Compromiso dixital do alumnado e compromiso da Consellería, con quen?

CC-BY-SA Xunta de Galicia

Por iso das inercias diarias, hai un tempo que o profesorado cubriu -sen dar chío- unha enquisa que medía as súas competencias dixitais. O problema das preguntas escandalosas non tardou en chegar: empregas co alumnado realidade virtual?

Por iso das inercias diarias, hai un tempo que o profesorado cubriu -sen dar chío- unha enquisa que medía as súas competencias dixitais. O problema das preguntas escandalosas non tardou en chegar: empregas co alumnado realidade virtual?, consideraban barallar dende a Xunta xusto coa saída do Metaverso ao mercado. Agora envían a cualificación, o grao correspondente a cada traballador, detallado en indicadores de logro. Desta, xa non se trata dunha pregunta escandalosa, senón dunha proposta digna de ser impugnada nas rúas: debe conseguirse o “Compromiso dixital do alumnado”. 

Compromiso non implica só un coñecemento de algo, senón a vontade firme de manter un vínculo. Esa vontade pode vir dada por determinacións racionais mesturada con elementos emocionais. Vontade é unha boa palabra para substituír “adicción”, afecto composto unicamente por partículas irracionais, e unha mala palabra para substituír o “coñecemento”, realidade constituída por elos intelectuais. Entendo que fuxían do primeiro termo, por isto da maquillaxe política, e que non estaban interesados neste último.

Nunca preguntou a Consellería polo compromiso cívico ou intelectual do alumnado, nin o solicitou. Pero si, caramba, o dixital

Nunca preguntou a Consellería polo compromiso cívico ou intelectual do alumnado, nin o solicitou. Pero si, caramba, o dixital. Acaso traballo para unha seita, a Ciencioloxía ou algunha rama dela? Preguntei ao sindicato pola posibilidade de obxección de conciencia. Teño presente que un bo traballador non é un bo escrav@. É o que defende os dereitos que outros conseguiron. Pregunta Deleuze na R de Resistencia do Abecedario que lle realiza Claire Parnet canto debemos transixir, se é que debemos transixir. Canta transixencia é alimento do mal, da banalidade do mal. Resistir non é aguantar, di, resistir é liberar a vida. 

Os Dereitos Humanos dicían querer liberar a vida, e tralos de segunda xeración, que insistían en poder asegurala, para liberala, presentan a quinta xeración, Dereito á informática, para apuntalar a banalidade do real, a devaluación do real

Os Dereitos Humanos dicían querer liberar a vida, e tralos de segunda xeración, que insistían en poder asegurala, para liberala, presentan a quinta xeración, Dereito á informática, para apuntalar a banalidade do real, a devaluación do real. Queda moi longo o artigo se lle dou unha volta a isto aquí.

Sobre a obxección de conciencia non fun respondida, coido que van tratar o tema da competencia dixital co responsable de educación por se iso se traduce en categorías laborais, ou sexa, pluses -ou déficits- de remuneración. Boto en falta unha visión social do sindicato, pasoume ao ver o borrador –inapelable- da Lomloe, xa contarei... Boto en falta unha visión social da propia sociedade: que se vexa a si mesma como colectivo, con intereses que deben ser salvagardados en común.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.