As débedas públicas eran, inicialmente, cantidades acumuladas polas Administracións Públicas (maiormente Estados) para financiar os déficits
Empecemos esta análise da débeda pública galega sinalando que as débedas públicas eran, inicialmente, cantidades acumuladas polas Administracións Públicas (maiormente Estados) para financiar os déficits.
No caso de Galiza, como foi o comportamento da débeda pública dende o ano 2009 (data na que o PPdeG recuperou o Goberno da Xunta de Galiza)?: os datos indican que se disparou ao pasar de 4.859 millóns de euros no 2009 a 11.3125 no 2019 e 12.170 en 2023, todas nos seus valores nominais. Un crecemento do 250,5%. Que peso tiveron no PIB galego?: si no ano 2009 representaba o 8,6% do PIB anual, no 2019 ascendera ao 17,5% para acadar o 15,7% no 2023. Porcentaxes que non sendo altos si son indicativos, por caso, do tipo de política que está levando a cabo a Xunta de Galiza pois hai que ter en conta que estamos avaliando un prazo de 15 anos. En términos macroeconómicos a Xunta de Galiza está levando a cabo unha política de oferta, de axuste que provoca déficits permanentes. Todo o contrario do que sería mester.
Que pasou neste período cos pagos por servizos da débeda (xuros+amortizacións)?. Si no ano 2009 o importe dos servizos da débeda sumou 394 millóns de euros, no 2019 ascendera a 1.893 e 1.430 no 2023: un crecemento do 362,9%. Que peso teñen no PIB?: un peso ascendente que pasa do 0,70% ao 2,77% para baixar temporalmente ao 2,01%. A lectura destes datos leva a sinalar que a pesar de incrementarse o pago por servizos da débeda esta non parou de medrar neste período. Pero, canto se pagou en todos estes anos (2009-2023)?: Os servizos da débeda sumaron un gasto público de coase 21.000 millóns de euros o que supón multiplicar por 4,5 o valor que tiña a débeda no ano 2009. A lectura é clara: a pesares de ter realizados pagos importantes a débeda pública non deixou de aumentar superando de xeito destacado o seu valor inicial. A pregunta que cabe facerse diante destas evidencias empíricas é a seguinte: que senda fiscal e monetaria seguiu o Goberno galego (PPdeG) durante todos estes anos para que a débeda pública se teña convertido nunha carga crecente?. Si os responsables do goberno galego poden utilizar o argumento do déficit de financiamento autonómico, o que é certo, non resulta menos verdade que ademais de optar por políticas recesivas de oferta que impiden o crecemento económico (o que faría diminuír o peso da débeda) non utiliza os instrumentos tributarios e fiscais de que dispón para mellorar claramente os ingresos públicos (o que reduciría os déficits) como sería a súa responsabilidade. Incluso atrévese a presumir de baixalos impostos...aos ricos ao tempo que reduce o gasto público nos programas de emprego e benestar.
Se no ano 2009 os pagos por servizos da débeda absorbían o 43% dos ingresos vía débeda, o que significaba que quedaba o 57% restante para políticas públicas, cos gobernos do PPdeG aqueles disparáronse hasta o 82,1% no 2023 (con puntos superiores ao 100% nos anos 2018, 2019, 2020) quedando so un 17,9% para as políticas públicas
Quen son os acredores da débeda galega?, quen os mais beneficiados? Digamos de entrada que co gallo da crise financeira o goberno español lle ofertou as Comunidades Autónomas: o FLA (Fondo de Liquidación Autonómica) creado no ano 2012. Tratase dunha axuda financeira do estado as CAA que ten como obxectivo evitar que dependan en excesivo dos mercados financeiros para financiala súa débea. Axuda financeira diante da que o Goberno galego de quenda (PPdeG) ven mostrando as súas reservas (a pesares de ser aprobada sendo Mariano Rajoy presidente do Goberno español e Cristobal Redondo ministro de Facenda) mostrando a súa preferencias por acudir a banca privada para financiala débeda. Asi si, por caso, comparamos os acredores das débedas de Galiza, Catalunya e Castela A Mancha nos atopamos coas seguintes diferencias: mentres os acredores da débeda pública galega son maiormente bancos privados (españois e estranxeiros) por seren propietarios do 53,4% da mesma, no caso de Catalunya e Castela a Mancha é o Estado central ao través do FLA (86,2% e 78,5%) o que reduce as súas débedas coa banca privada (7% e 19,2%). Unha opción do Goberno galego de quenda (PPdeG) claramente ideolóxica que intentan xustificar en base a ter así unha maior independencia financeira, un argumento dificilmente crible.
O Goberno galego de quenda (PPdeG) fai unha utilización claramente ideolóxica e partidista da débeda pública tal que ten custos tanto para as arcas públicas galegas como para as súas políticas entre as que de servizos (emprego, benestar...) son as mais prexudicadas
Finalmente, a que destina o goberno galego de quenda (PPdeG) os ingresos por débeda?. Como sinalaba ao principio esta decisión política marca o carácter dun goberno como veremos a continuación: si no ano 2009 os pagos por servizos da débeda absorbían o 43% dos ingresos vía débeda, o que significaba que quedaba o 57% restante para políticas públicas, cos gobernos do PPdeG aqueles disparáronse hasta o 82,1% no 2023 (con puntos superiores ao 100% nos anos 2018, 2019, 2020) quedando so un 17,9% para as políticas públicas. Que significado político ten este uso da débeda: que de forma crecente se utiliza débeda para pagar débeda!. Bingo: negocio redondo para os mercados financeiros!
Antes de entrar no que chamo sombras da débeda galega, debo facer unha aclaración previa que vexo necesaria: calquera análise dunha débeda autonómica non pode utilizar os mesmos criterios que para a débeda dun estado, por razóns obvias relacionadas basicamente coa moi distinta soberanía fiscal, tributaria e monetaria de ámbalas dúas.
Neste marco si se pode afirmar con total rotundidade que o Goberno galego de quenda (PPdeG) fai unha utilización claramente ideolóxica e partidista da débeda pública tal que ten custos tanto para as arcas públicas galegas como para as súas políticas entre as que de servizos (emprego, benestar...) son as mais prexudicadas. Algo que debera quedar claro nos datos subministrados anteriormente e que podemos resumir en: 1. Preferencia por endebedarse en vez de optar por mellorala capacidade tributaria propia (o que vai en beneficio das clases de rendas altas que son as que menos pagan e mais defraudan), 2. Unha preferencia que frea o crecemento económico e a creación de emprego xa que deriva en políticas fiscais recesivas 3. Políticas fiscais que non teñen en conta os ciclos económicos polo que favorecen o endebedamento 4. Un endebedamento do que se beneficia, a diferencia do resto das autonomías, a banca privada (española e estranxeira), 5. Un “favor” que fai ao Goberno galego mais dependente dos mercados financeiros, 6. Factores todos eles que van en contra da soberanía de Galiza.