeis de Bárcenas.
Como esta xente pode falar de lexislar medidas contra a corrupción, cando eles non son un exemplo?