Dende o comenzo da crise, calcúlase que se celebran en España en torno a sesenta actos de protesta diarios. Na gran maioría deles non ten lugar ningún tipo de altercado, e aqueles nos que se producen, moitas veces magnificados por algúns medios de comunicación, son sempre xerados por unha minoría que coa lexislación vixente “na man” son castigados pola Xustiza.
A última ocorrencia de Rajoy e “a súa tropa”, é reformar o Código Penal para que se considere delito de atentado a resistencia pasiva, e delito de pertenza a organización criminal a convocatoria a través de calquera medio, incluída a rede, de actos que alteren a orde pública
Pois ben, a última ocorrencia de Rajoy e “a súa tropa”, é reformar o Código Penal para que se considere delito de atentado a resistencia pasiva, e delito de pertenza a organización criminal a convocatoria a través de calquera medio, incluída a rede, de actos que alteren a orde pública.
Pero, que entendemos por resistencia pasiva? É unha forma de protesta que ten detrás toda a teoría do movemento pacifista, base da filosofía de Gandhi e seguida por históricos na loita dos dereitos humanos como Marthin Luther King. Consiste basicamente na desobediencia civil dentro dos límites da non-violencia, por exemplo, permanecer sentados nunha praza ou facer cadenas humanas.
Fagamos agora un exercicio de reflexión botando a vista atrás, e recordemos algunhas concentracións pacíficas que tiveron lugar de maneira espontánea, sen convocatoria previa: vixilias nas prazas reclamando a liberación dos secuestrados polos terroristas, traballadores/as de Sintel en Madrid ocupando a Castellana en Madrid durante meses, cadenas humanas para pedir o 0.7% para os países máis pobres, peches nas Universidades, as acampadas do movemento do 15-M…
Considerámolos a tod@s el@s e a Gandhi e a Marthin Luther King delincuentes?, merecen o mesmo trato que aquel@s que se comportan de maneira violenta nas protestas?
Entonces, considerámolos a tod@s el@s e a Gandhi e a Marthin Luther King delincuentes?, merecen o mesmo trato que aquel@s que se comportan de maneira violenta nas protestas?
A mensaxe é clara, ante os maiores recortes no Estado de Benestar que recordamos neste país, o Goberno pretende infundir medo na cidadanía. O seu obxectivo é frear as protesta e controlar aos colectivos sociais para que, permanezamos cómodamente sentados no sofá mentras eles destrozan todo o que tantos anos e esforzo nos costou construir. Agora só queda por saber cal vai ser a nosa resposta.