Unha vez máis atopámonos que a unidade de acción -tan necesaria hogano para paralizar o modelo de demolición do Estado de Benestar que dende unha posición neoliberal está a realizar o goberno do PP- non é practicada pola clase dirixente das organizacións políticas, nin das sindicais, nin polos diferentes movementos sociais e civís do noso país.
Unha unidade de acción necesaria para que a cidadanía poida entender que só dende esa unidade se pode parar este proceso que nos está a levar a modificar o noso sistema social
Unha unidade de acción necesaria para que a cidadanía poida entender que só dende esa unidade se pode parar este proceso que nos está a levar a modificar o noso sistema social, tal coma o entendemos hoxe, cara a un modelo económico que primará os intereses económicos dunha minoría fronte ás necesidades sociais da maioría da cidadanía (definición simple).
Non entendo como estes dirixentes que se autodefinen coma responsábeis e representantes das maiorías sociais, non poden entender que é agora máis ca nunca cando teñen que aparcar as diferencias que teñen, e eliminar esas comas que ás veces os separan e xuntar esforzos e traballo para liderar o cambio de sentido nas políticas que se están a realizar dende as institucións que nos gobernan.
Non entendo como estes dirixentes que se autodefinen coma responsábeis e representantes das maiorías sociais, non poden entender que é agora máis ca nunca cando teñen que aparcar as diferencias que teñen
Falo dunha unidade social de acción onde os puntos onde podemos concordar moitos segmentos da sociedade teñen que servir para unir; que todo aquel que crea que o modelo a implantar por quen nos está dirixir (indistintamente da organización política que sexa) non é o humamente aceptable, ten que atopar o lugar onde poder colaborar e participar con toda a maioría social da cidadanía para parar este proceso demolitorio.
Non é xa un tema de esquerdas nin dereitas, nin de traballadores fronte a empresarios, é un tema de crer nun estado de benestar, onde primen os intereses do conxunto da cidadanía (dos seus individuos, do seus colectivos, das súas organizacións económicas etc), ou crer nun estado económico neoliberal onde primen os intereses particulares de determinados entes multinacionais económicos carentes de arraigo na nosa sociedade.
Non é xa un tema de esquerdas nin dereitas, nin de traballadores fronte a empresarios, é un tema de crer nun estado de benestar, onde primen os intereses do conxunto da cidadanía
Ou cremos que para saír da crise necesitamos impulsar a nosa sociedade no seu conxunto, a sociedade que participa, que traballa, que xera emprego, que consome os bens, que marca os modelos de relación, etc; ou cremos en potenciar o poder económico das grandes multinacionais, que non teñen nacionalidade e que a vez son as que tributan nos paraísos fiscais.
Pero para isto necesitamos que aqueles que ostentan eses status de dirixentes chamen e practiquen a unidade, que se creen pontes de encontro converxentes entre os diverso segmentos da sociedade que teñen un mesmo fin.
O 1 de maio vólvense convocar como é tradicional as manifestacións das clases traballadoras e un ano máis cada unha vai pola súa banda. Eu como nacionalista acudirei a do meu sindicato, a CIG, pero espero que no camiño poidan confluír coas diversas convocatorias dos distintos sindicatos
O 1 de maio vólvense convocar como é tradicional as manifestacións das clases traballadoras e un ano máis cada unha vai pola súa banda. Eu como nacionalista acudirei a do meu sindicato, a CIG, pero espero que no camiño poidan confluír coas diversas convocatorias dos distintos sindicatos e rematar a manifestación nunha unidade que sirva para empezar a crear pontes entre os iguais; como dicía un slogan dos 90: somos diferentes, somos iguais.
Creo que parafraseando a Galeano necesitamos potenciar máis camiños xuntos, e menos camiños paralelos, para achegarnos a nosa Utopía.