Ao longo da historia non foron poucos os/as grandes directores e profesionais de cine que, por razóns case sempre políticas, se atoparon con grandes dificultades, sendo algúns obxecto de persecución e/ou ostracismo, para poder desenvolver con total liberdade o seu talento e a súa liberdade de creación.
Serguéi Mijáilovich Eizenshtéin (1898/1948) autor da grandiosa "O acoirazado Potemkin", a pesares do seu pasado como membro do exercito roxo, tería posteriormente durante a ditadura stalinista dificultades para desenrolar libremente o seu traballo. Así por caso, en"Octubre" tivo que retirar tódolos fotogramas nos que aparecía León Trosky, "Alejandro Neski" foi rodada baixo a vixilancia dun censor stalinista, e de "Ivan o Terrible" suspendéronse os 2ª e 3ª capítulos logo das críticas oficiais recibidas polo primeiro.
Charles Spencer «Charlie» Chaplin (1989/1977) xenio cinematográfico por excelencia, con incontables obras mestras tales como "A quimera do ouro", "Luces da cidade", "Tempos modernos", "O gran ditador", "Monsieur Verdoux"... tivo que buscar refuxio en Suiza para escapar a "caza de bruxas" levantada polo Comité de Actividades Antiestadounidenses, que quería encadealo, ao seren acusado de comunista, acusación para a que utilizaron a súa amistade con Bertolt Brecht. Unha persecución que tamén sufrirían outros grandes profesionais do cine como Alvah Bessie, Herbert Biberman, Lester Cole, Edward Dmytryk, Ring Lardner Jr., John Howard Lawson, Albert Maltz, Samuel Ornitz, Adrian Scott y Dalton Trumbo -coñecidos como os 10 de Hollywood-.
Friedrich Christian Anton Lang (1890-1976) autor de títulos como "So se vive unha vez", "A muller do cadro", "Perversidade", "Mentres Nova York durme", "Desexos humanos"... tivo que fuxir a golpe de carozo de Viena a Paris para rematar refuxiándose en Nueva York pois Josep Goebbels quería fichalo para que dirixira a UFA e xa se sabía o que lle suporía o negarse a aceptar. Non poucos directores centroeuropeos seguiron o camiño de Lang para escapar do perigo nazi entre os que podemos destacar os grandes Billy Wilder ("O apartamento", "Primeira plana", "Con saias e ao tolo"...) e Ernst Lubitsch ("To be or not to be", "Ninotcha", "O bazar das sorpresas", "O ladrón na alcoba"...)
Orson Welles (1915-1985) autor da que non pouco consideran a mellor película de tódolos tempos -"Cidadán Kane": tiña 26 anos cando a rodou- e tamén doutros películas relevantes, diría que incluso xeniais, como "Os magníficos Ambersons", "Macbeth", "Othelo", "O proceso", "Badaladas a medianoite".... ao igual que lle pasara a Charlie Chaplin foi acusado de comunista polo Comité de Actividades Antiestadounidenses véndose obrigado a refuxiarse en Europa.
Francis Ford Coppola (1939....) guionista e director da monumental trioloxía sobre "O padriño" e das non menores "Apocalypse Now", "A conversación" e "Drácula" tamén sufriu os ataques dos intolerantes esta vez tanto na figura dos executivos das grandes empresas cinematográficas, por caso a Paramount, como da propia mafia estadounidense que primeiro intento impedir a exhibición de "O padriño", chegando a ameazar do morte aos seus autores. Finalmente, e para fortuna do cine, a película saíu adiante, conseguindo a maior recadación da historia do cine. Algunhas fontes afirman que Coppola tivo que aceptar tanto certos cambios no guión -o personaxe de Frank Sinatra era mais que evidente- como algúns subornos.
Vendo a última gala dos premios Goya e coa alegría cinematografía que supuxo, por caso, o recoñecemento a magnífica película "As bestas" -un guión perfecto, unhas interpretacións magníficas, unha fotografía marabillosa, un son notable..-, galardoada con 9 premios Goya, un récord -votei en falta que a magnífica interpretación de Marina Fois non entrara no lote- víronme a mente estes grandes da historia de cine e os problemas que tiveron no seu día para desenvolver o seu enorme talento. O ambiente cinematográfico que rodeou a gala, o papel dos presentadores e as súas intervencións, as películas premiadas..... todo nun auténtico espectáculo cinéfilo como facía tempo que non sucedía fixéronme pensar na beleza do cine en liberdade e democracia, do cine libre dos intolerantes.
Que esta liberdade continúe e que se podan facer mais películas como, por caso, "As bestas".