As prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

CC-BY pxfuel

Este 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. E hoxe, vén á miña mente un problema que temos as persoas con a mobilidade reducida, como é cando alguén estaciona indebidamente o coche nunha desas prazas que están destinadas para estas persoas.

Bueno, neste caso, pois hai moita tela que cortar, porque sempre vamos atopar ao “listillo de turno” que fai o uso indebido de esta praza, coa desculpa de sempre: “É que son cinco minutos de nada…” (ou algo polo estilo). Lembrarlle a estes suxeitos, de que este feito está prohibido, sendo sancionable con unha multa de 200 euros dado que se considera unha das sancións graves, aparte da retirada do vehículo polo guindastre municipal.

A Lei está clara en tódolos seus artigos:

Artículo 105. Retirada y depósito del vehículo.

1. La autoridad encargada de la gestión del tráfico podrá proceder, si el obligado a ello no lo hiciera, a la retirada del vehículo de la vía y su depósito en el lugar que se designe en los siguientes casos:

e) Cuando un vehículo permanezca estacionado en lugares habilitados por la autoridad municipal como zonas de aparcamiento reservado para el uso de personas con discapacidad sin colocar el distintivo que lo autoriza.

Estas normas están recollidas no B.O.E. nº 261 de 31-10-2015 sobre Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.

 

E neste punto quero facer recalcar o seguinte, que o feito de que toque o fociño do coche dentro da praza, tamén é sancionable; a praza ten que estar libre na súa totalidade dado que ten que a persoa con mobilidade reducida e conduza o coche, pois necesita todo o espazo para poder manobrar o seu vehículo adaptado.

E como ben fala a normativa para poder estacionar, menciona un distintivo que non é mais que un cartón co logotipo de accesibilidade que se dan nos concellos no departamento de servizos sociais. Pero isto ten un problema; que tamén se conceden a persoas que non posúen o carné de conducir, e aí entre neste “saco” pois persoas cunha grave discapacidade ou persoas de terceira idade con problemas de dependencia, é como me di a asistente social do meu concello: “Por lo menos, pueden ir al médico”, pero non miran que coche ten a familia, por si é accesíbel para poder entrar nel… e cando falamos de ir ao médico, moitas veces teñan que ir na ambulancia, porque o coche da casa, pois non é accesíbel para poder entrar. Entón o problema xorde, cando a familia utiliza a tarxeta para estacionar o coche nesas prazas, aínda que non vaia a parte interesada (discapacitado ou vello dependente), pois isto é un abuso bastante grave, e as que conducimos e temos unha discapacidade con problemas de mobilidade, pois nos sentimos desamparados neste sentido, dado que están a utilizar os cartóns de estacionamento inxustamente, cando deberían estar en poder da persoa afectada para este fin. En resume, neste tema ten doada solución, que as tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida que se conceden, pois tamén que sexan condutores/as que teñan o permiso de conducir, porque a filosofía de estas prazas de estacionamento, foi feita para persoas con problemas de mobilidade que teñen discapacidade, pero ao mesmo tempo son condutores/as que posúen tamén o permiso de conducir.

Finis coronat opus….

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.