Ataque á imparcialidade na administración

Compre falar dunha vez por todas da reforma laboral -aprobada hai uns meses polo Goberno (RD-Ley 3/12)- no que respecta aos empregados públicos funcionarios-laborais que prestan os seus servizos nas administración locais de Galicia e tamén na propia Xunta de Galicia.  E compre falar porque onte publicouse no B.O.E o Real Decreto 1483/2012, que desenvolve o RD-Ley.

A ninguén se lle pasa pola cabeza que podan ser obxecto de despedimento dentro da administración, sexa cal sexa a mesma un xuíz, un avogado do Estado, un médico ou mesmo inspectores de traballo ou de facenda. Iso por non falar dos rexistradores da propiedade

A ninguén se lle pasa pola cabeza que podan ser obxecto de despedimento dentro da administración, sexa cal sexa a mesma un xuíz, un avogado do Estado, un médico ou mesmo inspectores de traballo ou de facenda. Iso por non falar dos rexistradores da propiedade. Esta aberración, dende onte, si é posible, coa nova reforma laboral e o Real Decreto que a desenvolve, botar á rúa calle a inspectores de costas, inspectores ambientais, técnicos de bibliotecas, arquitectos, enxeñeiros, técnicos de prevención de incendios, técnicos de facenda, inspectores de traballo, químicos, etc cuxa relación laboral coa administración sexa a de funcionario-laboral, é dicir, laborais que desempeñan función que a propia lei recoñece como de funcionarios pero que accederon a ditas prazas, creadas pola administración nas RTP ou plantillas como de carácter laboral.

Coa aplicación desta nova normativa alguén pode explicar como poderán traballar coa necesaria imparcialidade calquera técnico ou inspector do sector público que reciba una denuncia

Coa aplicación desta nova normativa alguén pode explicar como poderán traballar coa necesaria imparcialidade calquera técnico ou inspector do sector público que reciba una denuncia, roturacións de montes, alteracións de superficies, pozos clandestinos, usurpación de caudais públicos, incumprimentos das leis de montes e da prevención de incendios forestais, verquidos incontrolados en dominio público hidráulico, ocupacións da vía publica, desviacións de ríos ou dos seus cauces naturais?

Ata agora era asumido que aos inspectores ou técnicos cuxa relación coa administración é mediante un contrato laboral despois de acceder a dito posto cumprindo os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, atopábanse ao abeiro do artigo 103 da Constitución, artigo que fala da garantía de imparcialidade dos funcionarios públicos se lles recoñecía os principios básicos de independencia na toma de decisión e a salvagarda dos intereses xerais.

Non hai maior garantía de independencia no desempeño da función pública que a independencia que outorga ser consciente de que a permanencia no teu posto de traballo non periga polo feito de emitir un informe que sexa contrario a “intereses que en nada teñen que ver co interese xeral”

Compre lembrar que non hai maior garantía de independencia no desempeño da función pública que a independencia que outorga ser consciente de que a permanencia no teu posto de traballo non periga polo feito de emitir un informe que sexa contrario a “intereses que en nada teñen que ver co interese xeral”.

Se a intención última do goberno fora a de reducir as empresas e os entes creados nas últimas décadas dentro da Administración, entes nos que a maneira de acceder non foi seguramente a máis axeitada, tería sido moi doado facelo sen incumprir o artigo 103 da Constitución. Chegaría con introducir na Disposición Adicional 2º da reforma laboral un apéndice tal que “o despido por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción do persoal laboral do sector público, que non lle sexa de aplicación a Disposición Transitoria 2º del Estatuto Básico del Empleado Público (Ley-7/2007), se efectuará conforme ao disposto no artigo 51 e 52.c do Estatuto dos Traballadores”.

Deste xeito garantiríase a independencia destes inspectores, a dos funcionarios laborais. Algo moi necesario para a cidadanía e de interese xeral: manter as garantías constitucionais na vixilancia e inspección na administración pública. Defender, o que é de todos.

Para emitir informes de veracidade, propostas de resolución, etc. son funcionarios, para despedilos son laborais

Por regla xeral a meirande parte dos funcionarios-laborais entraron na administración cos mesmos requisitos que os funcionarios, por oposición en quenda libre, acreditando a titulación e os méritos requiridos para os diferentes postos ofertados con carácter fixo, e son aos que se refire a Disposición Transitoria 2º do Estatuto do Empregado Público (Ley 7/2007): os laborais que desenvolven funcións propias dos funcionarios pero cuxa oferta de emprego se fixo mediante una oferta laboral fixo. Dita Lei posibilita a súa normalización laboral mediante procesos de funcionarización, e incluso permite concorrer a promocións internas dentro do corpo de funcionarios sen ser funcionarios, sendo realmente persoal laboral. Sen embargo, resulta que esta nova lexislación si que diferencia a efectos de aplicación de EREs e despedimentos na función pública entre funcionarios e funcionarios-laborais. Para emitir informes de veracidade, propostas de resolución, etc. son funcionarios, para despedilos son laborais.

Esta grande discriminación nada coa Reforma Laboral e bautizada co Real Decreto 1483/2012, só pode ser neutralizada mediante un recurso de constitucionalidade que, supoño, algunha das centrais sindicais existentes ao ancho e longo do Estado presentarán. Agardemos que a desfeita que a aplicación desta norma non leve a que a independencia dos empregados públicos se vexa sometida ante a ameaza de despedimentos en caso de non facer informes “ad hoc” ou ben por razón de militancia política ou actividade sindical.

Por que a día de hoxe, nos diferentes diarios oficiais e mesmo no B.O.E. seguen a aparecer ofertas de emprego públicas para cubrir prazas de persoal laboral fixo” nas diferentes administracións?

A día de hoxe, milleiros de empregados públicos son prescindibles, polo simple feito de que a propia administración preferiu, como consecuencia das modas de laboralización da administracións de finais dos noventa e principios da primeira década do século, ofertar una praza estable e fixa nunha quenda laboral e non funcionarial.

Ademais, habería que facerse una pregunta, e é por que a día de hoxe, nos diferentes diarios oficiais e mesmo no B.O.E. seguen a aparecer ofertas de emprego públicas para cubrir prazas de persoal laboral fixo” nas diferentes administracións?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.