Xuízo da Gürtel (I)
Comezou o xuízo da 1ª época da trama Gürtel (1999-2005) que, a pesar de que non sexa presentando así en moitos medios de comunicación, é o xuízo sobre o financiamento ilegal do PP. Están acusadas 37 persoas, de momento, por doce delitos de corrupción, unha petición de penas que suman 446 anos de cárcere e multas de 822 millóns de euros. O tribunal, que preside o maxistrado Ángel Hurtado, rexeitou a petición das defensas e tamén do PP de anulación de toda a causa (alegaron que había violación de dereitos fundamentais). Fracasaron no intento, pero xa conseguiran a anulación do xuízo do caso Naseiro (tesoureiro do PP) en 1992, por cuestións de procedemento, impedindo daquela a investigación do financiamento ilegal do PP. Por outra banda, a fiscal Concepción Sabadell deixaba clara a responsabilidade do PP como partido político: “El PP se vio beneficiado de fondos procedentes de la malversación y el cohecho en más de 245.000 euros, por lo que los grupos municipais (de los ayuntamientos de Majadahona y Pozuelo de Alarcón) no pueden ser responsables”.
Instrucións desde a sede central
As actuacións ilegais non eran iniciativas persoais da militancia ou cargos públicos do PP, como difunden desde o aparato do partido, senón que o PP instruía a alcaldes e alcaldesas sobre como financiar ilegalmente as súas campañas electorais e superar el límite fixado polo Tribunal de Contas, e así está recollido nun arquivo informático con instrucións precisas, que estaban no ordenador dun destacado responsábel do Comité Electoral do PP e a súa primeira consulta é do 13 de xaneiro de 1999, cando Javier Arenas era o secretario xeral do PP.
Seguindo estas instrucións, o PP de Madrid falseaba facturas para non superar os límites de gasto en campaña (pagaba, por exemplo, actos de campaña como se fosen para a terceira idade). Para salvar o control do Tribunal de Contas, en Valencia pasaban directamente os cartos da conta de doazóns á conta corrente rexional, sen pasar pola conta de campaña. Por outra parte, o grupo municipal do PP de Valencia utilizou unha conta non oficial para recoller doazóns anónimas e pagar así os actos das campañas de 2011 e 2015. Para a UCO (Unidade Central Operativa da Garda Civil) o PP de Valencia cometeu “delitos electorais continuados” desde 2006, polo menos. Con toda esta información a Garda Civil chegaba á conclusión de que o PP de Valencia “actuaba como una organización criminal”.
Era o Partido Popular, desde a sede central na rúa Génova de Madrid, quen dirixía a corrupción e o financiamento ilegal do partido, como confesaba Jaume Matas que foi citado a Madrid por Álvaro Lapuerta, tesoureiro do PP, para recibir en man un sobre coas instrucións para amañar o concurso do gran hospital de Baleares (presuposto inicial de 778 millóns de euros) a favor de OHL, que presidía Juan Miguel Villar Mir. Matas facía estas confesións despois dun pacto con Anticorrupción para conseguir unha rebaixa importante das súa penas.
As campañas do PP para recadar fondos dos empresarios (unha especie de “imposto revolucionario”) non son nada novo. José Luis Peñas, que era concelleiro do PP en Majadahonda declaraba ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid en 2009 que tivo “un encontronazo con Guillermo Ortega [era o alcalde dese concello] porque me dice que ha venido un fax del PP en el cual nos exigen que ayudemos a una serie de empresas que son las que a su vez ayudan al PP. Y ese fax viene de la tesorería del PP, justo después de una campaña”.
Así adxudicaban as obras o PP
Francisco Correa, dirixente da Gürtel, explicaba no xuízo con todo detalle como facía os negocios e como entregaba en Génova [sede do PP] as comisións que cobraba. El País de 14 de outubro de 2016 titulaba Francisco Correa asegura que cobraba comisiones del 3% que se repartía con el PP, e explicaba o proceso: "En el 96 hablo con Luis Bárcenas y me dice: 'Tú tienes contacto con empresarios y yo, con políticos. Vamos a intentar hacer gestiones para que cuando salgan los concursos públicos de la Administración intentar favorecer a empresarios que luego van a colaborar con el partido'. Cuando salía una licitación, Alfonso García-Pozuelo [antiguo dueño de Constructora Hispánica] me llamaba si estaba interesado (…) Si teníamos éxito [el empresario] me daba comisión y yo me quedaba una parte y otra parte se la daba a Bárcenas. Pero eso se hacía no solo con García-Pozuelo; también con otros empresarios". “La relación con los políticos la tenía solo yo. Las entregas de dinero... quedaba con ellos y les daba el sobre. [...] Cuando yo cobraba de empresarios constructores, la parte que yo me quedaba se la daba en efectivo a Antonio Villaverde para que lo ingresara en Suiza". “Venía un empresario, nos daba la licitación y yo se lo pasaba Bárcenas. Él la gestionaba con el correspondiente ministerio, y el empresario, si era adjudicatario, me entregaba un pocentaje del 2% o 3% y yo se lo llevaba a Génova”. Correa amañou así contratos por valor de 353 millóns de euros, segundo a investigación.
No PP existía unha “clandestina” comisión de obras (non figuraba no organigrama oficial) da que formaban parte Álvaro Lapuerta, tesoureiro, Manuel Núñez Pérez, deputado de 1997 a 2001, e militantes-construtores do PP, como Antonio Vilela. A súa función era elaborar informes sobre as contratacións de obras públicas polo goberno central, autonómicos e locais, controlados polo PP, para que as adxudicacións acabasen nas empresas amigas, é dicir, as que daban doazóns ao partido. Como é posíbel que neses anos non se detectaran irregularidades na contabilidade do PP? A explicación é moi sinxela: o PP colocou a Núñez Pérez (designación directa) no Tribunal de Contas, estivo durante 12 anos supervisando a contabilidade dos partidos e foi presidente dese organismo entre 2007 e 2012.