O 25 de xullo de 2014 farán 4 anos desde o feche da primeira versión do primeiro agregador social galego, Chuza. Comezara a andar en Febreiro de 2006 baseado no código de Menéame, que á súa vez tomara o concepto de Slashdot, e que evoluiu posteriormente en Digg e Reddit. Foron máis de 4 anos de novidades, discusións e diversións. E coma en moitos proxectos, o custe, non só económico, de manter o proxecto acabou facendo que os seus creadores tiveran que botar o feche.
O 25 de xullo de 2014 farán 4 anos desde o feche da primeira versión do primeiro agregador social galego, Chuza!
Naqueles convulsos tempos de troco de governo, foi outra pequena conmoción que viǹa a sumarse ao feche de outras webs e xornais galegos históricos, coma Vieiros. Este feito chegou a ser mencionado polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o deputado Bieito Lobeira nun debate parlamentario. Como reacción, un grupo de voluntarios decidimos que a web podia ser recuperada. Se non os contidos anteriores, polo menos recuperarmos o servizo e seguir tendo un agregador social, isto é, unha web á que poder enviar ligazóns e contidos de interese para a comunidade galega.
Moita xente colaborou no retorno de Chuza!, ademáis de contarmos cun máis que xeneroso mecenas que proporciona o aloxamento
Moita xente colaborou no retorno de Chuza!, ademáis de contarmos cun máis que xeneroso mecenas que proporciona o aloxamento. O proceso, coas súas virtudes e os seus defectos, está documentado na súa maior parte en nunha lista de correo creada para ese obxetivo. Creouse ademáis un colectivo, en forma de Asociación Cultural, que permite darlle forma á xestión do servizo e na que calquera pode participar facéndose socio.
Falando como membro da directiva, non me doe admitilo: Chuza foi, é e será sempre unha web controvertida. Os contidos da web son achegados polos usuarios, sen control xerárquico algún. O control é exercido pola comunidade de usuarios no seu conxunto e os moderadores están para controlar o spam e pouco máis. As noticias máis populares chegan á portada e existen “grupos de interese” que promoven o seu contido afín. Como na vida real. Persoalmente, non dubido que existan mecanismos de control para minimizaren esas accións. Tamén creo que é unha guerra perdida: son os usuarios os que deciden os contidos, os que votan e os que comentan. Eles fan Chuza!
Este ano, case catro anos despois do feche da antiga web, a Asociación decidiu organizar un Certame de Aplicacións. Un dos requisitos máis importantes para participar é que a aplicación debe ter algún interese para a comunidade de usuarios galega e estar localizada nalgunha das variantes da nosa lingua, sen perxuízo de poder estar noutros idiomas. Tamén debe ser de código aberto, xa que o obxetivo é facilitar que o maior número de persoas colaboren nas tarefas de desenvolmento, mantemento, etc… e así poder darlle unha continuidade.
O certame tamén ten coma outro dos seus obxetivos servir de “punto de encontro” para aqueles desenvolvedores e usuarios que teñen interese en colaborar na construcción de ferramentas para a rede galega
O certame tamén ten coma outro dos seus obxetivos servir de “punto de encontro” para aqueles desenvolvedores e usuarios que teñen interese en colaborar na construcción de ferramentas para a rede galega. Ferramentas baseadas non só na língua senón a nível local e de conexión coa sempre abondosa diáspora. Non fai falta ser ningún gurú para presentarse ao Certame, participar e ser capaz de colaborar con xente que ten diferentes formas de pensar e actuar é o máis importante. O verdadeiro desafío.