Cando o aleteo dunha volvoreta en Frankfurt provoca colas en Galiza

CC-BY-SA Praza Pública

Dando un paseo por calquera cidade, vila ou pobo, é doado ver que ao longo de toda a pandemia, as maiores colas son as que hai nos bancos. Pero diso non se fala. A banca, grazas as inxeccións de diñeiro público, non precisa á pequena clientela e ten unha estratexia para botala. 

Dando un paseo por calquera cidade, vila ou pobo, é doado ver que ao longo de toda a pandemia, as maiores colas son as que hai nos bancos. Pero diso non se fala

Durante décadas para os bancos o gran filón eran as contas á vista que tiña a maior parte da clientela. Retribuida ao 0.10%, alimentaba a liquidez coa que logo os bancos prestaban o diñeiro, nalgún momento até o 23%. Un negocio redondo.

Agora o Banco Central Europeo, o gran banco público do continente, establece xuros negativos e por outra parte inxecta liquidez á economía a través dos bancos privados. A volvoreta que aletea en Frankfurt, é a responsable das colas nas oficinas bancarias na Galiza.

Parecería lóxico que por protección á clientela e para axilizar a atención, os bancos non houberan pechado oficinas, houberan ampliado os posto de atención ao público e incluso os horarios de caixa. Pero o que pasou foi todo o contrario, os bancos durante a pandemia aproveitaron para pechar oficinas, reducir horarios e persoal. Non precisan á pequena clientela, só a aquela que en termos económicos lle pode sacar unha maior rendibilidade a traves da colocación de produtos que deixan comisións as entidades (fondos, seguros, etc).

Os bancos son conscientes do que están facendo, saben que as persoas maiores teñen difícil utilizar os caixeiros ou a banca por internet, pero dalles igual. Nalgunha entidade xa lle cobran comisión por retirar da súa propia conta

Falase a diario da hostaleria, do comportamento da xente nova, pero das maiores colas, as dos bancos, nada. Ter que facer cola na porta dun banco, con xaiada, frío, chuvia, neve ou á solaina é inhumano. O tempo de calquera persoa vale o mesmo que o tempo de calquera banqueiro, duración da vida non se mide polo patrón ouro. Non sería preciso regular o dereito á atención presencial e o tempo máximo de espera, coma dereitos da clientela de calquera empresa de servizos básicos?.

Os bancos son conscientes do que están facendo, saben que as persoas maiores teñen difícil utilizar os caixeiros ou a banca por internet, pero dalles igual. Nalgunha entidade xa lle cobran comisión por retirar da súa propia conta.

Unha estratexia que persigue dixitalizar, con fondos europeos, ainda que isto implique a marxinación financeira das persoas máis vulnerables, deixar sen servizos a gran parte da poboación e a destrución de milleiros de postos de traballo no sector financeiro

Esta estratexia de peches, restricións, ou cobro de comisións masivas é igual en toda a banca, coma antes foron as cláusulas ilegais ou as políticas de colocación de produtos tóxicos. O BdE ou á Comisión da Competencia nin están, nin se lle espera.

Unha estratexia que persigue dixitalizar, con fondos europeos, ainda que isto implique a marxinación financeira das persoas máis vulnerables, deixar sen servizos a gran parte da poboación e a destrución de milleiros de postos de traballo no sector financeiro. 

A usura da gran banca levou no pasado á creación das Caixas de Aforros co obxectivo de favorecer a inserción financeira daquelas persoas que quedaban excluidas do sistema financeiro e para retribuir o aforro popular. Unha vez privatizadas as Caixas de Aforros, estamos no punto de saída.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.