A finais de marzo produciuse o pasamento de Avelino Franco Grande, compañeiro anestesiólogo que constitúe unha das figuras máis sobresaíntes da nosa especialidade e seguramente da medicina en xeral en Galiza dos últimos tempos. Nacido o 9 de xullo de 1937 en Tomiño, casou con Rosa M.ª Maside Medina en marzo de 1966, fixo a carreira de medicina en Santiago e formouse en anestesioloxía en Alemania, no Hospital Evanxélico de Oldenburg, adscrito á Universidade de Götingen, entre o ano 1967 e 1971, traballando posteriormente de 1973 a 1976 no Olgahospital de Stuttgart, centro ao que parece que voltou para estancias de menor duración nos anos seguintes, probábelmente para formarse específicamente en anestesioloxía pediátrica e neonatoloxía. De regreso a España traballou en diversos centros nacionais, incluindo o Hospital de Sant Pau i la Sta Creu de Barcelona (1967), Virgen del Rocío en Sevilla (1971-1972), o Juán Canalejo de Coruña (1972-1977) e finalmente no Universitario de Santiago dende 1977 onde desenvolveu o resto da súa carreira profisonal.
A finais de marzo produciuse o pasamento de Avelino Franco Grande, compañeiro anestesiólogo que constitúe unha das figuras máis sobresaíntes da nosa especialidade e seguramente da medicina en xeral en Galiza dos últimos tempos
Tres vertentes da súa personalidade convírteno nunha persoa excepcional; por un lado, no aspecto estrictamente profesional, traballou nunha área moi especializada e complexa, como é a anestesioloxía pediátrica, formando a centos de profesionais que agora mesmo traballan en toda España e recordan de forma invariábel a exquisitez, delicadeza e destreza ca que trataba co seu formidábel corpo e grandes mans, os corpos enfermos dos doentes máis pequenos, e ademais extendendo as súas competencias dunha maneira moi avanzada e holística, pois colaborou incluso na posta en marcha da UCI pediátrica do Hospital de Santiago de Compostela. Tamén tivo un papel central na apertura de primeira unidade de Reanimación en Santiago (UCI a cargo dos servizos de anestesioloxía) que hoxe é unha unidade de referencia nacional.
O segundo aspecto que todos os seus compañeiros recordan, é que tiña unha personalidade cultivada, con moitas inquietudes intelectuais, e cunha conversación fascinante que foi sempre moi valorada entre os que disfrutaron do seu excelente traballo; nestes tempos de ensimismamento dixital, compre recordar e celebrar rasgos de personalidade que foron tan valorados non hai tanto, e que hoxe parecen constituir auténticas rarezas na nosa sociedade, e especialmente no ámbito sanitario; os adxetivos intelectual, humanista, erudito son mencionados en todos os textos que intentan recordalo nas últimas semanas. Qué foi daquel arquetipo de médico que parece que se extinguiu nos últimos tempos na nosa profesión?. Para quen busque un exemplo modélico, ahí ten ao Dr Avelino Franco Grande.
Colaborou na posta en marcha da UCI pediátrica do Hospital de Santiago de Compostela. Tamén tivo un papel central na apertura de primeira unidade de Reanimación en Santiago (UCI a cargo dos servizos de anestesioloxía) que hoxe é unha unidade de referencia nacional
Por último, pero non por esto menos importante, disfrutou dunha duradeira paixón pola historia da medicina e moi específicamente pola historia da anestesioloxía, feito polo que seguramente foi ainda máis celebre, a través das súas abundantes publicacións en revistas médicas de impacto e tamén a edición dunha obra de referencia sobre a historia da anestesioloxía en España. Resulta fascinante inmaxinar, ou revivir para quen tivo a sorte de disfrutalo en directo, como naqueles tempos no Servizo de Anestesioloxía de Santiago convivían personalidades con venas indubidábelmente artísticas e creativas, como o pintor e anestesiólogo Xulio Maside Medina, con Avelino Frango Grande, anestesiólogo pediátrico e historiador da medicina e anestesia, ou o Dr Vicente Ginesta, que non so foi quen de deseñar algún ventilador mecánico (para o cal pódese inmaxinar que é necesario un extenso coñecemento de medicina intensiva, física, mecánica e deseño industrial), senón que ademáis tivo un rol moi relevante, na xénese dunha institución en verdade fascinante e descoñecida como é o Museo Nacional da Anestesia, constituido en 1982 e cun percorrido dificultoso pero moi exitoso.
