Autoproclamacións caribeñas

Dominio Público

O 17 de agosto de 2004, o ex presidente de Estados Unidos Jimmy Cárter foi duramente increpado por parte dun nutrido grupo de opositores no restaurante de Limoncello de Caracas, tendo que fuxir protexido polos seus escoltas.

Cada resultado electoral foi discutido e repudiado pola oposición, agás nos casos de Cidades, estados ou parlamentarias, nos que foron declarados vencedores polo CNE

O Centro Cárter e a OEA, viñan de avalar o resultados oficiais do referendo revogatorio, que Hugo Chávez gañou cun 58,25% dos votos, nunha histórica participación do 70% do electorado.

A oposición, daquela agrupada ao redor da chamada “Coordinadora Democrática” xa manifestaba por boca do seu líder Henry Ramos que rexeitaba de forma rotunda e categórica os resultados oficiais, que consideraban froito dun xigantesco fraude.

Desde ese momento, cada resultado electoral foi discutido e repudiado pola oposición, agás nos casos de Cidades, estados ou parlamentarias, nos que foron declarados vencedores polo CNE (Consello Nacional Electoral). O Centro Cárter abandonaría o seguimento das eleccións en Venezuela no 2015. Ao tempo o Presidente Maduro declaraba que a partires dese momento “Venezuela non era monitoreada nin sería monitoreada por ninguén”.

Aínda non rematara o seu primeiro quinquenio de mandato o goberno Chávez, xa afrontara un intento de golpe de Estado, que o retirou dous días do goberno, para colocar a fronte do país a Pedro Carmona, presidente da patronal empresarial (Fedecámaras). O goberno golpista fora recoñecido por Colombia, e apadriñado pola España de Aznar e por EEUU. Case a continuación do fracasado golpe militar, comezou un prolongado paro empresarial, catapultado polas Tv nacionais co seu seguimento en directo 24 horas, que copiaba o modelo chileno aplicado a Salvador Allende.

Os intentos de golpe promovidos dende a oposición foron moitos e por distintas vías: militar, “fake news”, económica, guerrilla urbana, parlamentaria...

Por tanto, os posicionamentos partidarios da vías non democráticas da oposición venezolana, nas súas diversas etapas, cos seus diversos nomes e baixo a tutela de diferentes líderes foi unha constante na Venezuela das dúas últimas décadas. Os intentos de golpe promovidos dende a oposición foron moitos e por distintas vías: militar, “fake news”, económica, guerrilla urbana, parlamentaria...

Mais as imperfeccións democráticas do país caribeño, non son exclusivas da oposición. Se a oposición gañaba as eleccións na Área Metropolitana de Caracas, o goberno chavista baleiraba de competencias a esa Alcaldía Maior. Cando as forzas opositoras gañaron a maioría parlamentaria, inmediatamente puxo en marcha unha Asemblea Constituínte que asumía a practica totalidade das funcións recollidas na lexislación e disolvía o Parlamento electo. Cando o oficialismo non ten marioría suficiente no parlamento, por en marcha o seu particular “artigo 155”, un estado de escepción, amparado na legalidade, que delega na Presidencia a implantación de leis, sen os prazos e trámites habituais prescritos na lexislación. A Televisión Publica Venezolana (VTV), é un terminal monocor exclusivo da cosmovisión chavista. Non hai espazo para tipo un funcionariado profesional, plural; tan só para os que teñen fe no proxecto bolivariano. Un exército omnipresente e omnipotente, que asume tarefas de seguridade, de control, de xestión económica, de dirección política, de xerencia administrativa, etc. Un poder xudicial controlado polo poder político.

As imperfeccións democráticas do país caribeño, non son exclusivas da oposición. Cando as forzas opositoras gañaron a maioría parlamentaria, inmediatamente puxo en marcha unha Asemblea Constituínte

Certamente, varias destas carencias non son patrimonio de Venezuela e poderían ser extrapolables a diferentes contextos xeopolíticos, mesmo ao noso, mais en Venezuela son relevantes.

O escrache, que viviu Jimmy Carter no Restaurante Limoncello, en 2004, é a metáfora perfecta que ilustra as dúas visións antagónicas de Venezuela, que non se recoñecen, que se afirman e afunden nas súas propias vías de escape.

