Caixas. O espolio, os desafíos, as solucións.

Crise, alarma, shock. Esa foi a secuencia que, desde a queda de Lehman Brothers na maña do 15 de setembro de 2008 golpeou incesantemente as nosas sociedades para mudar o horizonte das nosas vidas por un de recortes e austeridade. Chegaba o autoritarismo financeiro da nova era da globalización neoliberal.

Pero, cal foi a secuencia que, no noso país, teceu o escenario da crise-espolio? Ao calor da desregulación, as caixas de aforros, que até enton cumprían unha función social como entidades financeiras ligadas ao territorio e ao desenvolvemento económico da poboación pasaron a orientar a sua actividade as mesmas funcións que os bancos: inversión nos mercados financeiro e inmobiliario baixo criterios de especulación.

Chegou a crise. Pese a que en 2010 bancos e caixas tiñan niveis similares de morosidade, exposición a activos tóxicos e datos de insolvencia, é dicir, idénticos problemas, os poderes políticos e económicos lanzaron a súa mensaxe: “O problema son as caixas”. O que había detrás desta mensaxe é ben coñecido: a metade do negocio bancario español de créditos e depósitos estaba en 2010 en mans das Caixas de Aforro. A súa privatización viña a supor un gran negocio para a banca privada en tempos de excepción.

O obxectivo era evidente: baleirar os aforros da cidadanía galega baixo a lei da Omertà. Eran os tempos nos que os Jose Luis Méndez, Julio Fernández Gayoso, Manuel Fernández de Sousa, coñecido como “Manolito de Pescanova” ou Francisco Vázquez dirixían as finanzas, os urbanismos e o poder deste País

Como é sabido, antonte recibimos a nova da entrada en prisión de cinco dos principais responsábeis do espolio no noso País no que, como nunha novela de Mario Puzo (autor entre outras de El Padrino), teceuse entre directivos dos bancos e responsables políticos, de costas á sociedade, unha rede de privilexios e corruptelas. Como nun episodio financeiro do ilustrativo e espeluznante filme arxentino Memoria del Saqueo de Pino Solanas o obxectivo era evidente: baleirar os aforros da cidadanía galega baixo a lei da Omertà. Eran os tempos nos que os Jose Luis Méndez, Julio Fernández Gayoso, Manuel Fernández de Sousa, coñecido como “Manolito de Pescanova” ou Francisco Vázquez dirixían as finanzas, os urbanismos e o poder deste País.

Ao igual que compre non esquecer os datos e os nomes dalgúns dos responsábeis, técnicos e políticos, compre non esquecer a orixe da problemática en cuestión: a crise financiera (tamén inmobiliaria no Estado español), que o 15M denunciou como estafa, foi provocada pola economía da especulación.

Recapitulando. Cinco condenados cumprirán pena de prisión. Ben está que a xustiza derive responsabilidades. Con todo, e ante o escenario descrito, como representantes políticos temos por diante aínda un desafío inaplazable: o de esixir responsabilidades políticas a quen tiña que ter evitado o expolio desde os mecanismos de gobernanza institucional e control.

A tarefa fundamental que temos como institucións públicas e como sociedade continúa pendente. É imprescindible a regulación do sistema financiero a escala galega, estatal e continental

Porén a tarefa fundamental que temos como institucións públicas e como sociedade continúa pendente. Se queremos evitar que o espolio poda ter lugar de novo, son precisas solucións. En primeiro e principal lugar é imprescindible a regulación do sistema financiero a escala galega, estatal e continental. En segundo lugar, é necesario abordar o desafío de devolver á sociedade instrumentos vigorosos de financiación pública. A base destas novas ferramentas de finanzas pública, lóxicamente, deberan ser estas caixas primeiro nacionalizadas, despois rescatadas e saneadas cos cartos da cidadanía e finalmente vendidas a prezo de saldo.

Instrumentos, banca, ao servizo dunha cidadanía que o necesita, do proxecto dun País novo, dunha democracia avanzada: un sistema de banca diferenciada por sectores e territorios, que garanta a cobertura das necesidades da cidadanía, do tecido productivo, da economía cooperativa e das PEMES. Que non sirva, nunca máis, ao enriquecemento do 1% a base da especulación. Que sirva, pola contra, ao desenvolvemento da economía real que tanto precisa a maioría social da poboación.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.