Disfrutou dunha duradeira paixón pola historia da medicina e moi específicamente pola historia da anestesioloxía, feito polo que seguramente foi ainda máis celebre, a través das súas abundantes publicacións en revistas médicas de impacto e tamén a edición dunha obra de referencia sobre a historia da anestesioloxía en España
Grazas ao traballo desinteresado dun grupo de anestesiólogos, empezou a xuntarse todo tipo de material relacionado ca historia da anestesioloxía, a medicina intensiva e a atención ao doente agudo, incluíndo dous inmensos pulmóns de aceiro dos anos 50 procedentes da Cidade sanitaria de Coruña (o actual Chuac) e o Hospital de Santiago, pezas únicas de valor histórico incalculábel e que houbo que case rescatar de chatarreiros nalgún dos casos.
O museo ten infinidade de xeringas para anestesia local ou por infiltración, agullas de accesos venosos, aparellos de transfusión, equipos de toracocentese, vaporizadores, caudalímetros, máscaras, garrafas-goteiros de vidro para cloroformo, monitores de todo tipo, a primeira incubadora ou o primeiro ventilador neonatal de Galiza. Despois de estar ubicada na sede do Colexio Médico de Santiago acabou ubicándose na facultade de Medicina de Santiago e tamén foi gañando apoios, pasando de ser unha iniciativa local a ser apoiada sucesivamente pola sopciedade galega de anestesioloxía (AGARYD) e pola Sociedade Española de Anestesioloxía (SEDAR) para convertirse no museo nacional grazas ás posteriores aportacións de compañeiros de toda España. Nestes momentos non hai nengunha institución comparábel en todo o país, e só existe outro museo similar Europa, polo que merece que se lle de unha visibilidade e un recoñecemento que até este momento non se lle prestou ao nivel que merecería.
A comunidade anestesiolóxica galega sinte un enorme orgullo da tradición da que descendemos, que non deixa nengún aspecto relevante no que profundizar, aunando unha práctica anestésica de gran nivel, unha medicina perioperatoria cunha visión integral e completa
Todos estes precedentes trazan unha moi ilustre historia da anestesioloxía en Galiza, que nace con inusitada precocidade dados os tempos nos que se iniciou, coa introdución do éter sulfúrico en Febreiro de 1847 e a síntese de cloroformo por primeira vez en toda España polo xenial químico Casares Quiroga en Decembro do mesmo ano. Pero esta historia, continúase ao longo das décadas até chegar á xeneración dos mestres dos noso mestres, como o enorme Avelino Grande. A comunidade anestesiolóxica galega sinte un enorme orgullo da tradición da que descendemos, que non deixa nengún aspecto relevante no que profundizar, aunando unha práctica anestésica de gran nivel, unha medicina perioperatoria cunha visión integral e completa, unha medicina intensiva que non ten nada que envexarlle á de outros países ou especialidades, ou unhas unidades do tratamento da dor que tan necesario traballo están desenvolvendo na nosa comunidade.
Non podo evitar que a súa imaxen se me asemelle a un personaxe de Roald Dahl, xenio da literatura infantil, chamado The BFG (Big friendly giant, podería traducirse como o gran xentil xigante)
Voltando ao gran Avelino Franco, oíndo as descripcións da súa maneira de traballar que me transmiten e rememorando o único contacto que tiven con él como doente nunha consulta preoperatoria hai case 20 anos no Clínico de Santiago, non podo evitar que a súa imaxen se me asemelle a un personaxe de Roald Dahl, xenio da literatura infantil, chamado The BFG (Big friendly giant, podería traducirse como o gran xentil xigante), que polas noites, asexando na oscuridade e a través das ventanas, administra aos nenos (que él chama na súa xerga hervillas humanas) mentras durmen a través dunha especie de trompeta alongada unha mestura de soños, “bonitos, dourados e preciosos, soños que fagan felices aos nenos”. Ademáis o BFG elabora mesturas de soños nunha especie da laboratorio, deseñando diversas composicións e preparándoas para a súa administración a través da longa trompeta. Creo que podemos estar de acordo que este personaxe literario ten moitas similitudes co noso Avelino Franco Grande, gran xentil xigante, un xigante da anestesioloxía, e un exemplo para todos.