Axendas médicas de calidade... ou non!

Sala de espera dun centro de saúde galego © Xunta

Refraneiro popular: “De diñeiro e calidade a metade da metade”. 

Para ilustrar este análise, dende o día 23 de febreiro do 2023, a miña axenda foi de 56, 37, 53, 46, 37, 30, 40, 49, 43, 41, 44, 30, 37, 54, 54 e 46. Podemos facer “calidade asistencial” con este número de persoas en cada día de consulta? É razoable que a administración permita esta situación e non lle poña remedio xa?

Con gran alarde, a Consellaría de Sanidade aprobou as Axendas de Calidade para xs Médicxs. Como sempre o que programan, nunca ten nada que ver ca realidade. Recordamos os “10 minutos por paciente”, o de non máis de 33 pacientes por día, non máis de 7 sobredemandas, unha enfermeira por cada Médico, prazas “ofertadas ilimitadas de sanitarixs” que logo vese que non son tal e de Médicxs as menos. A realidade, co SERGAS, sempre supera a “ficción”, en materia sanitaria.

Unha axenda normal dun/ha Médicx de AP, é sempre máis elevada do razoable. Si temos 10 min. por paciente e o multiplicamos por 40 pacientes, son 400 minutos. O horario laboral de 08:00 a 15:00, son 420 minutos. Quedarían 20 minutos para Promoción da Saúde, Prevención da Enfermidade, Investigación, Formación, Sesións Clínicas, Certificados Médicos “inútiles”, Domicilios, Atención a Comunidade, necesidades fisiolóxicas básicas, atención a xerencia por diferentes causas, fallos do ordenador de 3-4 veces o día, etc. todo ísto, é a definición do Médico Especialista de Atención Primaria e Comunitaria. Nos poñamos como nos poñamos, con atender aos pacientes e cometer os menos erros posibles, xa é unha boa praxe!

Para ilustrar este análise, dende o día 23 de febreiro do 2023, a miña axenda foi de 56, 37, 53, 46, 37, 30, 40, 49, 43, 41, 44, 30, 37, 54, 54 e 46. Podemos facer “calidade asistencial” con este número de persoas en cada día de consulta? É razoable que a administración permita esta situación e non lle poña remedio xa? O ben máis preciado que temos, a nosa saúde, non pode estar a expensas de que o/a profesional, esté saturadx de traballo, día sí e día tamén.

Nas enquisas á poboación xeral, para dar a valoración da calidade asistencial, os/as profesionais non saímos mal paradxs, pero a pregunta do millón é: porque nunca se pregunta por como o fan os/as administradores/as do Sistema Sanitario Público na Galiza? Estou seguro de que suspenderían cun “moi deficiente”... e si a calidade asistencial non se resinte máis, é polo bo facer dxs sanitarixs!

Fai uns días, o TSXG, CONDEOU o SERGAS por “vulnerar os dereitos do persoal Médico e de Pediatría” por “non respetar a normativa vixente para garantir a súa integridade pública e a súa saúde”...e non pasou NADA!

O de que “enfermeirxs podan exercer como Médicxs” (Rueda-de reposto-dixit), xa é de traca. Aparte de ser ilegal, non sei que dirán xs pacientes, cando por un problema Médico, sexan atendidxs por un/ha enfermeiro/a. Que pena!

A situación no SERGAS é tan patética, que o aparataxe que “doou” Amancio Ortega, para a SANIDADE PÚBLICA dí Rueda que: “os van poñer na sanidade privada, por falta de espazo”. Incrible pero certo! A xerenta do SERGAS, dí que “non ten Conflito de Intereses, co seu irmá, o xerente da Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), que é con quen ten que tratar e chegar a acordos para “repartir” os cartos da Pública a privada (indicar que a Xunta de Galicia, pagou 2.000 millóns de euros en 10 anos a sanidade privada, 203 no ano 2022). Tamén o SERGAS, déixa de convocar prazas de MIR que ten asignadas polo Ministerio e logo dí que a culpa é deste por non ofertar máis prazas MIR (ísto foi recoñecido por Comesaña no Parlamento Galego). Convoca na Galiza prazas de Médicxs, sin oposición, so por concurso, e por suposto, non convoca todalas que serían necesarias, deixando fora a futurxs Médicxs con Praza, para poder exercer o día seguinte! O de que podan exercer Médicxs en formación de cuarto curso, aparte de ser ilegal é unha irresponsabilidade! Tamén indican que pode haber Centros de Saúde sin Pediatra (neste momento 192, con 11.478 nenos/as sin Pediatra: o 18%). Por suposto, non teñen ningunha previsión para solventar o grave problema das múltiples xubilacións que se esperan (debido sobre todo ás malas condicións laborais, ós baixos salarios e a inestabilidade profesional). En fín: todo a pior, grazas a deus!

O de que “enfermeirxs podan exercer como Médicxs” (Rueda-de reposto-dixit), xa é de traca. Aparte de ser ilegal, non sei que dirán xs pacientes, cando por un problema Médico, sexan atendidxs por un/ha enfermeiro/a. Que pena!

..e cando se pon a “negociar” o fai cos Colexios Médicos e cos Sindicatos de Médicxs; e que propón: darlles o pago da exclusividade e o de poder exercer na Pública e na privada: pior imposible...pero é o que temos e que debemos cambiar nas vindeiras eleccións (xa nas municipais) e tendo sempre en conta, a hora de emitir o voto: quen defende e quen non a Sanidade Pública na Galiza. Non o esquezamos!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.