Quen máis defende unhas primarias abertas que non protexen as asimetrías adoita ser o que máis sae pola tele de igual xeito que quen máis defende o libre mercado adoita ser quen ten un monopolio.
É realmente preocupante o que partidos tradicionais como Podemos están facendo coa "nova política" cidadá tras utilizar a súa posición dominante nos medios de comunicación para apoderarse dela fronte á opinión pública.
Tralas primarias desta semana en En Marea -a candidatura galega de confluencia ás eleccións autonómicas de setembro- é difícil para calquera persoa honesta seguir ignorando o elefante na habitación: como a transparencia e a participación pasaron de ser ferramentas cidadás para controlar o poder a ser propaganda dese mesmo poder para controlar á cidadanía1.
O método elixido para configurar as listas foron unha primarias que premiaron aos fanboys que votaban listas completas sen reflexionar nada
O método elixido para configurar as listas foron unha primarias que premiaron aos fanboys que votaban listas completas sen reflexionar nada. O menos sistema castigaba, non só aos votantes que votaron a persoas concretas tras asumir o custo de informarse, si non aos activistas e cidadáns que se esforzaron en crear listas transversales que reflicten a pluralidade da sociedade en lugar do clásico reparto a navalladas dos postos que é tradicional no sistema de partidos.
O resultado: Podemos Galicia- apenas unha sucursal do "aparato" en Madrid con candidatos que representan a unha franquicia televisiva con escasa implantación cidadá e unha actitude que boicoteou todo o proceso-, é a candidatura máis sobrerrepresentada mentres que Anova, a candidatura con máis percorrido, que foi máis xenerosa no proceso e que máis se esforzou en compoñer listas transversales en lugar de repartir os postos entre os seus cargos, é a máis infrarrepresentada.
Máis aló de todas as cuestións técnicas -que empezan pola falta de rigor e de neutralidad da plataforma escollida para o voto electrónico nas primarias2.- estas se entremesturan con cuestións políticas que empezan por converter a sagrada unidade da esquerda nun obxectivo en si mesmo por riba de todo, e xustifica a inclusión de Podemos Galicia no proceso despois de que o boicoteou3 e remata modificando o proceso para adecualo a el, creándose a paradoja de que os votantes tiñan que estar inscritos previamente e ter escaneado o carné de identidade para votar nas primarias salvo se eran militantes de Podemos. Nese caso non debían inscribirse previamente e votaban desde a plataforma do propio partido.
A culminación chegou durante as xornadas de votacións cando todos os pesos pesados e o aparello mediático de Podemos envorcouse para mobilizar o voto acrítico ás súas listas completas.
Entón foi evidente que esta era a estratexia desde o principio. Fronte ao fanatismo e a falta de intelixencia estratéxica da dirección de Podemos en Galicia, a dirección do "aparato" en Madrid sabía desde o principio -e así o impuxo- que presentarse en solitario sería un desastre e que o único xeito de contar algo en Galicia era, unha vez máis, parasitando o traballo doutras iniciativas cidadás.
Malia que confiamos en que o traballo dos grupos e cidadáns que levan anos traballando desde o concreto pese máis á hora de definir a folla de ruta da candidatura de En Marea que os postos que teña o aparello de Podemos, creemos que é unha temeridade non facer unha análise sobre como o "aparato" dun partido hackeou a plena luz do dia e sen complexos un proceso cidadán. A primarias de En Marea marcan un antes e un despois. Seguir actuando nas diferentes candidaturas cidadás do estado ignorando o que pasou e permitindo este nivel de matonismo sería unha inxenuidade perigosa.
1.
Transparencia y privacidad
http://www.eldiario.es/tribunaabierta/Transparencia-privacidad_6_446265398.html
2.
El voto electrónico y las elecciones de Podemos
https://gallir.wordpress.com/2014/10/30/el-voto-electronico-y-las-elecciones-de-podemos/
3,
En Marea: valentía contra el matonismo de Podemos
http://ctxt.es/es/20160810/Politica/7777/podemos-en-marea-galicia-elecciones.htm