Na ruleta opositora dos Venezolanos antichavistas, teñen ido mudando de líderes cada vez que fracasaban nun determinado modelo de estratexia no intento de desaloxar aos bolivarianos do Palacio de Miraflores: Salas Romer, Henry Ramos, Manuel Rosales ( O único que admitiu a derrota electoral contra Chávez no 2006), Henrique Capriles (que postulaba a vía electoral e quedou a tan só un punto porcentual de Nicolás Maduro no 2013), Leopoldo López ( que activou co apoio colombiano a vía violenta da guerrilla urbana), Henry Ramos Allup ( foi presidente do primeiro parlamento maioritariamente opositor), Lorenzo Mendoza (O empresario que xenera máis consensos entre os opositores, pero que non da decidido o paso á política), Henry Falcón ( o último opositor que competiu con Maduro nas presidenciais).

Nas eleccións máis abstencionistas da historia de Venezuela, acontecidas o 20 de maio do 2018, Nicolás Maduro, obtivo un 68% dos votos, fronte ao 21% de Falcón e o 11% do pastor evanxélico Javier Bertucci. A MUD (Mesa da Unidade Democrática) coalición heteroxénea de 18 partidos en constante pelexa polo liderazgo) decidira non participar, alegando que non se daban as circunstancias idóneas para unha contenda electoral. No seu comunicado demandaba unha amnistía de todos os opositores candeados (acusados de corrupción ou de accións violentas) , o acceso igualitario aos medios de comunicación tanto públicos, como privados, e un equipo de verificación internacional.

Derrotada a alternativa de Falcón e coa MUD, esnaquizada pola ambición dos partidos máis duros que senten o respaldo opositor maioritario ás súas teses, aparece Juán Guaidó

Os partidos AD (Acción Democrática) e UNT (Un Novo Tempo), membros da internacional socialista eran inicialmente partidarios de concorrer, mais finalmente decantáronse cara as posicións máis ríxidas de “Voluntad Popular” de Leopoldo López ou de “Primero Justicia” de Henrique Capriles que arrastraron ao resto a retirarse da contenda presidencial. Tan só Falcón accedeu a participar na disputa electoral, enfrontándose a Maduro.

Derrotada a alternativa de Falcón e coa MUD, esnaquizada pola ambición dos partidos máis duros que senten o respaldo opositor maioritario ás súas teses, aparece Juán Guaidó. Un presidente do Parlamento con data de caducidade anual, electo para o período de 5 de xaneiro de 2019 5 de xaneiro de 2020.

A escasos días de tomar posesión, un descoñecido da comunidade internacional, da cidadanía, autoproclámase Presidente. Sen ter sido electo, sen ter participado nas eleccións, nun modelo político onde os presidentes son elixidos en procesos electorais directos e non polos parlamentos. Situación bananeira, esperpéntica ou bochornosa, se non fose porque a súa acción estaba prevista e coordinada cos países que recoñeceron o seu status de inmediato. Apadriñado por personaxes con pouca fé nos dereitos humanos e moita no neoliberalismo. Tampouco contribúe ter fe na vontade democrática, a nomear como delegado de EEUU para a crise venezolana a Elliot Abrams sostedor da ditadura militar salvadoreña, implicada en crimes masivos, ou involución armada dos contras en Nicaragua. 

A única vía de saída que existe en democracia son as eleccións transparentes e recoñecidas polos perdedores. Non hai outra

Guaidó ten poderosos aliados externos, que cobizan o seu petróleo, para saír do chavismo pola porta falsa. Petróleo no que agora están comodamente instaladas as potencias Chinesa ou rusa. O autoproclamado, conta interior de Venezuela co tradicional apoio da clases sociais máis favorecidas, co beneplácito das clases medias e con argumentos potentes para seducir aos tradicionais votantes chavistas, golpeados intensamente pola carestía, escaseza produtos ou pola corrupción.

A única vía de saída que existe en democracia son as eleccións transparentes e recoñecidas polos perdedores. Non hai outra. En Santo Domingo, nas negociacións goberno-oposición estaban sobre a mesa estas condicións. Pero houbo quen saíu precipitadamente, os mesmos que xa no querían ir.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.