A Lei de Saúde de Galicia do 8/2008 (DOG n.º 143, do 24 de xullo do 2008) establece as normas polas que se ten que rexir o Sistema Sanitario Público de Galicia. É unha boa Lei, non como nos gustaría as Asociacións que queremos unha Sanidade Pública, Universal, Gratuita e de Calidade, tal e como manda o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do estado español, pero mantiña unhas líneas máis democráticas e de participación cidadán, que o que quere facer o PP este verán, en solitario e en contra de tod@s.
Esta Lei, do ano 2008, está sin desenrolar nun dos puntos principais; o Capítulo VI fala da PARTICIPACIÓN SOCIAL. Os artigos 22 e seguintes, fan referencia ós órganos de participación no Consello Galego de Saúde e nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria (ata o de agora 11…….). Pois ben, no prólogo, fala de “a participación social e comunitaria na formulación de políticas sanitarias, tratando de aumentar a participación da cidadanía no sistema sanitario público, establecéndose canles estables para elo”: páxina 1 do texto. Pois ben, o Partido Popular, si contar con ninguén e en contra de tod@s, acaba de sacarse da manga un “Anteproxecto de Lei, polo que se modifica a Lei 8/2008 do 10 de xullo, de Saúde de Galicia”. Como vedes, con nocturnidade, alevosía e agora en Agosto….
Para que se poda valorar todo o exposto, e que calquera poida lelos, informo dos links da Modificación da Lei Galega de Saúde do 2008.
No anteproxecto, indica xá na páxina 1.....o desenrolo novedoso da territorialidade das Áreas: veredes que pasa de 11 Áreas Sanitarias a 7 con 4 "distritos". E indica que a forma de aprobalo "será por decreto……..". Queren que non pase polo Parlamento o que xá indica, as claras, a predisposición a facer uso e abuso da súa maioría absoluta.
Pero, sobre todo, nos artigos 23, 24, 25 e 26, fala dos órganos de participación social. Si o comparamos co que dí a Lei Galega de Saúde, do ano 2008, no link verase a forma tan diferente de enfocar a forma de participación cidadán/a: aínda que nunca se puxo en marcha dende o ano 2008.....
Tamén queda de manifesto a falta de interese pola Atención Primaria que pasa a ser secundaria (e casi terciaria) e dependente do Hospitalcentrismo deste Sistema Sanitario que quere implantar o PP sin contar con ninguén e en contra de TOD@S.
O Anteproxecto de Lei con obscurantismo, quere eliminar @ discrepante, deixar fora e fixar "por decreto da consellaría de sanidade": quén participa e quén non e cómo ó deben facer @s entidades que participen.
Retiran no anteproxecto o que dí o artigo 25, apartado 5. d): "Coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvención feitos na área sanitaria". Qué é o que queren agachar? A quén queren favorecer con estas medidas? Dende logo @s cidadáns/as non.
Fala o anteproxecto do tema d@s inspectores sanitari@s que pasan a ser "Autoridade Sanitaria", co que leva isto consigo......…
Fala de crear: " A Axencia Galega para a xestión do coñecemento en saúde" e da "Comisión Interdepartamental en materia de educación e saúde": isto é para mangonear e privatizar a educación e a investigación en saúde.
O tema é moi serio: é desmantelar, aínda máis o Sistema Sanitario Galego, que xa non é Universal (se exclúe @s inmigrantes en situación irregular, @s maiores de 26 anos que leven 3 meses fora de Galicia, etc.), Gratuito (pagamos as mediciñas, transporte sanitario, chamada telefónica os centros sanitarios, prótese, etc.) e de Calidade (a falta de persoal sustituto está facendo que se perda a calidade asistencial e se aumente de forma extraordinaria o traballo d@s que se teñen que facer cargo do persoal ausente, etc.).
O Partido Popular está violentando día a día o que dí o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do estado español. Este anteproxecto de lei, de saír adiante, deterioraría o Sistema Sanitario Público Galego...aínda máis.
Debemos ser conscientes do que nos estamos xogando. A saúde é o ben máis importante que temos. É algo que conseguimos entre tod@s ca democracia. Si deixamos que o privaticen, as xeracións futuras non no lo perdoarán.